Prezados/as coordinadores/as:
A intensa dedicación do profesorado nestes días de illamento está dando como resultado excelentes propostas didácticas, moi útiles non só desde o punto de vista educativo, senón tamén dinamizador. Consideramos que, máis que nunca, é importante xuntar esforzos e por iso vos convidamos a compartir connosco todas aquelas iniciativas que contribúan, tamén agora, ao fomento do noso idioma. Lembrade que no boletín da Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) se difunden estas e outras novidades relacionadas cos equipos de dinamización da lingua galega. Se queredes recibilas semanalmente, debedes subscribirvos en: https://www.lingua.gal/alta-boletin-novidades.
Ademais, a SXPL, coa colaboración da CRTVG, tamén vos fornece de actividades lúdicas especialmente dirixidas ao alumnado máis novo. Trátase das curtas de animación do Programa Nós tamén creamos! que podedes atopar na aplicación do Xabarín Club http://www.crtvg.es/infantil/xabarin-tvg (premendo no X) e, así mesmo, en http://www.crtvg.es/infantil/programas/nos-tamen-creamos-2019.
Por outra banda, a organización do certame Olloboi 2020 acaba de convocar unha nova categoría, Olloboi COVIDeo Doméstico, á que poderán presentarse vídeos gravados desde os fogares. O curso Aprendo con Olloboi (https://blog.olloboi.com/aprendo-con-olloboi/) pode ser de moita axuda para realizar este traballo. Atoparedes máis información en https://www.olloboi.com/olloboi-codvideo/.
Alén das actuacións anteriores, cómpre destacar Aulas Galegas, un portal educativo sen ánimo de lucro que vén de nacer, no que un grupo de docentes pon á disposición de toda a comunidade escolar recursos didácticos e de lecer da maioría das materias curriculares, todos en galego. Podedes consultalos na seguinte ligazón:
https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/equipos-de-dinamizacion-da-lingua-galega/novidades/_/contido_1249/portal-educativo-aulas-galegas
Xa para rematar, queremos darvos a coñecer a campaña que DPGaliza lanzou para que os centros se animen a solicitar novos ciclos PluriFP en portugués. A asociación ofrécevos a súa axuda dende o inicio do proceso: para a redacción do proxecto, a certificación do profesorado... Pódese contactar en dpgaliza.fp@gmail.com. Dispoñedes de máis datos en http://www.dpgaliza.org/?p=1446.

Un saúdo cordial, Isabel Valiño Ferrín Coordinadora territorial dos EDLG de Pontevedra Gabinete Provincial de Normalización Lingüística Consellería de Cultura e Turismo Avda. María Victoria Moreno, 43, 8.º andar 36003 Pontevedra Tfno.: 986 803 931 ivalino@edu.xunta.es Tfnos. da Xefatura de Gabinete …
--
Always look forward for such nice post & finally I got you. Really very impressive post & glad to read this.
ResponderEliminarWeb Development Company in Greater Noida
Software development company In Greater noida
Homoeopathic treatment for Psoriasis in greater noida
Kidney Disease Homoeopathy Doctor In Greater Noida
CMS and ED
CMSED