sábado, 25 de outubro de 2014

ELABORACIÓN DE CREMA HIDRATANTE

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.

- Obradoiro ciencias: Elaboración de crema hidratante

Neste obradoiro ollaremos o proceso de elaboración dunha crema hidratante O/W (aceite en auga) a través dunha emulsión con cera de abellas. Será recorrente falarmos das distintas fases, os diversos emulxentes e os conservantes. E a cera de abellas permitirá falarmos dos graves problemas que está a pasar este animal tan necesario nas nosas vidas.

Duración: 1 hora

Dirixido a: alumnado de ESO, BAC e FP

Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino.

Para calquera dúbida sobre este actividade, poden poñerse en contacto con Marcelo Rodríguez 686 998 706

Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 30 de outubro ao correo electrónico  actividades.snl@vigo.org

As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día 30 de outubro a partir das 9:30 h e até as 14:00 h



Importante: os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos centros de ensino nos que a actividade non foi impartido o pasado                                         

Solicitude de participación na actividade:
Elaboración de crema hidratante para ESO, BAC e FP

Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 30 de outubro a partir das 9:30 h e até as 14:00 h

Importante:   non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (é obrigatorio cubrir todos os campos).

DATOS DO CENTRO DE ENSINO:

Nome do centro: _________________________________________________________

Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a titor/a do grupo que desenvolve a actividade-

Teléfono: ____________________________

Número máximo de participantes nun grupo: 30

Hai que indicar a preferencia (de 1 a 12) para a participación na actividade:


Non marquen os días nos que non poidan recibir a actividade, porque de se lle outorgar e non poder recibila, non se facilitará outra data.

______ 7 novembro (venres) ás 9:30                  ______ 12 novembro (mércores) ás 9:30
______ 7 novembro (venres) ás 12:00                ______ 12 novembro (mércores) ás 12:00
______ 10 novembro (luns) ás 9:30                    ______ 13 novembro (xoves), ás 9:30
______ 10 novembro (luns) ás 12:00                  ______ 13 novembro (xoves), ás 12:00
______ 11 novembro (martes) ás 9:30                ______ 14 novembro (venres), ás 9:30
______ 11 novembro (martes) ás 12:00              ______ 14 novembro (venres), ás 12:00


Importante:        a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.

Ningún comentario:

Publicar un comentario