ISBN: 978-84-9914-495-5
P.V.P: 10,00 €
NOVIDADES ABRIL 2013
«ROBERTO VIDAL BOLAÑO E OS OFICIOS DO TEATRO» DE ROBERTO PASCUAL LETRAS GALEGAS 2013 ESTE LIBRO É ÚTIL PARA UN PÚBLICO DIVERSO, INTERESADO NA FIGURA HOMENAXEADA NAS LETRAS GALEGAS
2013.
Roberto Vidal Bolaño (Santiago de Compostela, 1950 – 2002), autor, director, escenógrafo, actor e mesmo crítico de teatro é, sen dúbida, a figura máis destacada da historia da dramaturxia galega, tanto pola cantidade como pola calidade e innovación das súas obras, así como pola súa participación nos múltiples oficios que compoñen o urdido teatral. Autor monolingüe en galego e referente ineludible para os dramaturgos da actualidade, Vidal Bolaño viu con claridade xa dende os seus comezos na década de 1970, no marco da Mostra de Teatro en Galego Abrente, de Ribadavia, a necesidade de consolidar e profesionalizar o teatro galego.
Roberto Vidal Bolaño e os oficios do teatro
pretende divulgar, dun xeito amplo e comprensible para todas as idades e intereses, as profesións vinculadas coa produción teatral, que tanto contribuíu a dignificar e a modernizar Roberto Vidal Bolaño. Debuxou coa súa voz, falou con máscaras, coa forza expresiva do corpo, dos ritmos populares, das técnicas audiovisuais, deseñou espazos onde concitou heroes e mitos do pasado ou desagraviados e silenciados do presente. Inconformista, polémico, ocupado en oficiar en cada función a máis fresca e vibrante liberdade da acción dramática. Esta obra amosa o que hai detrás dos fíos que crean a maxia inesgotable, eternamente transformadora, da arte do teatro.
Roberto Pascual
(O Carballiño, 1981) é profesor e xefe de estudos da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e director da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. Licenciado en Filoloxía Galega e posgraduado en Arte Dramática, formouse tamén na Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela. Forma parte dos consellos de redacción de Madrygal e Revista Galega de Teatro e dirixe a colección Abrente de Teatro. Na súa produción editorial destacan Palabra e acción. A obra de Manuel Lourenzo no sistema teatral galego (2006), 25 anos. Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (2009) ou Alén. Xaime Quintanilla (2010).
Ningún comentario:
Publicar un comentario