A Secretaría Xeral de Política Lingüística con intención de favorecer o uso do galego nas mensaxes de felicitación de Nadal nos novos formatos e a través das novas tecnoloxías, así como de crear un corpo de presentacións de Nadal en galego para difundir na Rede entre o público xeral, pon á vosa disposición os seguintes recursos:
- Galería de presentacións de Nadal. Na ligazón que abaixo indicamos, podedes atopar os traballos gañadores e outros seleccionados que tamén participaron no Concurso de presentacións electrónicas de Nadal.
- Espazo con postais en galego. Este espazo, ademais de ofrecer diferentes modelos de postais, contén unha aplicación que permite felicitar directamente a través da Rede. Recoméndase utilizalas con correos xenéricos, non corporativos e podedes acceder indo á seguinte ligazón:
Aproveitamos tamén para desexarvos unhas felices festas coa presentación gañadora do concurso deste ano.
Bo Nadal!
No enlace que vén ou clicando no título do post podedes ver o ppt da postal gañadora.
http://dl.dropbox.com/u/22728933/postal%20nadal_ganhador_6infantil.ppt
Ningún comentario:
Publicar un comentario