Lembrámosvos, unha vez máis, que a CGENDL organiza, xunto coa Nova Escola Galega, as VII Xornadas de materiais e recursos educativos o 24 e 25 de outubro na Facultade de Ciencias da Educación da USC. Trátase dunha actividade recoñecida con 10h de formación homologada para o profesorado interesado e pódese participar como público e/ou presentar materiais e experiencias.
Así mesmo, temos o pracer de convidarvos a participar na videoconferencia para secundaria que, con motivo da celebración do V Día da Ciencia en Galego organiza a CGENDL para o vindeiro mércores 5 de novembro:
- Título: A ciencia da
programación de ordenadores (tamén en galego)
- Relator: Manuel Caeiro
Rodríguez. Doutor en Enxeñaría de Telecomunicación. Profesor na Escola de
Enxeñaría de Telecomunicación na Universidade de Vigo. Responsable da rede
TELGalicia sobre innovación educative e da aplicación. Páxinas web: http://www.edu-area.com e http://www-gist.det.uvigo.es/~mcaeiro/
- Sinopse: introducirase a
historia da programación de ordenadores desde un punto de vista moi básico
e práctico, comezando pola orixe do algoritmo dos árabes, pasando por Ada
Lovelace (Byron), e pasando logo a Alan Turing para chegar á estrutura dos
ordenadores actuais e aos paradigmas de computación máis empregados.
Introduciremos ferramentas nas que é moi doado programar, como Scratch e
Squeak, para que poidades facer os vosos programas, tamén en galego.
- Destinatarios: alumnado do 2º ciclo da
ESO e Bacharelato.
- Data e hora: mércores 5 de novembro
entre as 12:00h e as 13:00h.
- ordenador con conexión a internet (recomendado con
cabo, non con wifi, e navegador recomendado Firefox) e altofalantes,
- canón proxector e pantalla, e
- software: Flash media player.
- Nome do centro,
- Departamentos/docentes implicados,
- Niveis educativos en que se vai desenvolver a
actividade,
- Nº de alumnos/as implicados/as,
- Profesor/a de contacto (tamén correo), e
- Observacións (dúbidas, suxestións, etc.).
Saúdos normalizadores
Consello Directivo
CGENDL
Ningún comentario:
Publicar un comentario