sábado, 20 de abril de 2013

«O APRENDIZ DE HOME DO SACO» DE ANTONIO REIGOSA

Antonio ReigosaIlustracións de Marta Álvarez MiguénsXERAIS MERLIÑO(1343226)
40páxinas
ISBN: 978-84-9914-484-9
P.V.P: 11,00 €
NOVIDADES MARZO 2013

«O
APRENDIZ DE HOME DO SACO» DE ANTONIO REIGOSA
ILUSTRADO POR MÁRTA ÁLVAREZ MIGUÉNS COMO SE PODE APRENDER EN POUCO TEMPO OS TRUCOS PARA SER UN BO HOME DO SACO?
Había unha vez un home moi vello que estaba amolado porque o seu único fillo non quería herdar o seu oficio. Todos os días o pai, chovese ou non, tiña que ir traballar, mentres o fillo quedaba estomballado na casa agardando a hora do xantar. Pero un día todo cambiou: o pai enfermou e o rapaz tivo que aprender en pouco tempo os trucos para ser un bo home do saco.

Antonio Reigosa
(Zoñán, Mondoñedo 1958) traballa como guía no Museo Provincial de Lugo. Cofundador de Chaira, grupo de Investigación Etnográfica, ten participado en proxectos de investigación sobre literatura oral. Tamén é coautor, xunto con Xosé Miranda e Xoán Ramiro Cuba, do Dicionario dos Seres Míticos Galegos (Xerais 1998) e dos vinte volumes dos contos da colección Cabalo Buligán (Xerais 1998-2003) recollidos da tradición oral. Así mesmo é coautor dos volumes Contos colorados. Narracións eróticas da tradición oral galega (Xerais 2001), Pequena mitoloxía de Galicia (Xerais 2001), Cando os animais falaban (Xerais 2002), Arrepíos e outros medos (Xerais 2004) e Antoloxía do conto galego de tradición oral (2002). Xunto coa ilustradora Noemí López, publicou os álbums Guía ilustrada da Galicia invisible (2010) e Trece noites, trece lúas. Libro das marabillas do Nadal (2011). Como autor de literatura infantil publicou: Memorias dun raposo (Xerais 1998), novela, Premio Merlín; Resalgario (Xerais 2001), novela, Premio Raíña Lupa de literatura infantil 2000; "Aire de sumidoiro", conto incluído en Contos para levar no peto (Xerais 2001); O galo avisado e o raposo trampulleiro (Xerais 2003); Bacoriño (Xerais 2004) e O aprendiz de home do saco (Xerais 2013).

Marta Álvarez
(Vilagarcía de Arousa, 1976) ten ilustrados numerosos libros infantís, entre eles, Sopa de xarope (Xerais, 2010) e O aprindiz de home do saco (Xerais, 2013). É tamén autora dos textos e das ilustracións de Como está o galiñeiro (Xerais 2002) e A aspironeta (Xerais 2005

Ningún comentario:

Publicar un comentario