mércores, 16 de outubro de 2013

AO FÍO DOS LIBROS

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.

- Charla: Ao fío dos libros. A historia das editoriais en Vigo

Con esta conferencia pretendemos amosar, de maneira pedagóxica e dinámica, a relevancia da vida editorial en Vigo que, malia o que se adoita pensar, ten unha rica e vizosa tradición comezada no século XIX. Pasearemos pola cidade de Vigo en distintos tramos temporais: o Casco Vello do século XIX con Juan Compañel (impresor de Cantares gallegos de Rosalía) e Ángel de Lema (impresor de Faro de Vigo) até as
ampliacións do século XX, deténdonos en Edicións Xerais ou a Editorial Galaxia. Por medio desta conferencia trataremos de que o alumnado coñeza e sexa quen de comprender o transcurso da cultura galega (na súa expresión literaria) en relación con Vigo, analizando os protagonistas, as formas de socialización, os lugares concretos da cidade e a significación desta actividade editorial dentro de toda Galicia.
Duración: 1 hora
Dirixido a: alumnado de ESO, BAC e FP
Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino. A conferencia está acompañada de distintos materiais reunidos nun powerpoint, polo tanto, son necesarios un ordenador con powerpoint de office, un canón reprodutor, pantalla e altofalantes.
Para calquera dúbida sobre o desenvolvemento da actividade, poden poñerse en contacto con Xurxo Martínez 659 11 74 38
Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 21 de outubro.
As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día 21 de outubro a partir das 9:30 h e até as 14:00 h

Solicitude de participación na actividade:
Charla: Ao fío dos libros. A historia das editoriais en Vigo para ESO,
BAC e FP
Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na
actividade. Débese remitir a solicitude ao correo electrónico:
actividades.snl@vigo.org o día 21 de outubro a partir das 9:30 h e até
as 14:00 h
Importante: non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (é obrigatorio cubrir todos os campos).

DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro: _________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
Teléfono: ____________________________
Número máximo de participantes nun grupo: 30
Hai que indicar a preferencia (de 1 a 10) para a participación na actividade:
______ 23 outubro (mércores), ás 9:30 h ______ 28 outubro (luns), ás 9:30 h
______ 23 outubro (mércores), ás 12:30 h ______ 28 outubro (luns), ás 12:30 h
______ 24 outubro (xoves), ás 9:30 h ______ 29 outubro (martes), ás 9:30 h
______ 24 outubro (xoves), ás 12:30 h ______ 29 outubro (martes), ás 12:30 h
______ 25 outubro (venres), ás 9:30 h
______ 25 outubro (venres), ás 12:30 h
Importante: a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.

Ningún comentario:

Publicar un comentario