sábado, 25 de outubro de 2014

OBRADOIRO DE PLASTILINA 5 ANOS

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.

- Obradoiro ciencias: Obradoiro de plastilina

Con produtos de uso cotián (auga, fariña, aceite, colorantes alimentarios) elaborarán un produto natural, semellante a plastilina, co que moldearán o que desexen, que logo poderán levar para casa.
Trabállase a concentración, a paciencia e a creatividade a través da obra que elaboren.
Desde a perspectiva lingüística os produtos utilizados permitirannos traballar co léxico (froitas, cereais, árbores...).

Duración: 1 hora

Dirixido a: alumnado de infantil (5 anos)

Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino.

Para calquera dúbida sobre este actividade, poden poñerse en contacto con Marcelo Rodríguez 686 99 87 06

Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 3 de novembro.

As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día 3 de novembro a partir das 9:30 h e até as 14:00 h


Importante: os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos centros de ensino nos que a actividade non foi impartido o pasado curso escolar.

Solicitude de participación na actividade:
Obradoiro de plastilina para infantil (5 anos)


Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 3 de novembro a partir das 9:30 h e até as 14:00 h

Importante:   non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (é obrigatorio cubrir todos os campos).

DATOS DO CENTRO DE ENSINO:

Nome do centro: _________________________________________________________

Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a titor/a do grupo que desenvolve a actividade-

Teléfono: ____________________________


Número máximo de participantes nun grupo: 30

Hai que indicar a preferencia (de 1 a 10) para a participación na actividade:


Non marquen os días nos que non poidan recibir a actividade, porque de se lle outorgar e non poder recibila, non se facilitará outra data.

______ 10 novembro (luns), ás 9:30                   ______ 13 novembro (xoves), ás 9:30
______ 10 novembro (luns), ás 12:00                 ______ 13 novembro (xoves), ás 12:00
______ 11 novembro (martes), ás 9:30               ______ 14 novembro (venres), ás 9:30
______ 11 novembro (martes), ás 12:00 ______ 14 novembro (venres), ás 12:00
______ 12 novembro (mércores), ás 9:30
______ 12 novembro (mércores), ás 12:00

Importante:        a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.

Ningún comentario:

Publicar un comentario