Chegou un novo curso e con el o outono, e co outono un novo número de Ollos de aula, a revista que edita a CGENDL para as familias do alumnado:
- Descarga: http://www.coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=ollosdeaula/ollosdeaula.html
- Correo de contacto: ollosdeaula@gmail.com
- Subscrición: http://coordinadoraendl.org/lists/?p=subscribe&id=2
Nesta primeira entrega, Mª Montserrat Carrasco
Rodríguez, profesora de CC.EE. da UDC, aborda a creación dos hábitos de traballo
nos nenos/as, mentres que o inspector Fernando Carrasco Mera analiza os cambios
inminentes que introduce a LOMCE. Pola súa banda, a psicopedagoga Lines Salgado
presenta a aprendizaxe por proxectos, unha metodoloxía moi interesante para
introducir nas aulas. E, por suposto, non faltan á cita as atractivas propostas
lectoras que nos fai Gracia Santórum nas súas "Cadencias”. Agardamos que
estes contidos sexan do voso interese e das familias, de aí que coma sempre vos
animemos a distribuíla na vosa comunidade educativa e no contorno dos vosos
centros.
Así mesmo, informámosvos que o Consello Directivo
da CGENDL tomou a decisión de esixir a dimisión
de Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística, polo
incumprimento reiterado das demandas dos Equipos e pola nefasta xestión levada
a cabo no seu departamento en todo este tempo de retrocesos para a lingua
galega no ensino e na sociedade. Por último, lamentamos a exclusión da
Coordinadora da rolda de reunións que o Comité de Expertos da UE que
avalía o cumprimento da Carta Europea de Linguas Rexionais e Minorizadas
mantivo esta semana en Santiago e achega unha síntese
das consecuencias para o galego nas aulas do Decreto 79/2010 ou do
Plurilingüismo. Nestas cuestións, como outras que atinxen ao noso
traballo nos centros, agardamos as vosas suxestións, propostas, denuncias, etc.
Saúdos normalizadoresCGENDL
Ningún comentario:
Publicar un comentario