domingo, 3 de febreiro de 2013
ROSALÍA DE CASTRO NO DINAMIZACDEDLG
A partires de hoxe na pestana do blogue " Dinamizacdedlg" atoparedes cumprida información sobre Rosalía de Castro e a súa obra no 150 aniversario do seu nacemento ( 24 de febreiro). Desde a Coordinadora de Vigo, celebramos tamén que tivera a ben hai 100 anos a publicación da súa obra insignia " Cantares Galegos" na nosa cidade, motivo polo cal, compartillamos co Concello de Vigo eses acontecementos con actos e celebracións que se van realizar na cidade e dos que vos iremos informando, e tamén nos centros de ensino que gosten de participar,con ese fin habilitamos esta páxina dentro do blogue onde atoparedes actividades e suxestións para levar a cabo nas aulas.
Comezamos con actividades proporcionadas por Román Landín e a CGENDL para E. Infantil e Primaria, e aos poucos iremos engadindo para Secundaria, e tamén enlaces e páxinas de interese.
Esperamos que esta páxina vos sexa de utilidade e estamos abertos ás aportacións que nos queirades facer chegar.
Saúdos dinamizadores.
CDEDLG de Vigo e Bisbarra.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario