A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización
Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego
dirixida á poboación escolar.
- Obradoiro ciencias: Elaboración
de xabón
Elaboraremos
o noso propio xabón na aula. Para isto, trataremos, devagar, os ingredientes,
as súas proporcións, o proceso de elaboración, as herbas aromáticas que, en
certa medida, influirán no resultado.
E
contextualizaremos o obradoiro cunha breve historia do xabón.
Duración: 1 hora
Dirixido a: alumnado de 2.º e 3.º da ESO
Lugar de realización da actividade: no propio centro
de ensino.
Para calquera dúbida sobre este actividade, poden poñerse en
contacto con Marcelo Rodríguez 686 998 706
Para
solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega,
o día 27 de outubro.
As
solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de
chegada o día 27 de outubro a partir das 9:30 h e até as 14:00 h
Importante:
os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos centros de ensino nos
que a actividade non foi impartido o pasado curso escolar.
Solicitude de
participación na actividade:
Elaboración de xabón para 2.º e 3.º da ESO
Cubrirase unha ficha por
cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a
solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 27 de outubro
a partir das 9:30 h e até as 14:00 h
Importante: non
se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (é
obrigatorio cubrir todos os campos).
DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro:
_________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto:
______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a
titor/a do grupo que desenvolve a actividade-
Teléfono: ____________________________
Número máximo de
participantes nun grupo: 30
Hai que indicar a preferencia (de 1 a 12) para a
participación na actividade:
Non marquen os días nos
que non poidan recibir a actividade, porque de se lle outorgar e non poder
recibila, non se facilitará outra data.
______ 3 novembro (luns) 9:30 ______ 6 novembro
(xoves) 9:30
______ 3 novembro (luns) 12:00 ______ 6 novembro
(xoves) 12:00
______ 4 novembro (martes) 9:30 ______ 25 novembro
(martes) 9:30
______ 4 novembro (martes) 12:00 ______ 25 novembro (martes)
12:00
______ 5 novembro (mércores) 9:30 ______ 26 novembro (mércores)
9:30
______ 5 novembro (mércores) 12:00 ______ 26 novembro (mércores)
12:00
Importante: a Concellería de Normalización
Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s
admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.
Ningún comentario:
Publicar un comentario