sábado, 20 de abril de 2013

DESDE UNHA ESTRELA DISTANTE, AGUSTÍN FDEZ. PAZ

Agustín Fernández Paz
Ilustrado por David Pintor XERAIS SOPA DE LIBROS 8 anos en diante(1384048)
168páxinas
ISBN: 978-84-9914-492-4
P.V.P: 10,00 €
NOVIDADES ABRIL 2013

«D
ESDE UNHA ESTRELA DISTANTE» DE AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ
ILUSTRADO POR DAVID PINTOR PODERÁN CHEGAR A ENTENDERSE DOUS SERES TAN DIFERENTES?
Daniela está pasando uns días na casa da súa avoa antes de mudarse coa súa familia a unha nova cidade. Unha tarde sobe ao faiado a explorar e alí leva o susto da súa vida. Ao abrir un baúl, aparécelle un rato decidido a falar con ela e que, en realidade, é un extraterrestre! Poderán chegar a entenderse dous seres tan diferentes?
Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947) é unha das figuras máis destacadas da literatura galega contemporánea. Publicou entre outras obras: Contos por palabras (1991), Premio Lazarillo 1990, Lista de Honra do IBBY 1992; Rapazas (1993); Trece anos de Branca (1994), Premio Edebé de literatura xuvenil 1994; Cartas de inverno (1995), Premio Rañolas ao mellor libro xuvenil; Amor dos quince anos, Marilyn (1995), relatos; O centro do labirinto (1997), novela; Aire negro (2000), Lista de Honra do IBBY 2002, Lista The White Ravens 2004 e Premio Protagonista Jove 2001; Noite de voraces sombras (2002); Tres pasos polo misterio (2004); Corredores de sombra (2006), Premio Frei Martiño Sarmiento; O único que queda é o amor (2007), Premio Nacional de literatura infantil e xuvenil, Premio Neira Vilas da AGE, Premio da AELG, Premio Frei Martiño Sarmiento; Lúa do Senegal (2009), novela, Premio da AELG; Non hai noite tan longa (2011) e Fantasmas de luz (2011). Reuníu textos memorialísticos no libro O rastro que deixamos (2012). A maior parte da súa obra está traducida a todas as linguas ibéricas, coreano, árabe e francés. Entre outros recoñecementos á súa traxectoria, recibiu o Premio Irmandade do Libro (2003); o Premio Xosé María Álvarez Blázquez (2008), a Letra E (2009) da AELG; e en 2011 recibiu o Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil. Foi o candidato da OEPLI ao Astrid Lindgren Memorial Award; en 2011 foi escollido pola OEPLI como o candidato español ao Premio Andersen 2012

Ningún comentario:

Publicar un comentario