Anunciámosvos que xa leva uns días en funcionamento a web do proxecto Fitofaladoiro, centrado na recompilación de nomes e usos populares de plantas de Galicia:
A D.X. de Política Lingüística contribúe a publicitar a idea axudando á elaboración do díptico adxunto https://www.dropbox.com/sh/8pw957p9nl3l9b9/GJLd3w2R11/Fitofaladoiro_pantalla.pdf
Solicitamos a colaboración dos docentes para ir experimentando coa idea, entrando na web e suxeríndonos cousas a engadir ou mellorar se fose preciso.
Como pretendiamos, coa chegada da primavera a web xa ten uns contidos básicos (titoriais, documentos de apoio, e imaxes dalgunhas poucas plantas) para orientar a posibles interesados nalgunha das diversas posibilidades de participación.
Coas dúbidas que plantexen os docentes iremos mellorando os contidos da web.
Esperamos que vos interese manter o contacto, mandámosvos un saúdo e moitas grazas por adiantado por difundir o proxecto.
FITOFALADOIRO
Recompilación de nomes e usos populares de plantas silvestres de Galicia
email: fitofaladoiro@gmail.com
twitter: @fitofaladoiro
Organizan:
- Instituto da Lingua Galega (Universidade de Santiago de Compostela)
- Herbario SANT (Universidade de Santiago de Compostela)
Ningún comentario:
Publicar un comentario