domingo, 3 de febreiro de 2013

PREMIO LEIXAPRÉN ( CGENDL)

Resulta unha evidencia que no mundo actual, o deporte, especialmente o profesional, constitúe unha das manifestacións sociais máis coñecidas, recoñecidas, pero tamén máis influíntes na conformación de modelos de comportamento. Moitos dos nosos rapaces e rapazas aspiran a acadar a posición social, fama ou prestixio, dos mitos do século XXI, grandes futbolistas, baloncestistas, tenistas, deportistas en xeral. Non é Galiza un país excedente e modelos deportivos de primeiro nivel mundial, pero tamén conta cos seus, especialmente en disciplinas deportivas de un "segundo nivel" ou "minoritarias". E os nosos e as nosas deportistas falan. E non son poucos os que utilizan como vehículo máis ou menos habitual de relación, a lingua galega. Son logo un espello en que a sociedade, e a mocidade en concreto, pode retratarse. Escoitar falar en galego a un medallista olímpico, ou a unha xogadora de fútbol de Champions ten un certo poder simbólico, que sen dúbida contribúe a reforzar a nosa autoestima lingüística, tanto individual como colectiva. O compromiso lingüístico dos deportistas galegos e galegas merece premio. Por iso, neste curso, o premio 
Leixaprén será para un deles, ou unha delas. 
 -------------------------------------------------------------------------------- 
O Premio Leixaprén, de recoñecemento á defensa e promoción da lingua galega, foi creado no ano 1999 a iniciativa do IES Poeta Añón de Outes e asumido pola Coordinadora Leixaprén de Equipos de Normalización Lingüística, que integraba distintos centros educativos das comarcas de Muros-Noia, Barbanza e arredores. A partir do curso 2011-2012, o premio pasa a ser organizado pola CGENDL, como unha actividade aberta á participación de todos os Equipos de Normalización Lingüística dos centros de Ensino de Galicia, coa intención de lle dar continuidade ao obxectivo central co que naceu. 
A Coordinadora Galega de ENDL (CGENDL) convoca o premio Leixaprén, que se rexerá polas seguintes bases O premio Leixaprén, de recoñecemento á defensa e promoción da lingua galega, concederase cada curso académico e non poderá quedar deserto. 
 1 Ámbito do premio O consello directivo da CGENDL proponlle ao Xurado, cada curso académico, o ámbito de actuación do premio. Os destinatarios do premio serán persoas, entidades ou institucións que se caractericen por unha defensa activa da lingua galega en calquera dos seguintes ámbitos de actuación: 
1 Económico e empresarial 
2 Xurídico e administrativo
3 Cultural e artístico 
4 Deportivo 
5 Relixioso 
6 Medios de comunicación, márketing e publicidade 
7 Educativo 
8 Mocidade e lecer 
9 Asociacionismo 
10 Internet e novas tecnoloxías 
Calquera outro ámbito, non recollido nos anteriores que, por razóns específicas de eficacia normalizadora, mereza o recoñecemento do xurado; así mesmo, por decisión do consello directivo da CGENDL poderase modificar ou concretar calquera dos ámbitos nomeados atendendo á evolución da realidade social. 
2 Xurado 
O xurado está composto polos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística dos centros de ensino adscritos á CGENDL que votará entre un mínimo de tres e un máximo de cinco candidaturas que previamente vai establecer un Comité de selección que estará formado cada curso por: a dous membros do Consello Directivo, b dous membros en representación das Comarcas que compoñen a CGENDL, que con carácter rotatorio se escollerán por orde alfabética e deben pertencer a provincias diferentes, e c unha persoa convidada que conte con especial coñecemento do ámbito seleccionado en cada edición. Será función do Comité de selección presentar candidaturas de persoas, entidades ou institucións que se caractericen por unha defensa activa da lingua galega no ámbito correspondente e que teñan unha especial incidencia social, ben pola súa continuidade e eficacia ao longo do tempo, ben pola exploración de novas vías para a normalización do idioma e que atendan á maioría dos seguintes requisitos:
1 Fomentar unha imaxe positiva da lingua libre de tópicos e prexuízos. 
2 Contribuír á extensión do uso do idioma, especialmente no sector correspondente 
3 Reforzar a dignificación da lingua 
4 Manifestar unha actitude coherente e sólida na súa aposta pola lingua 
5 Apostar pola creatividade, a orixinalidade e a proxección cara ao futuro. 
3 Prazos 
O comité reunirase no 2º trimestre Os equipos votarán ata o 25 de abril O premio entregarase no 3º trimestre 
4 Sistema de votación  
Os Equipos votarán os candidatos a através da páxina web da CGENDL
5 Entrega  
Farase un acto público de entrega do galardón. 6 Interpretación O xurado queda facultado para interpretar as presentes bases. 
PODEDES ACCEDER PINCHANDO NO TÍTULO DO POST OU NO ENDEREZO

O FALAR NON TEN CANCELAS.... OU SI?

A CGENDL organizou onte o 'III Encontro de equipos e docentes pola normalización', que reuniu en Santiago de Compostela a máis de 80 docentes para reflexionar e compartir experiencias sobre a oralidade en lingua galega no ensino, ante as nefastas consecuencias do Decreto do Plurilingüismo aprobado pola Xunta de Galicia, que reduce os ámbitos de uso do idioma na escola. O III Encontro de equipos e docentes pola normalización reuniu en Santiago a equipos e docentes implicados na normalización lingüística, e xirou ao redor da necesidade de promocionar a oralidade no ensino no marco dunha metodoloxía comunicativa que reforce a competencia do alumnado na lingua galega. A CGENDL tenta, deste xeito, aminorar as nefastas consecuencias do polémico Decreto do Plurilingüismo aprobado pola Xunta de Galicia e que vén de ser invalidado nos seus artigos fundamentais polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. O Decreto 79/2010 está provocando unha diminución importante dos espazos de uso do galego no ensino, o que afecta, xa que logo, á competencia oral do alumnado nesta lingua. O director do Servizo de Normalización Lingüística da USC, Manuel Núñez Singala, abriu a xornada co relatorio “O falar non ten cancelas… ou si? Sobre a necesaria promoción da oralidade en galego”. Posteriormente, houbo dúas roldas simultáneas de obradoiros nos que diferentes docentes e profesionais vinculados á educación achegaron experiencias e proxectos que potencian o uso oral da lingua nas aulas a través da literatura oral, dos clubs de debate ou do traballo dende a propia educación infantil. Este foro de intercambio tamén contou cun espazo de exposición dos traballos e materiais elaborados nos centros escolares no ámbito da normalización. Finalmente, presentouse o II Premio de Normalización Lingüística LEIXAPRÉN, que este ano se centra no ámbito deportivo, así como o número 4 de Ollos de Aula, a revista da CGENDL para as familias do alumnado, e o 1º número da revista dixital A letra miúda, orientada á formación sociolingüística do profesorado e á difusión de estratexias e proxectos de promoción do idioma. Tomado de " Galicia Confidencial"

ROSALÍA DE CASTRO NO DINAMIZACDEDLG

A partires de hoxe na pestana do blogue " Dinamizacdedlg" atoparedes cumprida información sobre Rosalía de Castro e a súa obra no 150 aniversario do seu nacemento ( 24 de febreiro). Desde a Coordinadora de Vigo, celebramos tamén que tivera a ben hai 100 anos a publicación da súa obra insignia " Cantares Galegos" na nosa cidade, motivo polo cal, compartillamos co Concello de Vigo eses acontecementos con actos e celebracións que se van realizar na cidade e dos que vos iremos informando, e tamén nos centros de ensino que gosten de participar,con ese fin habilitamos esta páxina dentro do blogue onde atoparedes actividades e suxestións para levar a cabo nas aulas. Comezamos con actividades proporcionadas por Román Landín e a CGENDL para E. Infantil e Primaria, e aos poucos iremos engadindo para Secundaria, e tamén enlaces e páxinas de interese. Esperamos que esta páxina vos sexa de utilidade e estamos abertos ás aportacións que nos queirades facer chegar. Saúdos dinamizadores. CDEDLG de Vigo e Bisbarra.

luns, 28 de xaneiro de 2013

BIBLIOTECAS VIVENTES

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo quere ofertar unha actividade dirixida á poboación escolar. - Bibliotecas Viventes Unha Biblioteca Vivente é unha biblioteca na que os libros son persoas; persoas con historias singulares, coñecementos e experiencias sobranceiras en determinados campos. A intención desta actividade, desta Biblioteca vivente, é evidenciar a existencia de prexuízos lingüísticos para poder rachar con eles, dignificar a nosa lingua e fomentar o seu uso entre a mocidade. O catálogo de libros-persoa está artellado en tres apartados: neofalantes, galegos/as convencidos/as e tesouros vivos. Datas: 19 (martes), 20 (mércores), 21 (xoves) e 22 (venres -soamente a sesión das 10:00 h-) de febreiro Horario: hai que escoller un horario, 1 sesión por centro de ensino de 10:00 a 11:40 de 11:50 a 13:30 Dirixido a: alumnado de ESO e Bacharelato Número de participantes: máximo 96 en cada sesión Lugar de realización do obradoiro: Verbum (avda. Samil, 17). O transporte do alumnado ao Verbum vai pola conta do centro escolar Para solicitar a actividade é necesario chamar ao teléfono: 986 81 02 81 os días 6 (mércores) e 7 (xoves) de febreiro de 13:00 h a 14:00 h

III ENCONTRO DE EQUIPOS E DOCENTES POLA NORMALIZACIÓN

Prezados/as amigos/as: Lembrámosvos que o vindeiro sábado 2 de febreiro a CGENDL organiza o III Encontro de equipos e de docentes pola normalización no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela. Baixo o lema "O falar non ten cancelas… ou si? Sobre a necesaria promoción da oralidade en galego", as persoas asistentes poden participar en encontros simultáneos nos que diferentes compañeiros/as darán a coñecer propostas e experiencias para dinamizar a oralidade nas aulas e nas actividades dos nosos centros. Podedes consultar o programa na nosa páxina: http://ir.gl/3ae7bd. A inscrición é gratuíta e formalízase a través de correo@coordinadoraendl.org sinalando nome e apelidos e centro de ensino antes do 31 de xaneiro. Así mesmo, convidámosvos a amosar e compartir o voso traballo na exposición de materiais dos Equipos (revistas, trípticos, camisolas, produtos audiovisuais...) que habilitaremos no local do Encontro. ENTROIDO 2013 Por último, informámosvos que na nosa páxina está disponible o monográfico Entroido 2013, que contén información bibliográfica e da rede sobre o entroido; unha escolma de recursos educativos (unidades didácticas, propostas de actividades, cazas do tesouro, xogos, léxicos, receitarios, etc.); manualidades (plantillas de máscaras e antifaces, láminas para colorear, etc.); e literatura relacionada con esta celebración: http://www.coordinadoraendl.org/2013entroido/ Estes materiais foron elaborados na súa maior parte por docentes, equipos de normalización, bibliotecas e outros grupos de traballo escolares, por iso queremos recoñecer este grande labor que desenvolvedes nos centros ao tempo que solicitamos a vosa colaboración para achegar novos recursos que poidamos compartir coa comunidade educativa citando sempre a autoría. Podedes, xa que logo, envialos a correo@coordinadoraendl.org. Saúdos normalizadores Consello Directivo Coordinadora Galega de ENDL ENLACES: correo@coordinadoraendl.org http://www.coordinadoraendl.org/2013entroido/ correo@coordinadoraendl.org http://ir.gl/3ae7bd OU PODES PINCHAR NO TÍTULO DO POST PARA ACCEDER.

venres, 25 de xaneiro de 2013

REVOLTA DA FREIXA

@s compañeir@s do IES Teis fannos chegar o seu o blogue " Revolta da freixa" do Departamento de galego, un blogue ben interesante que con moito gosto anexamos a nosa lista de blogues. Parabéns e moitas grazas! Podedes acceder pinchando no título do post e " Na nosa lista de blogues".

QUEREMOS GALEGO NA ESCOLA! DERROGACIÓN DO DECRETAZO!

Queremos galego na escola! Derrogación XA do decretazo! O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza determinou en varias sentenzas que os principais piares sobre os que se asenta o mal chamado “decreto do plurilingüismo” son ilegais. Ademais, indicoulle tamén ao Goberno galego que debe realizar unha política de promoción do idioma propio do país de acordo co estipulado pola Lei de normalización lingüística. O Tribunal dálle así a razón aos miles de persoas que saíron á rúa nas históricas manifestacións convocadas en defensa da nosa lingua. Ao mesmo tempo, o discurso do PP sobre as linguas no ensino, que xa estaba deslexitimado pola súa falta de apoio nas comunidades educativas, por ser un discurso crispante, por ser antipedagóxico ou por vulnerar tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos, está agora, ademais, claramente considerado pola xustiza como fóra da legalidade. Este decretazo contra o galego debe ser derrogado de forma inmediata e o Goberno galego debe promulgar unha nova norma que se basee no acordado por unanimidade parlamentar no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega que: - Garanta a educación en galego na educación infantil para todas as nenas e todos os nenos galegofalantes e poña especial atendemento didáctico na incorporación a este idioma por parte do alumnado residente en contextos familiares e ambientais castelanófonos, fixando, como mínimo, o 50% do horario semanal en galego nesta etapa educativa para os contextos e contornos en que a lingua predominante sexa o castelán, coa intención de que esta porcentaxe se vaia incrementando progresivamente. - Garanta que o alumnado reciba un mínimo do 50% da súa docencia en galego en primaria, ESO, bacharelato e ciclos formativos, que o galego non estea prohibido en ningunha materia e que todas e todos os estudantes finalicen cada etapa educativa con suficientes destrezas comunicativas en galego. - Desenvolva un plan de formación para que todo o persoal dos centros educaticos de Galiza teña unha competencia oral e escrita suficiente para comunicarse e para desenvolver a súa actividade profesional en galego. SE QUERES ASINAR O MANIFESTO PINCHA NO TÍTULO DO POST http://www.queremosgalego.org/manifesto-queremos-galego-na-escola/

XUNTANZA EENNLL DE VIGO, 30 DE XANEIRO

Benquerid@s compañeir@s: Dende a CDEDLG de Vigo e Bisbarra e a instancias do SNL do Concello de Vigo e o seu concelleiro, convidámosvos a participar dunha xuntanza de coordinador@s de ENLG e profesorado de Lingua Galega, en xeral, que terá lugar o vindeiro MÉRCORES 30 DE XANEIRO, ÁS 18/30 NO IME ( INSTITUTO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN) , RÚA CAMIÑO DO CHOUZO Nº 2. Desde o SNL propónsenos realizar, conxuntamente coa Concellería de Normalización, nos centros de ensino de Vigo, actividades entorno a Rosalía de Castro, xa que o día 24 de febreiro celébrase nesta cidade " O día de Rosalía", asi mesmo,ínstasenos a realizar " Encontros de Dinamización" co gallo do " Día das Letras Galegas" e 150 aniversario de " Cantares Galegos". É por esta razón que vos pregaría levarades suxestións a esta xuntanza, sabedes que non contamos cun orzamento de noso, polo que se as propostas son interesantes e factibeis, podemos contar cun pequeno orzamento da Concellería para levalas a cabo. Coido que está é unha oportunidade para facérmonos algo en conxunto os centros de Vigo que non debemos desbotar, sen esquencer que a meirande parte das experiencias normalizadoras que levamos a cabo nos centros parten das propostas do SNL do Concello, eu diría que o máis activo de todo o país, e que está é unha situación que pode trocar se non participamos e respondemos positivamente ás propostas que se nos fan, de sobra sabemos que os cartos fan falta para outras cousas, e a defensa e promoción da lingua de noso non está entre as prioridades políticas dos distintos gobernos municipais, que decir xa do goberno da Xunta. Desde a CDEDLG propoñévosvos realizar no mes de febreiro actividades en torno a figura e obra de Rosalía, iremos colgando no blogue informacións, actividades e as propostas de actividade que gostedes de enviar, así coma traballos que teñades realizado e queirades partillar, asi mesmo convidámosvos a que o día 24 de febreiro ás 12/00 fagamos unha lectura conxunta nas aulas dalgúns poemas rosalianos, podemos cantalos, convertelos á estructura de regueifas, cantigas de amor..., reconvertelos en rap, hip hop, todo aquilo que acerque a obra da escritora aos tempos e gustos do noso alumnado. No tocante ás outras datas poderase avanzar e concretar na xuntanza do vindeiro mércores. A continuación preséntovos a Orde do día: 1.- Actividades desenvolvidas polo SNL de Vigo o pasado trimestre. 2.- Proposta de actividades do SNL para o seguinte trimestre. 3.- Criterios para a adxudicación das actividades aos centros. 4.- Suxestións á CDEDLG e aos EEDDLL dos centros de ensino. 5.- Suxestións desde os Equipos. ( Pregamos que sexan moitas ( :-) Dada a importancia desta xuntanza gostaríanos contar coa vosa presenza e participación. Coma sempre estou á vosa disposición para o que procuredes e eu poida arranxar, se non podedes asistir e tendes algunha suxestión que queirades partillar, facédemo saber a través do correo e eu, encantada, transmiterei as vosas suxestións, inquedanzas e propostas. Máis nada meus e miñas, unha forte aperta. Mabel CDEDLG de Vigo e Bisbarra

xoves, 17 de xaneiro de 2013

NOVIDADES XERAIS XANEIRO

Colección Narrativa: O gardián invisible de Dolores Redondo. Lanzamento internacional en trece linguas. Costa do Solpor de Xosé Mª Lema. Finalista do Premio Xerais Colección Fóra de Xogo: O códice do Santo Lugar de Pere Tobaruela Nubes de evolución de Andrea Maceiras Colección Sopa de Libros: O Capitán Aspanitas e o misterio das Burgas de Ramón Caride Cidades de Fran Alonso (reedición actualizada)

OBRADOIRO DE REGUEIFA PARA SECUNDARIA

A Concellería de Normalización Lingüística, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar. - Obradoiros de regueifas e certame... en onda ROSALIANA Os obradoiros teñen a intención de ser unha porta á nosa tradición e cultura oral, pero que responden á necesidade de coñecer a rima, o ritmo, a métrica... a poesía. Datas: os obradoiros de regueifa duran dous días, cada centro escolle un día da 1.ª quenda e outro da 2.ª 1.ª quenda: 25, 29 e 30 de xaneiro; e 1, 5 e 6 de febreiro (escoller un día) 2.ª quenda: 15, 19, 20, 22, 26 e 27 de febreiro (escoller un día) Horario: ás 9:30 h ou ás 12:00 h O horario que se escolla para a 1.ª quenda deberá ser o mesmo que para a 2.ª quenda. Duración: 1 hora e 30 minutos Dirixido a: alumnado de ESO, Bacharelato e FP Número de participantes: máximo 50 Lugar de realización do obradoiro: no propio centro de ensino Necesidades do profesorado do obradoiro: un micrófono (preferiblemente sen cable), unha pizarra ou veleda Para solicitar a actividade é necesario chamar ao teléfono: 986 81 02 81 os días 22 (martes) e 23 (mércores) de febreiro, de 13:00 a 14:00 h IMPORTANTE:CERTAME DE REGUEIFAS Está previsto un certame o día 1 de marzo, venres, a partir das 10:00 h, no CVC de Valadares (camiño do Pedregal, 6), no que participarán rapaces e rapazas dos centros escolares participantes.

GALAXIA OFERTA TRES OBRAS DE XAVIER ALCALÁ

Puxemos en oferta tres obras de Xavier Alcalá que poden ser do voso interese: INFO: http://www.editorialgalaxia.es/catalogo/libro.php?id_libro=0010950018

MARIO PENSABA QUE O GALEGO NON SERVÍA PARA NADA

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar. - Mario pensaba que o galego non servía para nada A actividade está dividida en tres partes: A) Conto ilustrado O contador relata unha historia, mentres o ilustrador realiza un mural relacionado. Tema da historia: un rapaz, Mario, formado en moitas linguas e con moitas inquetudes pensa que o galego non serve para nada. Ata que, un día a partir da descuberta dun mapa percátase da importancia e beleza da nosa lingua xa que o coñecemento do galego será clave para dar cun tesouro e fundamental á hora de descubrir o amor. B) Rolda de prensa Interacionaremos co alumnado sobre o actividade: facemos preguntas, xeramos dúbidas, contestamos críticas sempre buscando que o alumnado utilice o galego. C) Obradoiro de debuxo: O alumnado realizará unha personaxe do conto guiado polo ilustrador. D) O SNL achegaravos unha unidade de traballo sobre a diversidade lingüística, as linguas en perigo de desaparición e a lusofonía. Duración: 1 hora Dirixido a: alumnado de primaria (1.º e 2.º) Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino. Cada alumno/a debe contar con papel e lapis para realizar a actividade Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 25 de xaneiro. As solicitudes atenderanse por estrita orde de chegada o día 25 de xaneiro a partir das 9:00 h e ata as 14:00 h Solicitude de participación na actividade: Mario pensaba que o galego non servía para nada para primaria (1.º e 2.º) Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a solicitude ao fax 986 22 06 78 o día 25 de xaneiro a partir das 9:00 h e ata as 14:00 Importante: non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (é obrigatorio cubrir todos os campos). DATOS DO CENTRO DE ENSINO: Nome do centro: _________________________________________________________ Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________ Teléfono: ____________________________ Fax: ______________________________ Número máximo de participantes nun grupo: 30 Hai que indicar a preferencia (de 1 a 14) para a participación na actividade: ______ 29 xaneiro (martes), ás 9:30 h ______ 5 febreiro (martes), ás 9:30 h ______ 29 xaneiro (martes), ás 12:30 h ______ 5 febreiro (martes), ás 12:30 h ______ 30 xaneiro (mércores), ás 9:30 h ______ 6 febreiro (mércores), ás 9:30 h ______ 30 xaneiro (mércores), ás 12:30 h ______ 6 febreiro (mércores), ás 12:30 h ______ 31 xaneiro (xoves), ás 9:30 h ______ 31 xaneiro (xoves), ás 12:30 h ______ 1 febreiro (venres), ás 9:30 h ______ 1 febreiro (venres), ás 12:30 h ______ 4 febreiro (luns), ás 9:30 h ______ 4 febreiro (luns), ás 12:30 h Importante: a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por fax- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s. Nome e apelidos da persoa que envía o fax: ___________________________________

CURSO DE AUGA DOCE

O curso da auga é unha oferta para achegar/descubrir á sociedade viguesa, a lingua galega que temos ben preto de nós, os oficios relacionados coa auga, o bosque de ribeira, os muíños, a hidrotoponimia... Ten unha duración de 20 horas e unha visita aos muíños de Zamáns. O curso é gratuíto Impartirase os días: 19 e 26 de febreiro: 5, 12, 19 e 26 de marzo; 2, 9, 16 e 23 de abril Horario: de 16:30 a 18:30 h Lugar: no local da AVCR San Mamede de Zamáns na estrada Zamáns, 251 (de balde) IMPARTIDO POR BEATRIZ VARANDAS Coñeces algunha palabra en galego que aprendiches de teus pais e que non a atopas nos dicionarios, nin nos libros, nin no Luar de Gayoso? Seguro que lembras as tradicións relacionadas coa auga: o traballo das mulleres nos lavadouros; os muíños, a muiñada, a moenda, a maquía; as tandas da auga; os traballos nas traídas para dar servizo ás casas; os nomes dos paxaros e vexetación de Zamáns; os nomes de lugares como As Barxas (‘cheo de auga’), etc. Que significa “lavarse por parroquias” ou “quedar en augas de bacallau”? Seguro que coñeces estas expresións e outras, pero tamén sabes de refráns,cancións, adiviñas... que con agrado compartirías co resto dos asistentes ao curso. Ou non? Se tes entre 12 e 100 anos, anímate e inscríbete no curso! Duración: 20 horas, e unha visita aos muíños de Zamáns Horario: martes de 16:30 a 18:30 horas Días: 19 e 26 de febreiro; 5, 12, 19 e 26 de marzo; 2, 9, 16 e 23 de abril Lugar: no local da Asociación de Veciños de Zamáns (estrada Zamáns, 251) Inscricións: no local da Asociación de Veciños de Zamáns, ou chamando ao 986 46 80 39 (Carmen) ou 986 46 83 77 (Bea) ORGANIZAN: Asociación Veciñal de Zamáns e Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Vigo

domingo, 13 de xaneiro de 2013

BÓVEDA, UN ALEGATO PACIFISTA CONTRA A INXUSTIZA

Unha banda deseñada para achegar a figura e o pensamento de Alexandre Bóveda, membro do Partido Galeguista, fusilado en 1936, tras un Consello de Guerra fondamente inxusto. FISCALIDADE PROGRESIVA Bóveda defendia unha fiscalidade progresiva e unhas caixas de aforro ao servizo das persoas máis desfavorecidas. Por iso o seu pensamento ten unha sorprendente actualidade. NOVELA GRÁFICA A banda deseñada, novela ou biografía gráfica sobre Bóveda, contén debuxos de Carlos Sardiña e texto da licenciada en Xeografía e Historia Pitusa Arias. Queremos elaborar un libro de banda deseñada, de 46 páxinas, formato europeo (tapa dura), de 19 x 27 centímetros Antes do 15 de xaneiro de 2012 OS AUTORES: CARLOS SARDIÑA E PITUSA ARIAS Impulsan o proxecto os autores Carlos Sardiña, Pitusa Arias e Sonradiofusión, a asociación de amizade coa radio local en Galicia. Difundiremos a iniciativa a través de Facebook, twitter e dos medios de comunicación de Vitaminas para o galego PARA MÁIS INFORMACIÓN PINCHA NO ENLACE OU NO TÍTULO DO POST http://www.verkami.com/projects/3643-boveda-un-alegato-pacifista-contra-a-inxustiz

xoves, 10 de xaneiro de 2013

" TODO OK" DE DIEGO AMEIXEIRAS

 Logo de algo máis dun mes nas librerías e aínda cun par de recensións críticas publicadas, Todo OK, a nova novela de Diego Ameixeiras, esgota a súa primeira edición e reedítase, seguindo os pasos do éxito que tivo Asasinato no Consello Nacional (2010). Como é habitual en Ameixeiras, Todo OK é unha novela negra, e está protagonizada polos perdedores do lumpen da droga, conformando unha «historia tráxica de narcos e xentes atrapadas nun destino que non lles ofrece saída», en palabras de Xosé Manuel Eyré. Para este crítico, a novela funciona tamén como metáfora da sociedade actual. Os protagonistas son «pobre xente, que forma parte dos últimos elos do tráfico», puntualiza o crítico Manuel Rodríguez Alonso. Ramón Nicolás subliñou na súa recensión en La Voz de Galicia que desde esta novela «non é difícil albiscar as fendas dun sistema xudicial e policial que en tantas ocasións se serve de procedementos ilícitos; por outro lado goza doutros méritos como é o ritmo narrativo áxil que exhibe e ao que contribúe unha estrutura fragmentaria, a xeito de círculos concéntricos que se expanden tensionando o argumento». Trátase, segundo o propio Diego Ameixeiras declarou nunha entrevista do programa Zig Zag, dunha novela que navega polas novas tendencias da novela negra, esa que se abre a outros espazos de indagación, procurando as causas e motivacións dos crimes e as súas circunstancias. Con Todo OK, Diego Ameixeiras consolida a súa consideración entre os lectores e lectoras galegos e sitúa a súa novela entre as obras que máis van dar que falar neste novo 2013, xusto nun momento en que, ademais desta nova novela, coinciden as reedicións doutras tres da súa autoría: Tres segundos de memoria (2006) 3ª edición, Baixo mínimos (2009) 2ª edición e Asasinato no Consello Nacional (2010) 4ª edición con prólogo de Xosé Manuel Beiras. Sen dúbida ningunha, a narrativa de Diego Ameixeiras está en plena forma e ten ante si un futuro expléndido.

NOVIDADES ED. XERAIS

Co inicio do ano Xerais anuncia a publicación das primeiras novidades de 2013 das coleccións Narrativa, Crónica, Fóra de Xogo e Sopa de Libros.
O 15 de xaneiro chegará ás librarías O gardián invisible, a agardada novela de Dolores Redondo
Meira, escritora vasca de ascendencia galega. Xerais ten o orgullo de participar nun fito literario sen precedentes, xa que neste mes de xaneiro a novela de Redondo será  publicada de forma case simultánea en trece linguas: francés, alemán, inglés, turco, castelán, italiano, catalán, portugués do Brasil, noruegués, holandés, euskera, grego e galego. Están xa vendidos os dereitos cinematográficos a Nadcon Films para unha película que vai ser dirixida por Peter Nadermann. Unha autora que se perfila como a autora europea do ano.
Na semana do 21 de xaneiro chegará ás librarías Costa do Solpor, a primeira novela de Xosé Mª Lema, veterano lexicógrafo e doutor en Historia da Arte. Finalista do Premio Xerais 2011, Costa do Solpor é unha novela clásica de aventuras de mar e de terra, ambientada na Galicia de mediados do século XVIII. A narración comeza cun manuscrito onde un descoñecido escritor británico de finais do século XIX narra as peripecias da viaxe de volta dunha misteriosa goleta inglesa cargada cun fabuloso tesouro. Tras unha cruenta loita cuns piratas nunha illa atlántica, a goleta regresa ao punto de partida, o porto de Bristol, pero unha tormenta obrígaa a buscar refuxio nunha ría da Costa do Solpor. Batallas navais, abordaxes, tétricas escenas de terror e tenras de amor, senlleiros personaxes lendarios e reais conforman a iconografía dunha novela de máis seiscentas páxinas que descubre ao público galego un narrador de estirpe.
Tamén na terceira semana de xaneiro, tras máis dun ano de edición, aparecerá Amada liberdade, as memorias do tradutor, escritor e intelectual Fernando Pérez-Barreiro Nolla epilogadas pola súa compañeira Teresa Barro. Cunha prosa áxil e profunda, o autor desenrola o nobelo da súa vida partindo dos anos da infancia en Ferrol e Viveiro para enlazar coas experiencias en Santiago de Compostela, Madrid, A Coruña e finalmente en Londres, onde desenvolveu a súa vida profesional como redactor e locutor da BBC.  Dende unha postura singular e non exenta de polémica, Pérez-Barreiro ofrece unha interesante reflexión filosófica, cultural e política da situación en Galicia durante a última metade do século XX.  Unha obra chamada abrir un amplo debate no galeguismo.
Na semana do 15 de xaneiro chegarán ás librarías as primeiras novidades da colección Fóra de Xogo as novelas Nubes de evolución de Andrea Maceiras e O Códice do Santo Lugar de Pere Tobaruela.
Xa na derradeira semana de mes publicaranse dous títulos da colección infantil Sopa de Libros: O capitán Aspanitas e o misterio das Burgas de Ramón Caride e Jaime Asensi e Cidades de Fran Alonso.
No eido da edición en e-book, a fins do mes de xaneiro tres novos títulos engadiranse a actual oferta en formato kindle para Amazon: Os fillos do mar de Pedro Feijoo, Asasinato no Consello nacional de Diego Ameixeiras e Ninguén de Fran Alonso.
Tamén ao longo do mes de xaneiro, distribuirase por centros escolares e bibliotecas o calendario Xerais 2013 dedicado a conmemorar o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro.
Neste días Xerais convoca a 30ª edición Premio Xerais de Novela dotado con 15.000 euros e a 28ª edición Premio Merlín de Literatura Infantil dotado con 10.000 euros. Na web de Xerais están xa publicadas as bases dos dous premios.

luns, 7 de xaneiro de 2013

CURSO SOMBRAS CHINESAS

Boletín de inscrición para o
CURSO DE SOMBRAS CHINESAS
organizado pola Concellería de Normalización Lingüística

Curso gratuíto para maiores de 15 anos que terá lugar no Verbum (avda. Samil, 17)
Datas curso: 15, 16, 17 e 18 de xaneiro
Horario curso: de 17:00 a 20:00 h
Debe enviarse cuberto este boletín ao correo electrónico ofi.normalizacion@vigo.org (é suficiente con poñer a información solicitada no corpo do correo)
Prazas: 25 (por orde de inscrición)
Cada persoa debe levar: tesoira, cúter, lapis e goma de borrar. Coas siluetas deseñadas e recortadas por cada unha das persoas participantes vaise crear e escenificar unha pequena historia.

Inscrición os días 9 e 10 de xaneiro (inclusive)
Nome: _________________________________________________________________
Apelidos: _______________________________________________________________
Idade: __________________ (para maiores de 15 anos)
Enderezo:______________________________________________________________
Código postal e localidade: _________________________________________________
Teléfono/s
(importante): __________________________________________________
Correo electrónico: _______________________________________________________
Sinatura

PASENIÑO COA LINGUA

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.

-
Paseniño coa lingua

Consiste nunha xincana na cal as e os participantes teñen que superar unha serie de probas a través da linguaxe corporal co obxectivo de conseguir peza dun quebracabezas, cuxa correcta montaxe presenta un
collage da nosa cidade e palabras en lingua galega, relacionadas con ela e coa nosa cultura.
Duración:
1 hora
Dirixido a:
alumnado de infantil (4 e 5 anos)
Lugar de realización da actividade:
no propio centro de ensino (aula de psicomotricidade, ximnasio ou aula despexada) -de ter alguna dúbida sobre o desenvolvemento da actividade, poden poñerse en contacto con Rocío de Mekané 986 24 54 86, 626 33 99 91-

Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 11 de xaneiro
As solicitudes atenderanse por estrita orde de chegada o día 11 de xaneiro a partir das 9:00 h e ata as 14:00 h
Importante: os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos centros de ensino nos que a actividade non foi impartida o pasado curso escolar.

Solicitude de participación na actividade:
Paseniño coa lingua para infantil (4 e 5 anos)

Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade.
Remitir a solicitude ao fax 986 22 06 78 o día 11 de xaneiro a partir das 9:00 h e ata ás 14:00 h
Importante: non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (obrigatorio cubrir todos os campos).

DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro: _________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a titor/a do grupo que
desenvolve a actividade-
Teléfono de contacto: __________________ Fax de contacto: _____________________
Correo electrónico de contacto: _____________________________________________
Número máximo de participantes nun grupo: 30
Indicar a preferencia (de 1 a 20) para a participación na actividade:
_____ 18 xaneiro (venres), ás 10:00 h _____ 28 xaneiro (luns), ás 10:00 h
_____ 18 xaneiro (venres), ás 12:00 h _____ 28 xaneiro (luns), ás 12:00 h
_____ 21 xaneiro (luns), ás 10:00 h _____ 29 xaneiro (martes), ás 12:00 h
_____ 21 xaneiro (luns), ás 12:00 h _____ 30 xaneiro (mércores), ás 12:00 h
_____ 22 xaneiro (martes), ás 10:00 h _____ 1 febreiro (venres), ás 10:00 h
_____ 22 xaneiro (martes), ás 12:00 h _____ 1 febreiro (venres), ás 12:00 h
_____ 23 xaneiro (mércores), ás 10:00 h _____ 4 febreiro (luns), ás 10:00 h
_____ 23 xaneiro (mércores), ás 12:00 h _____ 4 febreiro (luns), ás 12:00 h
_____ 25 xaneiro (venres), ás 10:00 h _____ 5 febreiro (martes), ás 12:00 h
_____ 25 xaneiro (venres), ás 12:00 h _____ 6 febreiro (mércores), ás 12:00 h
Importante: a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por fax- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, coa indicación do día e a hora adxudicado/s.
Nome e apelidos da persoa que envía o fax: ___________________________________

LUDOTECA LINGÜÍSTICA

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.
- Ludoteca lingüística

A Ludoteca Lingüística é un proxecto de dinamización lingüística que consiste na recuperación de xogos tradicionais, a disposición de xogos novos e diferentes, e xogos lingüísticos que procuran fomentar o uso do galego dun xeito eminentemente lúdico e en relación co currículum de Educación Física e Lingua Galega. Con formato de gran feirón, os rapaces/zas terán que ir superando as distintas probas que se lles propoñan de maneira rotatoria e cooperativa ao mesmo tempo.
Achegaremos, xunto coa actividade, "Bota e rebota e cae na túa boca". É un manual dirixido ao profesorado de Educación Física co obxectivo de incorporaren actividades de dinamización lingüística e do fomento do galego nas súas programacións didácticas. "Bota e rebota..." achega propostas eminentemente prácticas vencelladas cos bloques de contidos das áreas de E.F. e Lingua e Literatura Galegas.

Duración:
1 hora e 30 minutos
Dirixido a:
alumnado de infantil (de 4 a 6 anos)
Lugar de realización da actividade:
no propio centro de ensino (obrigatoriamente nas instalacións deportivas do centro) para calquera dúbida sobre este tema poden consultar con Nerea Couselo 649 702 194)
Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 15 de xaneiro.
As solicitudes atenderanse por estrita orde de chegada o día 15 de xaneiro a partir das 9:00 h e ata as 14:00 h
Importante: os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos centros de ensino nos que a actividade non foi impartida o pasado curso escolar.

Solicitude de participación na actividade:
Ludoteca lingüística
para infantil (de 4 a 6 anos)
Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade.
Débese remitir a solicitude ao fax 986 22 06 78 o día 15 de xaneiro a partir das 9:00 h e ata as 14:00
Importante: non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (é obrigatorio cubrir todos os campos).

DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro: _________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
Teléfono: ____________________________ Fax: ______________________________
Número máximo de participantes nun grupo: 30
Hai que indicar a preferencia (de 1 a 10) para a participación na actividade:
______ 21 xaneiro (luns), ás 10:00 h
______ 21 xaneiro (luns), ás 12:30 h
______ 22 xaneiro (martes), ás 10:00 h
______ 22 xaneiro (martes), ás 12:30 h
______ 23 xaneiro (mércores), ás 10:00 h
______ 23 xaneiro (mércores), ás 12:30 h
______ 24 xaneiro (xoves), ás 10:00 h
______ 24 xaneiro (xoves), ás 12:30 h
______ 25 xaneiro (venres), ás 10:00 h
______ 25 xaneiro (venres), ás 12:30 h
Importante: a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por fax- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.
Nome e apelidos da persoa que envía o fax: ___________________________________

mércores, 19 de decembro de 2012

GUÍA DE LECTURA, COORDINADORA DO RIBEIRO


GUÍA DE LECTURA EN GALEGO ELABORADA POLA COORDINADORA DE ENL DO RIBEIRO
http://dl.dropbox.com/u/22728933/familias.pdf

BON NADAL. CDEDLG DE VIGO E BISBARRA.

GUÍAS DE LECTURA EN GALEGO, COORDINADORA DO MORRAZO


EDUCACIÓN INFANTIL
http://dl.dropbox.com/u/22728933/Gu%C3%ADa%20Ensino%20Infantil%202012-2013.pdf

EDUCACIÓN PRIMARIA
http://dl.dropbox.com/u/22728933/Gu%C3%ADa%20Ensino%20Primario%202012-13.pdf

MATERIAIS ELABORADOS POLA COORDINADORA DO MORRAZO, E SUXESTIÓNS

Esperando que poidan servirvos, poñemos á vosa disposición os materiais que van nos arquivos adxuntos.

Moitos centros desta comarca imos enviarllas ás familias para que poidan coñecer obras en galego que consideramos interesantes publicadas nos últimos doce meses, pois moitas se teñen queixado de que non tiñan información e por iso non podían agasallar nada en galego. Por iso nos xuntamos diversos representantes dos equipos e cada ano elaboramos unhas guías coas novidades ou reedicións dos últimos doce meses, para que non poidan coincidir coas do ano anterior, claro, que nós consideramos despois de velas que poden favorecer ao galego, como explicamos nas mesmas guías. Algunhas levan cd., dvd... porque vimos que esas gustaban moito e tamén vai nelas un apartado para as familias, para os adultos do último que se editou en galego e que nos din que está gustando. Intentamos que haxa variedade nas editoriais, nos temas, algo de música, que non sexan só narracións... aínda que cada ano nós atopamos con máis problemas polo pouco que se edita noutros campos que non sexan narrativa.

Temos a posibilidade de metelo no orzamento do equipo do ano que vén, pedindo unha factura xa sexa pola edición se a facedes fora do centro ou pola tinta, papel... se o facedes no propio centro. Neste último caso, debedes dicirlle a quen vos faga as facturas que poña nalgún lugar algo así como "MATERIAIS PARA A EDICIÓN DAS GUÍAS DE LECTURAS 2012-13". Por aquí témolo feito sen problema ningún. Mellor que as facturas sexan con data de 2013, para poder acompañalas coa memoria do equipo, así como unha copia de cada guía que podes engadir xa co proxecto, cando saian as axudas para os equipos, que se prevén no mes de xaneiro.

Todos os nosos traballos son para compartir con quen consideredes.

Non sei se coñeces a coordinadora galega de equipos. Podédesvos anotar nela como coordinadoras/es do centro e todas as persoas que queiran como colaboradoras  http://www.coordinadoraendl.org/entrada.php  . Van poñendo moitos e moi variados materiais á vosa disposición. Se botades unha ollada seguro que podedes atopar algo de interese.

Tamén envío o calendario do noso centro. Cada curso escolleu unha palabra que lle gustou da lista das máis votadas como palabras fermosas pola nosa comunidade. Eles compuxeron, ás veces individualmente, ás veces en grupo ás imaxes en distintos materiais, usando desde teas de cores, plastilina, madeiras, papeis bonitos como lle chaman os pequenos... Imprimiuse en cartolina dura, para poñer enriba de todas as nosas mesas durante todo o ano e asi non esquecernos do galego. Tamén se lle entregou ao resto dos equipos da comarca cos que colaboramos para os seus centros e compartiuse con moitos vía email.
Que vos sirvan de proveito, moi boas festas e feliz ano novo. Á vosa disposición.

ENLACES:

NOVAS DA CGENDL

Presentamosvos unha nova publicación da Coordinadora Galega de ENDL, A letra miúda, unha revista dixital orientada especialmente para todos/as nós, o profesorado dos centros de ensino non universitario de Galicia, para facilitar a autoformación en aspectos de sociolingüística básica aplicada ao ensino.
A letra miúda non busca ser unha publicación academicista, senón que ten vontade de cubrir as nosas necesidades formativas do profesorado, contribuíndo a capacitalo para a toma de decisións metodolóxicas, pedagóxicas e didácticas de maneira crítica e reflexiva e a axudarlle no deseño de modelos de intervención encamiñados á normalización do galego no ámbito educativo. A través dos seus artigos tratará de achegar información e datos imprescindibles en materia sociolingüística para os/as docentes que traballan nese ámbito e axudarlles no deseño de modelos de intervención encamiñados á normalización do galego no ámbito educativo.
A revista ofrece artigos inéditos de cualificados especialistas nos que se tratan temas moi variados que van desde fundamentos teóricos sobre ensino de linguas ata experiencias educativas desenvolvidas en situación de contacto entre linguas. Achéganse tamén descricións e análises de modelos lingüísticos educativos e información significativa sobre a situación sociolingüística de Galicia e doutros territorios con linguas minorizadas.
Ademais, conta cun apartado de "Recomendacións" que se vai ir enchendo artigos xa publicados que se poden consultar na rede, recensións de publicacións básicas e ligazóns de interese, todo relacionado co ámbito mencionado.
Dende o Consello Directivo da CGENDL agardamos que A letra miúda sexa de utilidade e nos facilite o traballo neste camiño colectivo que andamos entre todos/as. Para facer calquera suxestión, consulta... relacionada coa revista, non dubidedes en poñervos en contacto con nós en aletramiuda@gmail.com.
Saúdos normalizadores
CGENDL

FELICITACIÓN NADAL CONCELLERÍA DE NORMALIZACIÓN, CONCELLO DE VIGO

NADAL EN GALEGO

Actividades, gratuítas, lúdicas e culturais para nenos, nenas e persoas adultas
20 decembro, xoves
18:00 h
Conto viaxeiro na Biblioteca Neira Vilas -a partir de 3 anos-
21 decembro, venres
18:00 h
Conto viaxeiro na Ludoteca do CRAC Coruxo -a partir de 3 anos-
22 decembro, sábado
11:30 h
Conto viaxeiro no MARCO -a partir de 3 anos-
12:00 h
O Quiquiriquí na Biblioteca Central -4 e 5 anos-
12:00 h
Fai un títere na AVV Saiáns (inscrición na AVV)
17:00 h
Contos das nosas fragas na AVV Saiáns -maiores 18 anos-
23 decembro, domingo
12:00 h
O Quiquiriquí no Verbum -4 e 5 anos-
26 decembro, mércores
12:30 h
O Quiquiriquí na Ludoteca de Bembrive -4 e 5 anos-
12:30 h
Contos das nosas fragas no Nadal na Casa da Xuventude -a partir de 4 anos-
18:30 h
Contos das nosas fragas no Nadal na AVV Calvario -a partir de 4 anos-
27 decembro, xoves
11:30 h
Conto viaxeiro na Ludoteca do CVC de Valadares -a partir dos 3 anos-
12:30 h
Contos das nosas fragas no Nadal na Ludoteca de Bembrive -a partir de 4 anos-
18:00 h
Cantos do bardo Abelardo na Biblioteca Neira Vilas -a partir de 3 anos-
18:30 h
Contos das nosas fragas no Nadal na AVV Teis -a partir de 4 anos-
28 decembro, venres
12:30 h
Conto viaxeiro na Casa da Xuventude -a partir de 3 anos-
12:30 h
Contos das nosas fragas no Nadal na Ludoteca de Coia -a partir de 4 anos-
17:00 h
Contos das nosas fragas no Nadal na Ludoteca do CRAC Coruxo -a partir de 4 anos-
18:30 h
Conto viaxeiro na AVV Calvario -a partir de 3 anos-
29 decembro, sábado
12:30 h
Conto viaxeiro na Biblioteca Central -a partir de 3 anos-
30 decembro, domingo
12:00 h
O Quiquiriquí no Centro Comercial Gran Vía -4 e 5 anos- con intérprete de lingua de
signos
2 xaneiro, mércores
12:30 h
Conto viaxeiro na Ludoteca de Coia -a partir de 3 anos-
3 xaneiro, xoves
11:30 h
Fai un títere no CCAR "O Rueiro" Coia (inscrición no CCAR -boletín inscrición-)
11:30 h
Contos das nosas fragas no Nadal no CVC de Valadares -a partir dos 4 anos-
4 xaneiro, venres
10:45 h
Na ponte ao Vivo! no Auditorio Mar de Vigo -a partir de 3 anos- Entrada 1 €
12:00 h
Na ponte ao Vivo! no Auditorio Mar de Vigo -a partir de 3 anos- Entrada 1 €
12:30 h
Conto viaxeiro na Ludoteca de Bembrive -a partir de 3 anos-
16:30 h
Fai un títere no Auditorio Mar de Vigo boletín inscrición Entrada 1 €
17:30 h
Fai un títere no Auditorio Mar de Vigo boletín inscrición Entrada 1 €
18:45 h
Polo correo do vento no Auditorio Mar de Vigo -a partir de 3 anos- con intérprete de
lingua de signos Entrada 1 €
Enderezos:
AVV Calvario / avda. E. Martínez Garrido, 12-interior / 986 27 11 87
AVV Saiáns / rúa Eira Vella, 4 / 986 49 19 18
AVV Teis / rúa Gerardo Campos Ramos, 2 / 986 26 60 45
Biblioteca Central / rúa Joaquín Yáñez, 6 / 986 22 90 74
Biblioteca Neira Vilas /avda. E. Martínez Garrido, 21 / 986 26 77 59
Casa da Xuventude / López Mora, 31 / 986 29 48 06
Centro Comercial Gran Vía / rúa Miradoiro, 2 -2.ª planta
Ludoteca CRAC Coruxo / estrada Camposancos, 226 / 986 49 11 71 986 46 07 36
Ludoteca CCAR "O Rueiro" Coia / rúa Baiona, 9-baixos igrexa Cristo da Victoria / 986 48 68 20
Ludoteca CVC Valadares/ camiño do Pedregal, 6/ 986 46 70 53
Ludoteca de Bembrive / Centro Cultural Helios, alameda do torreiro, s/n / 886 12 59 98
Ludoteca de Coia / pavillón deportes Coia, avda. Castelao, s/n / 986 24 27 37
MARCO / rúa Príncipe, 54 / 986 11 39 00
Verbum / avda. de Samil, 17
Auditorio Mar de Vigo / avda. de Beiramar, 59 / 986 13 79 40
Información das actividades:
Todas as actividades teñen unha duración de 1 hora.
- Contos das nosas fragas
: achegámonos a obras da nosa literatura tales como O bosque
animado
ou Os lobos que nos permitirán ver dun xeito diferente a natureza, e en particular os
nosos últimos bosques propios: fragas, faias, carballeiras, soutos, reboleiras... Sabermos dos
seres que habitan estes espazos naturais, lendas e historias que nos posibilitarán coñecer o
medio natural galego para respectar e participar deste o noso medio.
- Contos das nosas fragas no Nadal:
a través da narración de diferentes contos as cativas e
cativos irán coñecendo a natureza, e en particular, os nosos últimos bosques propios: fragas,
faias, carballeiras, soutos, reboleiras... Saberán algo máis dos seres que habitan estes espazos
naturais, as súas lendas e historias. E como estamos próximos ao Nadal o Apalpador, os lugares
que habita e a súa tradición, compartirá protagonismo nestas narracións.
- Fai un títere
: unha actividade lúdica que ademais de achegarnos ao mundo dos monicreques,
pretende ensinar a elaborar xoguetes e desenvolver a actividade creativa. Con materiais e
elementos sinxelos imos construír un títere de variñas.
- Conto viaxeiro
: mestura a narración dunha historia con ilustracións de personaxes mentres se
está contando a historia. Promover a lectura, a comprensión oral en galego e a creatividade dos
nenos e nenas son algúns dos obxectivos que queremos acadar con esta actividade.
- O Quiriquiquí
: cantigas divertidas con baile, con xogos e efectos audiovisuais.
-
Cantos do bardo Abelardo: aprenden divertidas panxoliñas, co acompañamento musical do
bardo.
-
Polo correo do vento "A longa viaxe de Panchito": conto ilustrado no que tentaremos realizar
unha maridaxe entre a narración, a música e a ilustración. Así, mentres o narrrador conta a
historia acompañado, nalgúns momentos, de música, o ilustrador realiza un mural relacionado
coa historia que se relata. Logo farase unha rolda de prensa: o público preguntará sobre a
historia e o debuxo. Remataremos cun obradoiro de debuxo.
- Na ponte ao Vivo!:
escenificación dun programa de radio en directo. Móntase un escenario que
imita un aparello de radio, dentro do que se realiza un programa radiofónico dirixido por Xurxo
Souto. As cativas e cativos poderán participar e descubrir o mundo da radio de preto, xa que se
poden sentar na mesa de locución e acompañar o condutor do programa. Bailar, cantar e
sentirse profesionais da radio por un intre.

FAI UN TÍTERE, RUEIRO

Boletín de inscrición para o
OBRADOIRO EN FAMILIA: FAI UN TÍTERE
organizado pola Concellería de Normalización Lingüística que terá lugar o
xoves, 3 de xaneiro, ás 11:30 h no CCAR "O Rueiro"-Coia

Poden anotarse os mércores e xoves, de 18:00 h a 20:00 h, na Secretaría do Centro Cultural "O Rueiro", rúa Baiona, 9-baixos igrexa 986 48 68 20
Prazas: 25
[Adulto/a] Nome e apelidos: ________________________________________________
[Neno/a] Nome e apelidos: _________________________________________________
Cada neno/a debe ir acompañado/a por unha persoa adulta e un/ha adulto/a só pode
acompañar a un/ha neno/a
Idade neno/a: __________________ (Idade mínima: 6 anos)
Enderezo:______________________________________________________________
Código postal e localidade: _________________________________________________
Teléfono/s: _____________________________________________________________
Correo electrónico: _______________________________________________________
Sinatura
Normalización Lingüística CCAR "O Rueiro"
Praza do Rei, número 1 Rúa Baiona, 9-baixos igrexa
36212 Vigo 36209 Vigo
Tfn.: 986 81 02 81
Fax: 986 22 06 78

OBRADOIRO EN FAMILIA: FAI UN TÍTERE

Boletín de inscrición para o
OBRADOIRO EN FAMILIA: FAI UN TÍTERE
organizado pola Concellería de Normalización Lingüística que terá lugar o
venres, 4 de xaneiro, ás 16:30 h no Auditorio Mar de Vigo

Prezo entrada: 1 €
Debe achegarse cuberto por algún destes medios:
- por correo electrónico a ofi.normalizacion@vigo.org
(é suficiente con poñer a información
solicitada no corpo do correo)
- por fax, ao número 986 22 06 78
- ou entregar, directamente, no Servizo de Normalización Lingüística (praza do Rei, núm. 1 -1.ª planta)
Só se terán en conta as inscricións (en persoa, por correo ou por fax) que se reciban a partir das 9:00 h do 26 de decembro
A selección farase pola orde de chegada da inscrición
Prazas: 25
Cada persoa só pode entregar un máximo de 3 inscricións
O Servizo de Normalización Lingüística comunicará, individualmente, as persoas que participarán no obradoiro
[Adulto/a] Nome e apelidos: ________________________________________________
[Neno/a] Nome e apelidos: _________________________________________________
Cada neno/a debe ir acompañado/a por unha persoa adulta e un/ha adulto/a só pode
acompañar a un/ha neno/a
Idade neno/a: __________________ (Idade mínima: 6 anos)
Enderezo:______________________________________________________________
Código postal e localidade: _________________________________________________
Teléfono/s: _____________________________________________________________
Correo electrónico: _______________________________________________________
Sinatura
Normalización Lingüística Auditorio Mar de Vigo
Praza do Rei, número 1 Avenida de Beiramar, 59
36212 Vigo 36202 Vigo
Tfn.: 986 81 02 81
Fax: 986 22 06 78

xoves, 6 de decembro de 2012

REVISTA OLLOS DE AULA

Prezados/as amigos/as,
Chega o mes de decembro co Nº 3 de Ollos de aula, a revista que edita a CGENDL para as familias do alumnado. O reforzo educativo, os xoguetes do Nadal ou o Informe do Consello Europeo sobre a política lingüística da Xunta son algúns dos contidos que atoparedes neste  Ollos de aula, unha revista que medra co voso apoio e as vosas propostas, que podedes achegar ao correo ollosdeaula@gmail.com.
Non esquezades que podedes adaptala ao voso centro e ao voso contorno, respectando o deseño orixinal, e que podedes difundila de moitas maneiras, tal e como xa estades facendo:
  • Imprimíndoa e enviándoa a todas as familias.
  • Facendo unha “subscrición” das familias e enviándolla a aquelas que se mostren interesadas, ben por por correo electrónico ben impresa en papel.
  • Imprimíndoa e deixándoa nos espazos do centro nos que se reciben ás nais e aos pais.
  • Imprimíndoa e deixándoa no contorno do centro (salas de espera, bibliotecas públicas, bares...)
  • Enviándoa á ANPA do centro para que a coñeza e distribúa (vía e-mail)
  • Enviándoa ás Federacións de ANPAS dos concellos e ás concellerías de educación.
  • Subíndoa á páxina web do centro en formato dixital.
  • Colgándoa no blogue do Equipo e outros blogues do centro (Orientación, Biblioteca...).
  • Enviándoa e repartíndoa entre os/as vosos/as compañeiros/as do centro escolar e doutros colexios e institutos.
  • (...) E como estades facendo no voso centro?
Tamén podedes descargala en:
Moitas grazas pola boa acollida que lle estades dando a esta VOSA Ollos de aula.
Saúdos normalizadores
CGENDL

UNIDADE DIDÁCTICA: O APALPADOR

Aquí vos deixamos o enlace á unidade didáctica do Apalpador para traballar nas aulas.

http://bit.ly/udapalpador

CONTACONTOS: PEPIÑA MARUXIÑA

Pepiña mentres busca polo xardín alguén que lle axude a voar, vai coñecendo aos diferentes insectos que o habitan. Mistura a música e diferentes elementos como globos, espuma...

A Concellería de Normalización Lingüística organiza este contacontos o venres 14 de decembro, ás 18:30 horas no Centro Comercial Gran Vía (rúa Miradoiro, 2 - 2.a planta)

Para público familiar. Entrada de balde.