mércores, 8 de outubro de 2014

A CASA DO AVÓ

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.

- A casa do avó

Un neno recibe a noticia de que o seu avó vai quedar sen casa. Ante esta inxusta e inexplicable situación o neno ponse en marchar para atopar unha solución e, nesta busca, dispárase un mundo de pequenas e divertidas aventuras protagonizadas polas máis variadas personaxes. Un encontro cómico e poético que desemboca nun final feliz proppiciado polo apoio solidario.
Técnica empregada: siluetas animadas e actores

Datas: 14 (martes), 15 (mércores), 16 (xoves), 17 (venres), 21 (martes), 22 (mércores) de outubro

Horario: hai que escoller un horario, 1 sesión por centro de ensino
                        de 10:00 a 10:50 ou ben
                        de 12:00 a 12:50

Dirixido a: alumnado de primaria (2.º e 3.º)

Lugar de realización da actividade: no Verbum (avda. de Samil, 17)
O transporte do alumnado ao Verbum vai pola conta do centro escolar

Os datos que se van pedir cando chamen por teléfono para solicitar a actividade son:

1.-    número exacto de alumnos/as e número de profesores/as que os acompañarán
2.-    centro escolar
3.-    persoa de contacto para esta actividade
4.-    teléfono de contacto desa persoa


Para solicitar a actividade é necesario que chamen ao teléfono 986 81 02 81 os días 9 (xoves) e 10 (venres) de outubro a partir das 10:00 da mañá

Ningún comentario:

Publicar un comentario