O vindeiro venres 8 de novembro, a partir das 17:30, terá lugar no IES As Fontiñas (Santiago de Compostela) a VªAsemblea da CGENDL. A Coordinadora facémola entre todas e todos, por iso é fundamental que ti participes nos órganos de decisión da CGENDL para continuarmos a tecer esta rede colaborativa que pretende servir de espazo de encontro dos Equipos e dos docentes que apostan pola normalización do idioma no ensino non universitario e na sociedade.
QUEN PODE PARTICIPAR?
Na Asemblea poderán participar todas aquelas persoas que estean adscritas á CGENDL a día 3 de novembro de 2013 como Coordinadoras de ENDL, así como todos/as aqueles/as docentes que tamén estean adscritos a Coordinadora nesa data, con voz pero sen voto, a non ser que traian voto delegado dun coordinador de Equipo adscrito.
PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS AO CONSELLO DIRECTIVO
Nestes momento, o Consello Directivo da CGENDL atópase en funcións posto que a V Asemblea elixirá un novo Consello Directivo entre as candidaturas que se presenten, conforme ao establecido na Proposta de Regulamento anexada, antes das 15 horas do día 3 de novembro de 2013.
Enviamos os seguintes documentos, que tamén poden consultarse en http://www.coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=asembleas/Vasemblea.php
- Orde do día.
- Regulamento da V Asemblea Xeral.
- Organización e funcionamento da CGENDL.
- Modelo de delgación de voto.
- Mapas de localización do IES As Fontiñas.
Participa na V Asemblea da CGENDL, non faltes!
Saúdos normalizadores
O Consello Directivo en funcións
Ningún comentario:
Publicar un comentario