sábado, 20 de abril de 2013

VIGO, CAPITAL DO REXURDIMENTO

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.
- Charla: Vigo, capital do Rexurdimento

A actividade pretende amosar a relación da cidade de Vigo e das súas elites intelectuais co Rexurdimento galego. En concreto, e aproveitando o 150 aniversario da publicación de
Cantares gallegos, empregaremos a figura de Rosalía como un fío condutor do noso relato explicativo.
Entre outros aspectos, pretendemos que o alumnado recoñeza e comprenda o rol que mantivo Vigo no proceso de conformación das liñas culturais e ideolóxicas do Rexurdimento, que sexan capaces de valorar nun tempo histórico concreto (metade do século XIX) as inquedanzas, riscos e éxitos daquela xeración. Trátase de valorar a importancia do esforzo colectivo e a solidariedade como unha necesidade para acadar
grandes metas.
Na actividade empregaremos material visual e sonoro: versións musicadas en distintos estilos de poemas de Rosalía, fotografías de lugares de Vigo relacionados directamente co Rexurdimento e, se fose oportuno, daremos posibilidade de recitar algúns fragmentos dos poemas por parte do alumnado e profesorado.
Duración:
1 hora
Dirixido a:
alumnado de ESO, BACH, FP
Lugar de realización da actividade:
no propio centro de ensino (é necesario un ordenador, un proxector e un panel onde proxectar)
Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 29 de abril.
As solicitudes atenderanse por estrita orde de chegada o día 29 de abril a partir das 9:00 h e ata as 14:00 h

Solicitude de participación na actividade:
Charla: Vigo, capital do rexurdimento
para ESO-BAC-FP
Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade.
Débese remitir a solicitude ao fax 986 22 06 78 o día 29 de abril a partir das 9:00 h e ata as 14:00 h
Importante: non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (é obrigatorio cubrir todos os campos).

DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro: _________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
Teléfono: ____________________________ Fax: ______________________________
Número máximo de participantes nun grupo: 50
Hai que indicar a preferencia (de 1 a 16) para a participación na actividade:
______ 6 maio (luns), ás 9:30 h ______ 10 maio (venres), ás 9:30 h
______ 6 maio (luns), ás 12:30 h ______ 10 maio (venres), ás 12:30 h
______ 7 maio (martes), ás 9:30 h ______ 20 maio (luns), ás 9:30 h
______ 7 maio (martes), ás 12:30 h ______ 20 maio (luns), ás 12:30 h
______ 8 maio (mércores), ás 9:30 h ______ 21 maio (martes), ás 9:30 h
______ 8 maio (mércores), ás 12:30 h ______ 21 maio (martes), ás 12:30 h
______ 9 maio (xoves), ás 9:30 h ______ 22 maio (mércores), ás 9:30 h
______ 9 maio (xoves), ás 12:30 h ______ 22 maio (mércores), ás 12:30 h
Importante: a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por fax- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.
Nome e apelidos da persoa que envía o fax: ___________________________________

Ningún comentario:

Publicar un comentario