sábado, 20 de abril de 2013

OLA RÍOS, OLA FONTES!

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.
-
Ola ríos, ola fontes!

Ola ríos, ola fonte!
é unha achega a Rosalía de Castro dende a recreación dunha terra, a nosa, chea de poesía, maxia e música que pousa no corazón dos/as nenos/as imaxes onde a natureza e os animais teñen un lugar importante. Miguel Ángel Alonso e Jesús Andrés a través de textos propios e de Rosalía debuxan unha Galicia viva e chea de esperanza.
Duración:
40 minutos
Dirixido a:
alumnado de infantil (de 4 a 6 anos)
Lugar de realización da actividade:
no propio centro de ensino (precisase dun proxector ou pizarra dixital e de altofalantes)
Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 23 de abril.
As solicitudes atenderanse por estrita orde de chegada o día 23 de abril a partir das 9:00 h e ata as 14:00 h

Solicitude de participación na actividade:
Ola ríos, ola fontes!
para infantil (de 4 a 6 anos)
Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade.
Débese remitir a solicitude ao fax 986 22 06 78 o día 23 de abril a partir das 9:00 h e ata as 14:00 h
Importante: non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (é obrigatorio cubrir todos os campos).
DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro: _________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
Teléfono: ____________________________ Fax: ______________________________
Número máximo de participantes nun grupo: 25
Hai que indicar a preferencia (de 1 a 10) para a participación na actividade:
______ 2 maio (xoves), ás 9:30 h ______ 7 maio (martes), ás 9:30 h
______ 2 maio (xoves), ás 12:30 h ______ 7 maio (martes), ás 12:30 h
______ 3 maio (venres), ás 9:30 h ______ 8 maio (mércores), ás 9:30 h
______ 3 maio (venres), ás 12:30 h ______ 8 maio (mércores), ás 12:30 h
______ 6 maio (luns), ás 9:30 h
______ 6 maio (luns), ás 12:30 h
Importante: a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por fax- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.
Nome e apelidos da persoa que envía o fax: ___________________________________

Ningún comentario:

Publicar un comentario