A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización
Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego
dirixida á poboación escolar.
- Prende no colo
Achegará cantigas,
cantos de berce, xogos de dedos, recitados e outras pezas pensadas para iniciar
ás crianzas de 0 a 3 anos no ritmo e na melodía a partir de temas tradicionais.
Duración: 45 minutos
Dirixido a: alumnado de infantil (de 0 a 3 anos)
Lugar de realización da actividade: no propio centro
de ensino
Necesidades técnicas da actividade: 2 cadeiras sen
brazos. Habitación con capacidade suficiente para acoller con comodidade aos
participantes, sen mobiliario polo medio. O chan, a poder ser, de madeira ou de
cortiza (ou calquera outra superficie quentiña), ou senón, con coxíns ou
“colchonetas” estendidas.
Para calquera dúbida sobre o desenvolvemento da actividade
poden consultar con Luís Prego 627 45 68 83
Para
solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega,
o día 30 de outubro ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org
As
solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de
chegada o día 30 de outubro a partir das 09:30 e até as 14:00
Solicitude de
participación na actividade:
Prende no colo para
infantil (de 0 a 3 anos)
Cubrirase unha ficha por
cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a
solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 30 de outubro
a partir das 09:30 e até as 14:00
Importante: non se aceptarán as solicitudes que non
estean correctamente cubertas (obrigatorio cubrir todos os campos).
DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro:
_________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto:
______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a
titor/a do grupo que desenvolve a actividade-
Teléfono de contacto: __________________
Número máximo de
participantes nun grupo: 25 (acompañados/as polos/as titores/as ou
monitores/as)
Hai que indicar a preferencia (de 1 a 6) para a
participación na actividade.
Non marquen os días nos
que non poidan recibir a actividade, porque de se lle outorgar e non poder
recibila, non se facilitará outra data.
Nota:
o centro escolar que reciba a actividade e queira tela en horario de tarde
deberá indicalo nesta ficha e axustar o horario con Luís Prego 627 45 68 83
_____ 3 novembro (luns), ás 10:00 _____ 10 novembro (luns),
ás 10:00
_____ 5 novembro (mércores), ás
10:00 _____ 12 novembro (mércores), ás
10:00
_____ 7 novembro (venres), ás 10:00 _____ 17 novembro (venres), ás
10:00
Importante: a Concellería
de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro
o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.
Ningún comentario:
Publicar un comentario