Prezados/as amigos/as,
Chega o mes de decembro co Nº 3 de Ollos de aula, a revista que edita a CGENDL para as familias do alumnado. O reforzo educativo, os xoguetes do Nadal ou o Informe do Consello Europeo sobre a política lingüística da Xunta son algúns dos contidos que atoparedes neste Ollos de aula, unha revista que medra co voso apoio e as vosas propostas, que podedes achegar ao correo ollosdeaula@gmail.com.
Non esquezades que podedes adaptala ao voso centro e ao voso contorno, respectando o deseño orixinal, e que podedes difundila de moitas maneiras, tal e como xa estades facendo:
- Imprimíndoa e enviándoa a todas as familias.
- Facendo unha “subscrición” das familias e enviándolla a aquelas que se mostren interesadas, ben por por correo electrónico ben impresa en papel.
- Imprimíndoa e deixándoa nos espazos do centro nos que se reciben ás nais e aos pais.
- Imprimíndoa e deixándoa no contorno do centro (salas de espera, bibliotecas públicas, bares...)
- Enviándoa á ANPA do centro para que a coñeza e distribúa (vía e-mail)
- Enviándoa ás Federacións de ANPAS dos concellos e ás concellerías de educación.
- Subíndoa á páxina web do centro en formato dixital.
- Colgándoa no blogue do Equipo e outros blogues do centro (Orientación, Biblioteca...).
- Enviándoa e repartíndoa entre os/as vosos/as compañeiros/as do centro escolar e doutros colexios e institutos.
- (...) E como estades facendo no voso centro?
- Descarga directa: http://www.coordinadoraendl.org/entrada.php?paxina=ollosdeaula/ollosdeaula.html
- Formatos dixitais para incrustar nas vosas páxinas e blogues: http://www.slideshare.net/CGENDL e http://es.scribd.com/cendl
Moitas grazas pola boa acollida que lle estades dando a esta VOSA Ollos de aula.
Saúdos normalizadores
CGENDL
Saúdos normalizadores
CGENDL
Ningún comentario:
Publicar un comentario