xoves, 7 de novembro de 2013

ELABORACIÓN DE CREMA HIDRATANTE

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.

- Obradoiro ciencias: Elaboración de crema hidratante

Neste obradoiro ollaremos o proceso de elaboración dunha crema hidratante O/W (aceite en auga) a través dunha emulsión con cera de abellas. Será recorrente falarmos das distintas fases, os diversos emulxentes e os conservantes. E a cera de abellas permitirá falarmos dos graves problemas que está a pasar este animal tan necesario nas nosas vidas.

Duración: 1 hora

Dirixido a: alumnado de ESO, BAC e FP

Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino. Para calquera dúbida sobre este actividade, poden poñerse en contacto con Marcelo Rodríguez 686 998 706



Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 13 de novembro ao correo electrónico  actividades.snl@vigo.org

As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día 13 de novembro a partir das 9:30 h e até as 14:00 h






Solicitude de participación na actividade:
Elaboración de crema hidratante para ESO, BAC e FP


Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 13 de novembro a partir das 9:30 h e até as 14:00 h


Importante:   non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (é obrigatorio cubrir todos os campos).


DATOS DO CENTRO DE ENSINO:

Nome do centro: _________________________________________________________

Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________

Teléfono: ____________________________


Número máximo de participantes nun grupo: 30


Hai que indicar a preferencia (de 1 a 8) para a participación na actividade:

______ 20 novembro (mércores), ás 9:30 h
______ 20 novembro (mércores), ás 12:00 h
______ 21 novembro (xoves), ás 9:30 h           
______ 21 novembro (xoves), ás 12:00 h
______ 22 novembro (venres), ás 9:30 h
______ 22 novembro (venres), ás 12:00 h
______ 25 novembro (luns), ás 9:30 h
______ 25 novembro (luns), ás 12:00 h


Importante:        a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.

FOTOCOL DA CAMPAÑA : " GÚSTAME O GALEGO DE PRIMEIRA"


O Concello, xunto coa Universidade de Vigo, a Fundación Celta de Vigo e o Real Club Celta están desenvolvendo a campaña de dinamización da lingua
galega “Gústame o galego de primeira”.“Gústame o galego” www.gustame.gl) é unha campaña de normalización da lingua de noso que se vén realizando por todo o país e cuxo obxectivo é sumar apoios a prol da lingua galega e visualizalos.
“Gústame o galego de primeira” suma os apoios individuais e colectivos de xogadores, cadro técnico e da propia entidade. Sabemos da importancia de termos referentes en calquera actividade da nosa vida, e somos tamén conscientes da relevancia que as e os deportistas teñen entre a mocidade.
Este Celta que tira da xente da casa, que ten xogadores vigueses e galegos había ser o referente para levar a cabo unha acción normalizadora da lingua galega.
Saudamos e queremos resaltar o apoio inmediato do Real Club Celta e da Fundación Celta de Vigo cando se lles presentou esta actuación, e dende logo o compromiso dos xogadores (tanto os galegos como os de fóra) e tamén do propio adestrador á hora de participar na campaña.
Pero o Celta non só son os xogadores nin adestrador, o Celta somos os seareiros e seareiras que o seguimos decote. E o galego hemos de o ser todas e todos, cómpre sermos seareiras e seareiros do galego!
E para demostrarmos ese apoio e visualizalo, este sábado a partir das 19:00 h, poderemos facernos unha foto co lema da campaña que escollamos. Será en Balaídos, entre Marcador e Tribuna estará todo disposto para que nos acheguemos a darlle o noso apoio a lingua galega. Dende ás 19:00 h e até o comezo do partido (22:00 h).
Conscientes do tirón que ten o Celta entre a mocidade, solicitámosvos que lle fagades saber o voso alumnado desta actividade e que lle acheguedes información e a autorización que vos enviamos. Esta autorización cómpre que veña asinada por nai/pai, titor ou titora xa que de non ser así non poderán ser fotografados.
Quen se achegue facer fotografía recibirá un agasallo da campaña, e formará parte do fotocol resultante.
Podedes obter máis información na páxina: www.gustame.gl

venres, 1 de novembro de 2013

OBRADOIRO CIENCIAS: ELABORACIÓN DE SALES DE BAÑO

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.

- Obradoiro ciencias: Elaboración de sales de baño

O romeu, a herba cidreira, a lavanda, o cravo, a canela, o sal ou a reladura de limón adéntrannos no campo dos aromas e métodos beneficiosos para o coidado da pel e o acougo do corpo. O obradoiro de sales de baño permítenos, ademais da súa elaboración, a fixación do léxico das especias e das herbas aromáticas.


Duración: 1 hora

Dirixido a: alumnado de 4.º e 5.º de primaria

Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino. Para calquera dúbida sobre este actividade, poden poñerse en contacto con Marcelo Rodríguez 686 998 706





Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 8 de novembro ao correo electrónico  actividades.snl@vigo.org

As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día 8 de novembro a partir das 9:30 h e até as 14:00 h






Normalización Lingüística / Praza do Rei, 1 -36202 -Vigo- / Telf.: 986 81 02 81 / Fax: 986 22 06 78
Correo: ofi.normalizacion@vigo.org / http://snl.vigo.org / facebook: vigo en galego
Solicitude de participación na actividade:
Elaboración de de sales de baño para 4.º e 5.º de primaria


Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 8 de novembro a partir das 9:30 h e até as 14:00 h


Importante:   non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (é obrigatorio cubrir todos os campos).


DATOS DO CENTRO DE ENSINO:

Nome do centro: _________________________________________________________

Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________

Teléfono: ____________________________


Número máximo de participantes nun grupo: 30


Hai que indicar a preferencia (de 1 a 10) para a participación na actividade:

______ 18 novembro (luns), ás 9:30 h              ______ 21 novembro (xoves), ás 9:30 h
______ 18 novembro (luns), ás 12:00 h                        ______ 21 novembro (xoves), ás 12:00 h
______ 19 novembro (martes), ás 9:30 h          ______ 22 novembro (venres), ás 9:30 h
______ 19 novembro (martes), ás 12:00 h        ______ 22 novembro (venres), ás 12:00 h
______ 20 novembro (mércores), ás 9:30 h
______ 20 novembro (mércores), ás 12:00 h




Importante:        a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.

CANTAMOS CONTOS

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.

- Cantamos contos

Coa escusa da celebración dunha festa na casa do avó de Simón, reúnese moita xente na horta, entre eles algún non convidado que vai dar un xiro a festa ao traer consigo o “Sombreiro Chichiriteiro”. Un sombreiro que transforma en bos contadores de historias a aqueles ousados que o poñen na cabeza.
Coa historia de Manolo Rivas imos enlazando contos cantados ou contados como o do “Mago Goma” e tamén algunha que outra canción como a dun Vello coa que ensinaremos que todos xuntos podemos contar historias.
Como remate levarán para a aula material para confeccionar un sombreiro chichiriteiro, e vocabulario sobre os contos tratados.

Duración: 34 - 45 minutos

Dirixido a: alumnado de infantil (exclusivamente 3 anos)

Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino.

Necesidades da actividade: unha toma de corrente

Para calquera dúbida sobre este actividade, poden poñerse en contacto con Trini Puentes 626 356 208

Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 11 de novembro ao correo electrónico  actividades.snl@vigo.org

As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día 11 de novembro a partir das 9:30 h e até as 14:00 h



Normalización Lingüística / Praza do Rei, 1 -36202 -Vigo- / Telf.: 986 81 02 81 / Fax: 986 22 06 78
Correo: ofi.normalizacion@vigo.org / http://snl.vigo.org / facebook: vigo en galego


Solicitude de participación na actividade:
Cantamos contos para infantil (exclusivamente 3 anos)


Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 11 de novembro a partir das 9:30 h e até as 14:00 h


Importante:   non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (é obrigatorio cubrir todos os campos).


DATOS DO CENTRO DE ENSINO:

Nome do centro: _________________________________________________________

Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________

Teléfono: ____________________________


Número máximo de participantes nun grupo: 30


Hai que indicar a preferencia (de 1 a 16) para a participación na actividade:

______ 20 novembro (mércores), 10:30 h        ______ 26 novembro (martes), 10:30 h
______ 20 novembro (mércores), 12:30 h        ______ 26 novembro (martes), 12:30 h
______ 21 novembro (xoves), 10:30 h               ______ 27 novembro (mércores), 10:30 h
______ 21 novembro (xoves), 12:30 h               ______ 27 novembro (mércores), 12:30 h
______ 22 novembro (venres), 10:30 h             ______ 28 novembro (xoves), 10:30 h
______ 22 novembro (venres), 12:30 h             ______ 28 novembro (xoves), 12:30 h
______ 25 novembro (luns), 10:30 h                 ______ 29 novembro (venres), 10:30 h
______ 25 novembro (luns), 12:30 h                 ______ 29 novembro (venres), 12:30 h


Importante:        a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.

xoves, 31 de outubro de 2013

IV DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

Prezados/as compañeiros/as, 
Con motivo da celebración do IV Día da Ciencia en Galego o vindeiro martes 12 de novembro, a Coordinadora Galega de ENDL convida a todos os centros educativos non universitarios a participar en dúas videoconferencias vía web, na que destacados investigadores galegos da Universidade de Santiago de Compostela achegarán temáticas de interese curricular para o noso alumnado e os proxectos científicos que desenvolven na actualidade. Ademais de seguir a videoconferencia, os centros escolares que desexen participar terán a posibilidade de interaccionar con eles vía chat a través dunha sala virtual de fácil manexo. 
Videoconferencia para Primaria
  • Relator: Marilar Aleixandre. Doutora en Bioloxía. Catedrática de Ciencias Naturais de Ensino Medio. Catedrática de Didáctica das Ciencias na USC. Autora dunha extensa e premiada obra narrativa e poética. Páxina web: http://www.marilar.org/
  • Título: Benqueridos insectos.
  • Sinopse: Benquerida abelliña, sen ti as maceiras non darían froito; benqueridos escaravellos, que volvedes á terra os restos do que foron seres vivos; e a cascarrubia que coida das roseiras, e a colonia das cen mil formigas falando cunha soa voz. Ás veces comémosvos, pois tamén comemos o que amamos.
  • Destinatarios/as: alumnado de 3º ciclo (5º e 6º) de Primaria.
  • Data e hora: martes 12 de novembro entre as 10:30 e as 11:30. 
Videoconferencia para Secundaria
  • Relator: Jorge Mira Pérez (Doutor en Física e Catedrático da Área de Electromagnetismo do Departamento de Física Aplicada da USC. Director do Programa ConCiencia.
  • Título: Como medir tamaños e distancias da Terra, a Lúa e o Sol.
  • Sinopse: Poucas etapas da historia amosaron un talento tan brillante como a da Grecia clásica. Contaremos como fixeron eses gregos para sabe-lo tamaño do mundo que habitamos e calcula-la distancia á lúa e o sol e os seus tamaños, usando tan só o bo hábito de observar con coidado o que nos rodea.
  • Destinatarios/as: alumnado de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato.
  • Data e hora: martes 12 de novembro entre as 12:30 e as 13:30.
As videoconferencias terán lugar o martes 12 de novembro entre as 10:30h e as 13:30h a través dunha sala virtual de fácil manexo.
Necesidades técnicas dos centros:
  • ordenador con conexión a internet (recomendado con cabo, non con wifi) e altofalantes,
  • canón proxector e pantalla, e
  • software: Flash media player.
Por motivos organizativos, os centros interesados (ata un máximo de 100) debedes enviar un correo a correo@coordinadoraendl.org indicando os seguintes datos: 
  • Nome do centro,
  • Departamentos/docentes implicados,
  • Niveis educativos en que se vai desenvolver a actividade,
  • Nº de alumnos/as implicados/as,
  • Profesor/a de contacto (tamén correo), e
  • Observacións (dúbidas, suxestións, etc.).
A continuación, recibiredes un correo no que se vos informará do enderezo URL da Sala Virtual e se vos dará as instrucións pertinentes.
Dende a CGENDL animámosvos a participar no Día da Ciencia en Galego (http://coordinadoraendl.org/cienciaengalego/2013/videoconferencias.php) e a partillar recursos e materiais en galego relacionados coa temática de ambas charlas a través desta páxina.
Saúdos normalizadores
Consello Directivo

CGENDL

luns, 28 de outubro de 2013

CONTOS DE DEFUNTOS E OUTROS ASUNTOS

https://www.dropbox.com/sh/8pw957p9nl3l9b9/bc6_C74GkI/contos%20de%20defuntos.pdf

MÉRCORES 30 DE OUTUBRO 20/30
LA LLAVE DE ORO, AVDA. DAS CAMELIAS 112, VIGO

Actividade para escoitar e contar contos. Animádevos!!!!!

OBRADOIRO DE REGUEIFA PARA PRIMARIA

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.

- Obradoiro de regueifa para primaria

Achegamento á improvisación oral, ao ritmo, rima, aos xogos de palabras... a través da regueifa de man de Luís O'Caruncho e Pinto de Herbón.

Duración: 1 hora e 30 minutos

Dirixido a: alumnado de 6.º de primaria

Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino.

Necesidades do profesorado do obradoiro: un micrófono (preferiblemente sen cable), unha pizarra ou veleda.
Para calquera dúbida sobre esta actividade poden poñerse en contacto con Carlos Alonso 986 46 70 53.


Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 7 de novembro ao correo electrónico  actividades.snl@vigo.org

As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día 7 de novembro a partir das 9:30 h e até as 14:00 h


Importante: os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos centros de ensino nos que a actividade non foi impartido o pasado curso escolar.





Normalización Lingüística / Praza do Rei, 1 -36202 -Vigo- / Telf.: 986 81 02 81 / Fax: 986 22 06 78
Correo: ofi.normalizacion@vigo.org / http://snl.vigo.org / facebook: vigo en galego






Solicitude de participación na actividade:
Obradoiro de regueifa para 6.º de primaria


Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 7 de novembro a partir das 9:30 h e até as 14:00 h


Importante:   non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (é obrigatorio cubrir todos os campos).


DATOS DO CENTRO DE ENSINO:

Nome do centro: _________________________________________________________

Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________

Teléfono: ____________________________


Número máximo de participantes nun grupo: 50


Hai que indicar a preferencia (de 1 a 16) para a participación na actividade:

______ 15 novembro (venres), 9:30 h               ______ 3 decembro (martes), 9:30 h
______ 15 novembro (venres), 12:00 h             ______ 3 decembro (martes), 12:00 h
______ 19 novembro (martes), 9:30 h               ______ 4 decembro (mércores), 9:30 h
______ 19 novembro (martes), 12:00 h             ______ 4 decembro (mércores), 12:00 h
______ 20 novembro (mércores), 9:30 h           ______ 10 decembro (martes), 9:30 h
______ 20 novembro (mércores), 12:00 h        ______ 10 decembro (martes), 12:00 h
______ 22 novembro (venres), 9:30 h               ______ 11 decembro (mércores), 9:30 h
______ 22 novembro (venres), 12:00 h             ______ 11 decembro (mércores), 12:00 h


Importante:        a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.

sábado, 26 de outubro de 2013

OBRADOIRO DE PLASTILINA

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.

- Obradoiro ciencias: Obradoiro de plastilina

Con produtos de uso cotián (auga, fariña, aceite, colorantes alimentarios) elaborarán un produto natural, semellante a plastilina, co que moldearán o que desexen, que logo poderán levar para casa.
Trabállase a concentración, a paciencia e a creatividade a través da obra que elaboren.
Desde a perspectiva lingüística os produtos utilizados permitirannos traballar co léxico (froitas, cereais, árbores...).
Duración: 1 hora
Dirixido a: alumnado de infantil (5 anos)
Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino. Para calquera dúbida sobre este actividade, poden poñerse en contacto con Marcelo Rodríguez 686 998 706
Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 29 de outubro.
As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día 29 de outubro a partir das 9:30 h e até as 14:00 h
Importante: os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos centros de ensino nos que a actividade non foi impartido o pasado curso escolar.

Normalización Lingüística / Praza do Rei, 1 -36202 -Vigo- / Telf.: 986 81 02 81 / Fax: 986 22 06 78
Correo: ofi.normalizacion@vigo.org / http://snl.vigo.org / facebook: vigo en galego

Solicitude de participación na actividade:
Obradoiro de plastilina para infantil (5 anos)
Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 29 de outubro a partir das 9:30 h e até
as 14:00 h
Importante: non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (é obrigatorio cubrir todos os campos).

DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro: _________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
Teléfono: ____________________________
Número máximo de participantes nun grupo: 30
Hai que indicar a preferencia (de 1 a 12) para a participación na actividade:
______ 11 novembro (luns), ás 9:30 h ______ 14 novembro (xoves), ás 9:30 h
______ 11 novembro (luns), ás 12:00 h ______ 14 novembro (xoves), ás 12:00 h
______ 12 novembro (martes), ás 9:30 h ______ 15 novembro (venres), ás 9:30 h
______ 12 novembro (martes), ás 12:00 h ______ 15 novembro (venres), ás 12:00 h
______ 13 novembro (mércores), ás 9:30 h ______ 18 novembro (luns), ás 9:30 h
______ 13 novembro (mércores), ás 12:00 h ______ 18 novembro (luns), ás 12:00 h
Importante: a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s

ELABORACIÓN DE SACOS AROMÁTICOS

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.

- Obradoiro ciencias: Elaboración de sacos aromáticos

A través da exposición de dez plantas aromáticas falaremos das súas diferenzas, arrecendos, usos tradicionais, terreos nos que medran, simboloxía, tradición oral, toponimia, variantes...
No obradoiro, o alumnado realizará sacos de olor con diferentes herbas e un pequeno caderno aromático.
Duración: 1 hora
Dirixido a: alumnado de 3.º de primaria
Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino. Para calquera dúbida sobre este actividade, poden poñerse en contacto con Marcelo Rodríguez 686 998 706
Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 30 de outubro.
As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día 30 de outubro a partir das 9:30 h e até as 14:00 h
Importante: os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos centros de ensino nos que a actividade non foi impartido o pasado curso escolar.

Normalización Lingüística / Praza do Rei, 1 -36202 -Vigo- / Telf.: 986 81 02 81 / Fax: 986 22 06 78
Correo: ofi.normalizacion@vigo.org / http://snl.vigo.org / facebook: vigo en galego


Solicitude de participación na actividade:
Elaboración de sacos aromáticos para 3.º de primaria
Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 30 de outubro a partir das 9:30 h e até as 14:00 h
Importante: non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (é obrigatorio cubrir todos os campos).

DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro: _________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
Teléfono: ____________________________
Número máximo de participantes nun grupo: 30
Hai que indicar a preferencia (de 1 a 10) para a participación na actividade:
______ 11 novembro (luns), ás 9:30 h ______ 14 novembro (xoves), ás 9:30 h
______ 11 novembro (luns), ás 12:00 h ______ 14 novembro (xoves), ás 12:00 h
______ 12 novembro (martes), ás 9:30 h ______ 15 novembro (venres), ás 9:30 h
______ 12 novembro (martes), ás 12:00 h ______ 15 novembro (venres), ás 12:00 h
______ 13 novembro (mércores), ás 9:30 h
______ 13 novembro (mércores), ás 12:00 h
Importante: a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s

venres, 25 de outubro de 2013

PRESENTACIÓN DO BLOG DE NORMALIZACIÓN DO CPR NS ESPERANZA

http://normalizacionesperanza.blogspot.com.es/

V ASEMBLEA XERAL DA CGENDL (venres 8 de novembro en Santiago de Compostela)

Prezados/as compañeiros/as,
O vindeiro venres 8 de novembro, a partir das 17:30, terá lugar no IES As Fontiñas (Santiago de Compostela) a VªAsemblea da CGENDL. A Coordinadora facémola entre todas e todos, por iso é fundamental que ti participes nos órganos de decisión da CGENDL para continuarmos a tecer esta rede colaborativa que pretende servir de espazo de encontro dos Equipos e dos docentes que apostan pola normalización do idioma no ensino non universitario e na sociedade. 
QUEN PODE PARTICIPAR?
Na Asemblea poderán participar todas aquelas persoas que estean adscritas á CGENDL a día 3 de novembro de 2013 como Coordinadoras de ENDL, así como todos/as aqueles/as docentes que tamén estean adscritos a Coordinadora nesa data, con voz pero sen voto, a non ser que traian voto delegado dun coordinador de Equipo adscrito. 
PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS AO CONSELLO DIRECTIVO
Nestes momento, o Consello Directivo da CGENDL atópase en funcións posto que a V Asemblea elixirá un novo Consello Directivo entre as candidaturas que se presenten, conforme ao establecido na Proposta de Regulamento anexada, antes das 15 horas do día 3 de novembro de 2013.
Enviamos os seguintes documentos, que tamén poden consultarse en http://www.coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=asembleas/Vasemblea.php
  • Orde do día.
  • Regulamento da V Asemblea Xeral.
  • Organización e funcionamento da CGENDL.
  • Modelo de delgación de voto.
  • Mapas de localización do IES As Fontiñas.
Por razóns de organización, prégase confirmar asistencia e enviar a delegación de voto a: correo@coordinadoraendl.org
Participa na V Asemblea da CGENDL, non faltes!
Saúdos normalizadores

O Consello Directivo en funcións

AVOAESCOLA FERROLTERRA, NECESITA AXUDA

Estimados amigas, amigos, socias e socios.
Neste inicio Avoaescola Ferrolterra no ten recursos suficientes para o seu funcionamento, situación que agardamos solucionar en breve.
Galiza co Galego achegou todos os seus recursos para o pago do aluguer, merca de material, seguros, … e salario das educadoras. Avoaescola necesita de axuda, solicitándovos que na medida das vosas posibilidades realicedes o pago dunha pequena achega económica na nosa conta da Caixa Rural Galega nº: 3070-0044-58-6085308424.
A achega realizada contabilizarase como pago da cota de socio/a, no caso de telo manifestado.

Recibide un cordial saúdo.
Máis información no web:http://www.galizacogalego.com/



Comisión Galiza co Galego

CAMBIO DE DATA DE PETIMENTO DO OBRADOIRO " ELABORACIÓN DE ACEITES ESENCIAIS"

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.

- Obradoiro ciencias: Elaboración de aceites esenciais a partir de plantas aromáticas

A través da exposición de dez plantas aromáticas falaremos das súas diferenzas, arrecendos, usos tradicionais, terreos nos que medran, simboloxía, tradición oral, toponimia, variantes...
Proceso de destilación que dá como resultado unha auga floral con trazos de aceite esencial de planta.

Duración: 1 hora

Dirixido a: alumnado de 2.º e 3.º da ESO

Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino. Para calquera dúbida sobre este actividade, poden poñerse en contacto con Marcelo Rodríguez 686 998 706


Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 4 de novembro.

As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día 4 de novembro a partir das 9:30 h e até as 14:00 h


Importante: os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos centros de ensino nos que a actividade non foi impartido o pasado curso escolar.








mércores, 16 de outubro de 2013

AO FÍO DOS LIBROS

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.

- Charla: Ao fío dos libros. A historia das editoriais en Vigo

Con esta conferencia pretendemos amosar, de maneira pedagóxica e dinámica, a relevancia da vida editorial en Vigo que, malia o que se adoita pensar, ten unha rica e vizosa tradición comezada no século XIX. Pasearemos pola cidade de Vigo en distintos tramos temporais: o Casco Vello do século XIX con Juan Compañel (impresor de Cantares gallegos de Rosalía) e Ángel de Lema (impresor de Faro de Vigo) até as
ampliacións do século XX, deténdonos en Edicións Xerais ou a Editorial Galaxia. Por medio desta conferencia trataremos de que o alumnado coñeza e sexa quen de comprender o transcurso da cultura galega (na súa expresión literaria) en relación con Vigo, analizando os protagonistas, as formas de socialización, os lugares concretos da cidade e a significación desta actividade editorial dentro de toda Galicia.
Duración: 1 hora
Dirixido a: alumnado de ESO, BAC e FP
Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino. A conferencia está acompañada de distintos materiais reunidos nun powerpoint, polo tanto, son necesarios un ordenador con powerpoint de office, un canón reprodutor, pantalla e altofalantes.
Para calquera dúbida sobre o desenvolvemento da actividade, poden poñerse en contacto con Xurxo Martínez 659 11 74 38
Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 21 de outubro.
As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día 21 de outubro a partir das 9:30 h e até as 14:00 h

Solicitude de participación na actividade:
Charla: Ao fío dos libros. A historia das editoriais en Vigo para ESO,
BAC e FP
Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na
actividade. Débese remitir a solicitude ao correo electrónico:
actividades.snl@vigo.org o día 21 de outubro a partir das 9:30 h e até
as 14:00 h
Importante: non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (é obrigatorio cubrir todos os campos).

DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro: _________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
Teléfono: ____________________________
Número máximo de participantes nun grupo: 30
Hai que indicar a preferencia (de 1 a 10) para a participación na actividade:
______ 23 outubro (mércores), ás 9:30 h ______ 28 outubro (luns), ás 9:30 h
______ 23 outubro (mércores), ás 12:30 h ______ 28 outubro (luns), ás 12:30 h
______ 24 outubro (xoves), ás 9:30 h ______ 29 outubro (martes), ás 9:30 h
______ 24 outubro (xoves), ás 12:30 h ______ 29 outubro (martes), ás 12:30 h
______ 25 outubro (venres), ás 9:30 h
______ 25 outubro (venres), ás 12:30 h
Importante: a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.

UNHA LECCIÓN DE CINE

"Unha lección de cine" regresa outro ano máis con tres filmes para o alumnado de Secundaria do Concello de Vigo.

O club da calceta
María Reimóndez mércores, 23 outubro 10:15- 12:40

A lingua das bolboretas
Manolo Rivas mércores, 30 outubro 10:15 - 12:40

O bosque de levas
Alfonso A. Cáccamo xoves, 14 novembro 10:15 - 12:40

Nesta ocasión achegámoslle ao alumnado un filme, baseado nunha novela de autoría galega. Ao rematar a proxección teremos ocasión de dialogar co autor ou autora da novela.
As películas serán proxectadas no Auditorio municipal situado na praza do Rei, núm. 1.
O transportes é pola conta do centro escolar.
O centro escolar é o único responsable da elección final dos filmes.
Cada centro poderá reservar una máximo de 50 prazas (máis o profesorado). De precisardes máis prazas, quedarán en reserva e chamaremos para confirmar a posibilidade de aumentar o número de alumnos/as do centro (queremos que haxa máis posibilidades para todos os centros de ensino).

COMO SOLICITAR A ACTIVIDADE
Deberá charmar ao teléfono 986 81 02 81 de 13:00 h a 14:00 h a partir do venres 18 de outubro (inclusive)

ELABORACIÓN DE PAPEL RECICLADO

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.
- Obradoiro ciencias: Elaboración de papel reciclado
A través da reutilización e reciclaxe do papel usado, o alumnado participará na elaboración dun papel diferente e atractivo; asemade, isto nos axudará a reflexionar sobre o abuso das cortas de árbores e a proliferación de monocultivos.
Duración: 1 hora
Dirixido a: alumnado de infantil (5 anos)
Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino
Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 22 de outubro.
As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día 22 de outubro a partir das 9:30 h e até as 14:00 h
Importante: os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos centros de ensino nos que a actividade non foi impartido o pasado curso escolar.

Solicitude de participación na actividade:
Elaboración de papel reciclado para infantil (5 anos)
Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 22 de outubro a partir das 9:30 h e até
as 14:00 h
Importante: non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (é obrigatorio cubrir todos os campos).

DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro: _________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
Teléfono: ____________________________
Número máximo de participantes nun grupo: 30
Hai que indicar a preferencia (de 1 a 12) para a participación na actividade:
______ 28 outubro (luns), ás 9:30 h ______ 4 novembro (luns), ás 9:30 h
______ 28 outubro (luns), ás 12:00 h ______ 4 novembro (luns), ás 12:00 h
______ 29 outubro (martes), ás 9:30 h ______ 5 novembro (martes), ás 9:30 h
______ 29 outubro (martes), ás 12:00 h ______ 5 novembro (martes), ás 12:00 h
______ 30 outubro (mércores), ás 9:30 h ______ 6 novembro (mércores), ás 9:30 h
______ 30 outubro (mércores), ás 12:00 h ______ 6 novembro (mércores), ás 12:00
Importante: a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.

domingo, 13 de outubro de 2013

venres, 27 de setembro de 2013

NOVAS DO BLOG

Benquerid@s compañeir@s, engadimos ao noso blogue novos enlaces de interese.
O primeiro a páxina web do SNL do Concello de Vigo, onde podedes atopar Unidades Didácticas, películas, láminas de Pepe Carreiro, actividades inglés-galego, galego-inglés... no apartado de recursos, así como pestanas temáticas, como: " Comparte o galego con nós", libros de toponimia, O xogo en liña" Viaxe ás covas do Folón", lexislación, " O portal das palabras", e tamén un servizo de asesoramento lingüístico.
Estase xa a preparar o " Correlingua" deste curso, aí tendes o enlace para apuntarvos ás distintas actividades e concursos.
E engadimos tamén un enlace ao Servizo de Normalización Lingüística da USC, onde ademáis de vocabulario, normas, actividades, lexislación e outros temas de interese, destacamos o seu tradutor en liña que podedes atopar dentro da páxina no enderezo " Traducíndote"  http://www.traducindote.com/
De momento máis nada, desexamos que estas novas ferramentas sexan do voso interese. Como todas están á vosa disposición na man dereita do blogue.


luns, 23 de setembro de 2013

FERRAMENTAS LINGÚÍSTICAS

Nestes días que temos que elaborar os PLC e outros, vos deixo este enlace SXPL para que poidades coñecer, baixar e empregar algunhas das ferramentas que pululan pola rede para axudar a levar a cabo a nosa tarefa de dinamización.

NOTA INFORMATIVA DO SNL DE VIGO

O Servizo de Normalización Lingüística estavos ofertando aos centros de ensino unha ampla variedade de actividades dinamizadoras do galego. Oferta que fomos ampliando curso tras curso grazas á vosa acollida e colaboración, e por crermos que é unha maneira axeitada de achegar o alumnado á lingua propia.
O obxectivo destas accións é pór á disposición dos equipos de dinamización lingüística actividades que mesturen o lúdico co educativo, que complementen áreas e temas do curriculum escolar sempre fomentando o coñecemento da lingua de noso, propiciando espazos para a comunicación en galego, facendo aniñar no alumnado sentimentos cara á lingua de noso.
Dirixímonos aos equipos como interlocutores pois compartimos un mesmo desexo: que os cativos e cativas, que as mozas e mozos coñezan, usen, valoren e sintan como de seu a lingua propia de Galicia.
Tras a realización da actividade solicitamos a vosa avaliación e suxestións e, asemade, pedímoslles ás empresas que realizan as accións unha memoria avaliativa e suxestións.
Xa daquela, cando analizamos as memorias non chegamos a comprender certos comentarios que reflicten actitudes, ausencias e pouca colaboración que mostra o profesorado nalgunhas (afortunadamente as menos) actividades solicitadas a este SNL.
Comentarios que se repiten por parte das distintas empresas o que nos leva a consideralo non só como algo puntual, e na que "reinciden" certos centros de ensino.
Dende o curso pasado indicamos que teriamos en conta estas memorias á hora de achegar aos centros novas actividades, e que a actitude do propio profesorado ía pesar moito, sen esquecer o máis importante: son actividades dende o SNL co fin de dinamizar o uso do galego.
Para este novo curso, seguiremos cos criterios do pasado ano, que vos lembramos:
1.- As actividades teñen o obxectivo de fomentar o uso e coñecemento do galego por parte do alumnado. Que o profesorado non media palabra ningunha en galego durante a actividade pouco -por non dicir nada- favorecen este obxectivo.
2.- As actividades desenvólvense en horario escolar e, na súa maioría, nos centros de ensino. Entendemos, daquela, que o profesorado ha estar na aula durante a realización da actividade. O feito de deixar o alumnado só co monitor ou monitora e ausentarse durante toda a actividade pouco ou nada axuda ao normal desenvolvemento da actividade.
Os e as monitoras non son persoal docente, van realizar a actividade e contan -ou cren contar- co profesorado. Mais a ausencia deste leva a que non poidan realizar a actividade nas mellores condicións ou mesmo teñan que, deixar de facela, por ter que mediar en leas entre o alumnado ou pasar case todo o tempo pedindo orde e colaboración.
3.- A colaboración, o interese, a participación do profesorado durante o desenvolvemento da actividade leva, xeralmente, implícito un maior interese por parte do alumnado.
4.- Cómpre tamén sinalar que:
a) As fichas de inscrición que se remiten para informar e apuntarse ás actividades deberán achegar todos os datos solicitados.
b) Han de se respectar os horarios para o envío das solicitudes.
O uso da lingua galega -sobre todo por parte do profesorado-, a presenza durante a actividade por parte do profesorado (non sendo que nun intre o monitor ou monitora pida expresamente que saia), e a implicación deste (ao cabo, a actividade tamén vai dirixida a vós), van ser tamén considerados á hora de outorgar as actividades, sen esquencermos a orde de chegada da solicitude e que esta estea completa.
E sempre valoramos as vosas avaliacións e suxestións; así tentaremos ofertar novas actividades, repetir aquelas que contan coas mellores valoracións e proporcionarvos material complementario.
As actividades realízanas diferentes empresas, polo que queremos facer fincapé que sempre vos indicamos o número de teléfono de contacto da empresa, xa que vos pode solventar certas dúbidas ou proporcionar máis información puntual.
Somos conscientes de que resultan escasas as sesións ante as vosas demandas, mais os nosos medios e recursos -humanos e orzamentarios- son reducidos. E o noso labor non só abrangue o ensino nin a poboación infantil e xuvenil, malia iso temos dedicado a maior parte do noso orzamento ao ensino.
Con todo agardamos seguir traballando e contar co compromiso e colaboración que nos estades brindando.
Marta Souto González
Técnica do SNL
mc/
Vigo, 12 de setembro de 2013

NOTA DE PRENSA DA CGENDL

As instrucións da Consellería de Educación para os centros de infantil converten a promoción do galego en papel mollado.
Ante a ausencia de medidas pedagóxicas realistas e concretas non se garante a formación en lingua galega do alumnado de infantil.
A aplicación do Decreto do Plurilingüismo ten como resultado un precario coñecemento do galego na primeira promoción de nenos e nenas que veñen de rematar Ensino Infantil baixo esta norma.
A CGENDL esíxelle á Consellería de Educación e á SXPL que faga unha análise da situación da lingua nos centros de ensino para verificar a competencia real do alumnado en lingua galega.
A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) estima que as instrucións que a Consellería de Educación vén de enviar aos centros educativos para adaptar o Decreto 79/2010 ás sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), publicadas no momento en que o corpo docente está de vacacións, non van pasar dun lavado de cara do citado decreto xa que a Consellería de Educación non mostra unha verdadeira sensibilización coa promoción do galego no ensino. A este respecto, hai que lembrar que despois de que se publicasen as reiteradas sentenzas que declararon ilegal a enquisa ás familias en Educación Infantil, centros das provincias da Coruña e de Ourense recibiron circulares que os instaban a seguir efectuando esta consulta.
A organización que representa os Equipos de normalización e dinamización lingüística dos centros de ensino non universitario afirma que o alumnado sabe menos galego agora ca hai tres anos, xa que a primeira promoción que saíu da aplicación do novo Decreto do Plurilingüismo na etapa infantil non recibiu formación na lingua propia de Galicia debido, fundamentalmente, aos dous artigos que o TSXG declarou nulos no devandito texto legal e que provocou que a Consellería fixese unha rectificación a través dunhas instrucións insuficientes e imprecisas.
A CGENDL valora as rectificacións que a Consellería vén de facer, mais lamenta que as novas instrucións para a aplicación de decreto non signifiquen un verdadeiro compromiso nin intencionalidade cara á mellora das competencias lingüísticas do alumnado en lingua galega.
O colectivo de docentes teme que, unha vez máis, estas instrucións da Consellería se convirtan en papel mollado, xa que os Proxectos lingüísticos de centro (PLC) deben contar, para seren efectivos, con recursos suficientes e proxectos de formación, ademais dunha rigorosa avaliación das competencias do alumnado, sobre todo no plano oral. Así mesmo, o deseño dos devanditos proxectos debe basearse en datos reais sobre a necesidade de mellora das competencias lingüísticas, sendo responsabilidade da administración educativa a súa obtención e difusión.
Se a Consellería se implicase realmente na promoción do galego debería adoptar medidas pedagóxicas de reforzo positivo para a lingua propia de Galicia, como as “liñas de galego”, que funcionaron con grande éxito até que este goberno as eliminou, e outras medidas que leven a unha dignificación do idioma a través da eliminación de prexuízos.
No tocante ao outro artigo eliminado polo TSXG, referido á lingua que pode empregar o alumnado nas materias non lingüísticas, desde a CGENDL pídese que se dean instrucións claras e precisas de como conseguir que os discentes adquiran competencias en lingua galega sen condicionantes do tipo "respecto ás circunstancias persoais" e "con caracter xeral" indicados pola Consellería.
A CGENDL reclama que a Consellería de Educación se implique de facto e non só de palabra e que comece por avaliar a competencia lingüística da primeira promoción de alumnado que vén de rematar a educación infantil baixo esta norma legal para que se dea conta das consecuencias nefastas que leva provocado este Decreto na formación do alumnado galego

SUXESTIÓNS DA CGENDL SOBRE O PROXECTO DE PLURILINGÜISMO

SUXESTIÓNS E RECOMENDACIÓNS DA CGENDL A PROPÓSITO DO

Proxecto de orde do....de... de.... 2013, polo que se desenvolve o Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, en relación á exención da materia da lingua galega
A CGENDL considera que a exención da materia da lingua galega establece un estatus legal diferente para os dous idiomas cooficiais da comunidade autónoma ao se contemplar como posibilidade tan só para un deles, o galego. En todo caso, a CGENDL entende que é unha medida excepcional só válida para o alumnado que vai abandonar definitivamente o sistema educativo galego. No resto dos casos deben aplicarse medidas que garantan as competencias en lingua galega para o alumnado que procede de fóra. O alumnado que se incorpore ao sistema educativo galego desde outras comunidades autónomas ou de países estranxeiros NON LUSÓFONOS, debería poder gozar da exención de exames e cualificacións durante o menor tempo posible, preferentemente un curso, xa que o que debe predominar son medidas que leven á súa integración.
O obxectivo final da exención debe ser que o alumnado adquira as competencias e se incorpore ao sistema educativo normalmente no menor tempo posible, polo tanto suxerimos:
Na Orde debe quedar claro que a exención DEBE AFECTAR só Á MATERIA DE LINGUA GALEGA E LITERATURA, NUNCA ÁS MATERIAS NON LINGÜÍSTICAS IMPARTIDAS EN GALEGO, é dicir, que nestas é imprescindible que se realice un plan de integración que axude ao alumnado a seguir os contidos sen que o profesorado teña que mudar a lingua da materia de xeito automático e global.
Ademais recomendamos mudar a redacción dos seguintes parágrafos:
Na introdución noméanse os requisitos que o Decreto 79/2010 taxa como causas que xustifican a exención, entre os que está
2. Que o alumnado de nova incorporación proceda doutras comunidades autónomas ou dun país estranxeiro
É preciso diferenciar entre os países estranxeiros lusófonos e non lusófonos, polo tanto propoñemos engadir “país estranxeiro non lusófono”.
Artigo 2º Principios xerais.
2. Tampouco terá dereito á exención o alumnado que, realizados estudos en Galicia, curse fóra da comunidade autónoma tres cursos completos ou menos e se reincorpore ao sistema educativo galego.
Se un alumno ou alumna cursa en Galicia toda a Educación Primaria, pode perfectamente seguir os estudos de 4º ESO; polo tanto, consideramos que se debería aumentar a CATRO os cursos que permitan pedir a exención, considerando para este alumnado as medidas de apoio precisas.
Artigo 3º Requisitos para a obtención da exención temporal
2. A exención poderá concederse en dous cursos non consecutivos.
Consideramos que esta exención NON TEN SENTIDO; recomendamos ELIMINAR xa que o que se busca é que o alumnado adquira competencias, polo que a exención se utiliza ata que as adquira, algo que non se consegue en cursos non consecutivos.

BENVIDA DA CGENDL

Prezados/as amigos/as,

Dende a CGENDL retomamos a comunicación con vós co novo curso 2013-2014 para dar continuidade a este labor necesario que desenvolvemos entre todos/as. Un ano máis, a Coordinadora proponse canalizar as demandas dos Equipos e de todos/as os/as docentes que apostamos polo galego no ensino, así como partillar recursos, actividades e experiencias; por iso, animámosvos a seguir con ánimos e forzas renovadas na mesma liña de traballo.
Neste primeiro correo, aproveitamos para incidir nunha cuestión de suma importancia da que, independentemente de que haxa ensino infantil no noso centro, podemos informar nos nosos círculos máis próximos (familiares, amizades, outros centros e compañeiros/as, etc.).
Lingua Galega en Educación Infantil
A Consellería enviou aos centros en pleno verán unhas instrucións nas que pretendía poñerlle solución aos dous artigos que o TSXG declarou nulos no Decreto 79/2010. No primeiro punto indicaba que a lingua predominante do alumnado na etapa de educación infantil deberá determinala o centro educativo, mediante a súa fixación e posterior aprobación no proxecto lingüístico de centro. Co fin de levar a cabo tal resolución, teranse en conta os seguintes parámetros:
a) Resultado da pregunta aos pais, nais, titores/as ou representantes legais do/a alumno/a antes do comezo do curso escolar acerca da lingua materna do seu fillo ou filla.
b). Realidade sociolingüística do contorno.
c). Garantía da presenza das dúas linguas cooficiais como vehiculares na programación anual do centro e, polo tanto, da adquisición de coñecementos nas dúas linguas.
Por este motivo, é conveniente que desde os EDLG nos dirixamos aos equipos directivos para instalos a que, seguindo a devandita instrución, tomen medidas coa finalidade de que o galego teña presenza nas aulas de infantil.
A realidade sociolingüística das áreas urbanas esixe que se tomen medidas para que o alumnado adquira os coñecementos necesarios en galego, algo que non se vai producir se simplemente se imparten as aulas na lingua inicial da maioría do alumnado. Polo tanto, débense introducir, desde este momento, as estratexias que cada docente considere (falarlles en galego en días alternos, a metade de cada xornada…) para que o galego teña a necesaria presenza nestas contornas e así conseguir que os nenos e nenas adquiran a competencia precisa.
Igualmente, en ámbitos rurais galegofalantes é necesaria unha presenza constante do galego nas aulas para evitar o abandono da lingua que se produce coa escolarización, e sobre todo o asentamento de prexuízos cara á lingua propia que ademais reverte nunha escasa competencia da mesma, afastada do resto dos ámbitos nos que se moven os nenos e nenas.
Dado que este curso aínda debería estar vixente o PLC feito en 2010, habería que incluír as medidas que decidades adoptar xa na Addenda que hai que presentar neste mes de setembro e, o máis importante, poñelas en práctica xa neste comezo de curso.
Varios 
Na páxina web da CGENDL podedes descargar o  calendario escolar 2013-2014 ( anual e  mensual) e consultar as suxestións da CGENDL á orde de  exención da materia de lingua galega.
 
Saúdos normalizadores

CGENDL 

BENVIDA AO CURSO 2013-2014

Benquerid@s tod@s! aquí estamos de volta,  un curso máis, para traballar en prol da dinamización e defensa da lingua de noso.
Empezamos este novo curso coas novas de interese, xuntanzas, e informacións varias que van nos posts posteriores.
Agradecervos, coma sempre, que esteades aí e pedirvos, coma sempre tamén, a vosa colaboración no desenvolvemento da tarefa deste blogue, que non é outra que ser o veículo de información e formación para o profesorado de Vigo e a súa bisbarra, e todo aquel ou aquela que se asome por aquí.
É un prazer traballar para, con e por vós.
Unha aperta a todas e todos, e empezamos con gañas!