domingo, 21 de abril de 2013

OBRADOIRO DE ESCRITA CREATIVA

A Concellaría de Normalización Lingüística
organiza este
Obradoiro de escrita creativa
O mércores 24 e o luns 29 de abril na Biblioteca Pública Central (Joaquín Yáñez, 6) de 17:00 a 19:00 h
Impartido por: Francisco Castro (escritor)
Número de prazas: 15
Para inscribirse deben chamar ao teléfono: 986 81 02 81 de 9:00 a 13:00 h
Dirixido a persoas adultas ás que lles gusta escribir.
Neste obradoiro, gratuíto, concebido dende unha perspectiva lúdica e moi participativa, quen acuda terá a oportunidade de plasmar sobre o papel a ampla experiencia que dan os anos e a memoria, e de converter as súas vidas en literatura.
Todas as persoas que participen terán a ocasión de, dende o primeiro momento, escribir poemas, relatos, contos... sempre en actividades moi sorprendentes

Ningún comentario:

Publicar un comentario