Esperando que poidan servirvos, poñemos á vosa disposición os materiais que van nos arquivos adxuntos.
Moitos centros desta comarca imos enviarllas ás familias para que poidan coñecer obras en galego que consideramos interesantes publicadas nos últimos doce meses, pois moitas se teñen queixado de que non tiñan información e por iso non podían agasallar nada en galego. Por iso nos xuntamos diversos representantes dos equipos e cada ano elaboramos unhas guías coas novidades ou reedicións dos últimos doce meses, para que non poidan coincidir coas do ano anterior, claro, que nós consideramos despois de velas que poden favorecer ao galego, como explicamos nas mesmas guías. Algunhas levan cd., dvd... porque vimos que esas gustaban moito e tamén vai nelas un apartado para as familias, para os adultos do último que se editou en galego e que nos din que está gustando. Intentamos que haxa variedade nas editoriais, nos temas, algo de música, que non sexan só narracións... aínda que cada ano nós atopamos con máis problemas polo pouco que se edita noutros campos que non sexan narrativa.

Temos a posibilidade de metelo no orzamento do equipo do ano que vén, pedindo unha factura xa sexa pola edición se a facedes fora do centro ou pola tinta, papel... se o facedes no propio centro. Neste último caso, debedes dicirlle a quen vos faga as facturas que poña nalgún lugar algo así como "MATERIAIS PARA A EDICIÓN DAS GUÍAS DE LECTURAS 2012-13". Por aquí témolo feito sen problema ningún. Mellor que as facturas sexan con data de 2013, para poder acompañalas coa memoria do equipo, así como unha copia de cada guía que podes engadir xa co proxecto, cando saian as axudas para os equipos, que se prevén no mes de xaneiro.
Todos os nosos traballos son para compartir con quen consideredes.
Non sei se coñeces a coordinadora galega de equipos. Podédesvos anotar nela como coordinadoras/es do centro e todas as persoas que queiran como colaboradoras http://www.coordinadoraendl.org/entrada.php . Van poñendo moitos e moi variados materiais á vosa disposición. Se botades unha ollada seguro que podedes atopar algo de interese.
Tamén envío o calendario do noso centro. Cada curso escolleu unha palabra que lle gustou da lista das máis votadas como palabras fermosas pola nosa comunidade. Eles compuxeron, ás veces individualmente, ás veces en grupo ás imaxes en distintos materiais, usando desde teas de cores, plastilina, madeiras, papeis bonitos como lle chaman os pequenos... Imprimiuse en cartolina dura, para poñer enriba de todas as nosas mesas durante todo o ano e asi non esquecernos do galego. Tamén se lle entregou ao resto dos equipos da comarca cos que colaboramos para os seus centros e compartiuse con moitos vía email.
Que vos sirvan de proveito, moi boas festas e feliz ano novo. Á vosa disposición.
ENLACES:
Ningún comentario:
Publicar un comentario