venres, 16 de decembro de 2011

INFORMACIÓN SOBRE MATERIAIS NO WEB DO SNL DA CONSELLERÍA

20 ANIVERSARIO DOS EDLG

Este ano celébrase o vixésimo aniversario da creación, en todos os centros educativos de primaria e secundaria de Galicia, dos actuais equipos de dinamización da lingua galega. O amplo traballo realizado polos equipos durante estas dúas décadas permitiu alcanzar dous obxectivos fundamentais: por unha banda, promover unha imaxe positiva do galego e, por outra, favorecer a visibilización
e o uso do idioma nas actividades
do centro.  Por este motivo,
a Secretaría Xeral de Política
Lingüística quere celebrar os
seus 20 anos de existencia, de ilusión
e de esforzo compartido mediante
dúas iniciativas. En primeiro lugar, unha exposición de revistas escolares elaboradas polos equipos desde o inicio da súa andaina, que pode visitarse do 15 de decembro 2011 ao 15 de marzo de 2012 no Museo Pedagóxico de Galicia (achegamos o díptico como documento adxunto). En segundo lugar, a conmemoración deste aniversario complétase cunha mostra virtual de 20 experiencias dinamizadoras, entre as que se atopan diversas propostas actuais para todas as etapas educativas. A través destas dúas iniciativas convidámosvos a celebrar conxuntamente o aniversario dos equipos e a homenaxe ao seu traballo.
Podedes acceder  á mostra virtual a máis información sobre exposición de revistas dixitais  na seguinte ligazón:
                          

NOVOS MATERIAIS NO WEB
         Ademais  das actuacións que conmemoran o aniversario dos EDLG, a SXPL vén de publicar no espazo web outras iniciativas elaboradas polos EDLG  durante o curso 2010-11. Achegamos en enlace adxunto  máis información e as ligazóns para que poidades acceder.

Parabéns a todos/as!

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Gabinete Provincial de Normalización Lingüística
Rúa Fernández Ladreda nº 43, 8º andar
CP 36003.
Pontevedra

sxpl.pontevedra@xunta.es


ENLACE DE MATERIAIS E LIGAZÓNS ( CDEDLG de VIGO)
http://dl.dropbox.com/u/22728933/aviso%20dos%20materiais%20colgados%20na%20primeira%20quenda.doc

Ningún comentario:

Publicar un comentario