sábado, 22 de febreiro de 2014

CAMIÑO DA LINGUA

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.
- Camiño da lingua
Camiño da Lingua é un proxecto que inclúe probas lingüísticas, culturais, xogos  onde o vínculo é a lingua galega.
O taboleiro de xogo simula o coñecido xogo da oca pero tematizado con diferentes monumentos e lugares emblemáticos da cidade de Vigo.
Os participantes terán que superar unha serie de retos lingüísticos e culturais se queren conseguir o tan prezado tesouro de Rande.
As probas abranguen retos lingüísticos con: anacos de refráns, trabalinguas, “saúdos noutras linguas, palabras pirata, enredos lingüísticos, a buxaina das palabras”…, etc.
Por outra banda, hai probas culturais sobre a nosa cidade para que os participantes coñezan o lugar onde viven e que deberán superar se queren avanzar polo taboleiro.
E finalmente, probas lúdicas pero con retos de atención, traballo en equipo e coordinación motora coma: o xogo da ponte rota,o dominó vigués, o mapa tridimensional da cidade, fotos de antes-fotos de agora de Vigo, “ondas do mar de Vigo” e unha lembranza á emigración galega con “todos a bordo”.
A sesión remata cun obradoiro onde comprobaremos a destreza manual dos participantes cun políptico de Camiño da Lingua onde escribirán a palabra “lingua” en diferentes linguas e linguaxes (náutica, braille, hebreo, árabe, chinés, castelán...).

Duración: 1 hora e 30 minutos

Dirixido a: alumnado de 3.º, 4.º e 5.º de primaria

Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino (de ter alguna dúbida sobre o desenvolvemento da actividade, poden poñerse en contacto con Rocío de Mekané 986 24 54 86, 626 33 99 91, rocio@mekanedidactica.com)

Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 26 de febreiro ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org

As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día 26 de febreiro a partir das 09:30 e até as 14:00

Importante: os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos centros de ensino nos que a actividade non foi impartida o pasado curso escolar.



Normalización Lingüística / Praza do Rei, 1 -36202 -Vigo- / Telf.: 986 81 02 81 / Fax: 986 22 06 78
Correo: ofi.normalizacion@vigo.org / http://snl.vigo.org / facebook: vigo en galego
Solicitude de participación na actividade:
Camiño da lingua para 3.º, 4.º e 5.º de primaria

Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 26 de febreiro a partir das 09:30 e até as 14:00

Importante:         non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (obrigatorio cubrir todos os campos).

DATOS DO CENTRO DE ENSINO:

Nome do centro: _________________________________________________________

Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a titor/a do grupo que desenvolve a actividade-

Teléfono de contacto: __________________

Número máximo de participantes nun grupo: 30
Indicar a preferencia (de 1 a 20) para a participación na actividade.
Non marquen os días nos que non poidan recibir a actividade, porque de se lle outorgar e non poder recibila, non se facilitará outra data.

_____ 10 marzo (luns), ás 09:30                         _____ 17 marzo (luns), ás 09:30
_____ 10 marzo (luns), ás 12:30                         _____ 17 marzo (luns), ás 12:30
_____ 11 marzo (martes), ás 09:30                    _____ 18 marzo (martes), ás 09:30
_____ 11 marzo (martes), ás 12:30                    _____ 18 marzo (martes), ás 12:30
_____ 12 marzo (mércores), ás 09:30                _____ 19 marzo (mércores), ás 09:30
_____ 12 marzo (mércores), ás 12:30                _____ 19 marzo (mércores), ás 12:30
_____ 13 marzo (xoves), ás 09:30                      _____ 20 marzo (xoves), ás 09:30
_____ 13 marzo (xoves), ás 12:30                      _____ 20 marzo (xoves), ás 12:30
_____ 14 marzo (venres), ás 09:30                    _____ 21 marzo (venres), ás 09:30
_____ 14 marzo (venres), ás 12:30                    _____ 21 marzo (venres), ás 12:30


Importante:        a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.

Ningún comentario:

Publicar un comentario