sábado, 25 de outubro de 2014

RÍOS QUE FALAN

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.
- Ríos que falan
A actividade consiste na creación plástica dun río típico galego empregando materiais como plastilina, pinturas, cartolinas, etc. en combinación con elementos naturais (terra, follas; segundo a época). Sobre a maqueta colocaranse os nomes de todos os elementos integrantes do ecosistema fluvial e as construcións humanas con el relacionadas.
O obxectivo da actividade é dar a coñecer o léxico que intervén nos ríos galegos, tanto na súa vertente natural como cultural. Para isto, comezaremos cunha pequena presentación sobre os ecosistemas fluviais, a flora e fauna que os integran e os aproveitamentos humanos máis típicos que deles se ten feito na nosa contorna.
Antes de finalizar o obradoiro proporase ao alumnado pescudar o nome ou nomes do curso de auga máis importante do seu barrio (introducindo deste xeito o concepto de hidrónimo) e algunha lenda ou historia con el relacionadas. Animamos a que estes traballos se envíen logo ao SNL para colgar no seu blog.

Duración: 90 minutos

Dirixido a: alumnado de primaria (3.º e 4.º)

Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino. Necesitarase un espazo amplo (pode ser a propia aula) e con mesas que permitan o traballo en grupo (pódense agrupar as mesas individuais)
Necesidades técnicas da actividade: ordenador e canón proxector
Material: os materias empregados habitualmente nas actividades de plástica: lapis, gomas, folios, pinturas, ceras, rotuladores, plastilina, témperas, tesoiras, pegamento, cinta adhesiva, papeis de cores (se os houber), etc.
Para calquera dúbida sobre o desenvolvemento da actividade poden consultar con Marta Álvarez 608 05 71 87 (c.marta.ap@gmail.com)

Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 4 de novembro ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org
As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día 4 de novembro a partir das 09:30 e até as 14:00


Importante: os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos centros de ensino nos que a actividade non foi impartida o pasado curso escolar.

Solicitude de participación na actividade:
Ríos que falan para primaria (3.º e 4.º)

Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 4 de novembro a partir das 09:30 e até as 14:00

Importante:         non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (obrigatorio cubrir todos os campos).

DATOS DO CENTRO DE ENSINO:

Nome do centro: _________________________________________________________

Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a titor/a do grupo que desenvolve a actividade-

Teléfono de contacto: __________________

Número máximo de participantes nun grupo: 25


Hai que indicar a preferencia (de 1 a 10) para a participación na actividade.

Non marquen os días nos que non poidan recibir a actividade, porque de se lle outorgar e non poder recibila, non se facilitará outra data.


_____ 10 novembro (luns), ás 9:30                      _____ 13 novembro (xoves), ás 9:30
_____ 10 novembro (luns), ás 12:00                   _____ 13 novembro (xoves), ás 12:00
_____ 11 novembro (martes), ás 9:30                 _____ 14 novembro (venres), ás 9:30
_____ 11 novembro (martes), ás 12:00               _____ 14 novembro (venres), ás 12:00
_____ 12 novembro (mércores), ás 9:30
_____ 12 novembro (mércores), ás 12:00

Importante:        a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.

Ningún comentario:

Publicar un comentario