Prezados/as compañeiros/as,
Lembrámosvos que un ano máis poñemos á vosa disposición un espazo web para recoller as felicitacións elaboradas polo alumnado . As postais, unha vez dixitalizadas, poden ser enviadas a través da nosa propia páxina e dun modo moi sinxelo polos propios nenos e nenas, as súas familias e os docentes á dirección de correo electrónico que desexen. O prazo de recepción de postais segue aberto ata o 19 de decembro. Nos documentos anexos remitimos as instrucións e un modelo de autorización para podermos subir á rede os traballos do alumnado: http://www.coordinadoraendl.org/nadal2011/index11.php . Así mesmo, grazas á vosa colaboración acabamos de actualizar o monográfico especial Nadal 2011 con novos recursos didácticos para traballardes esta celebración nas aulas. Agardamos seguir completándoo coas vosas achegas e pedímosvos que nos axudedes a difundir esta iniciativa nos vosos centros e o voso contorno.
Saúdos normalizadores e moitas grazas por todo
Coordinadora Galega de ENDL
MODELO DE AUTORIZACIÓN
http://dl.dropbox.com/u/22728933/modelo%20autorizaci%C3%B3n%20postais.doc
Ningún comentario:
Publicar un comentario