Arredor do 24 de febreiro, data de
nacemento de Rosalía de Castro, véñense realizando diversos actos en
conmemoración da nosa Poeta fundacional. Queremos subliñar o singular da figura
de Rosalía, único caso onde é unha muller ten o carácter de pioneira e
fundadora, ao carón de grandes figuras da literatura universal como Yeats,
Petőfi, Andrić, Sienkiewicz ou Lönnrot.
En 2013 esta celebración ten especial
transcendencia ao cumprírense 150 anos da publicación de Cantares gallegos,
o primeiro libro monolingüe do renacemento da nosa literatura culta. A fortuna
quixo que esta publicación acontecese entre as rúas da nosa cidade, no que hoxe
é a rúa Real.
A Asociación Cultural O Castro de Vigo
recibiu o convite para participar nos actos organizados pola Asociación de
Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Así mesmo, tamén recibimos a petición
de colaborarmos na difusión destas actividades.
·
Nesta ligazón
podes ver a programación completa para os días 22, 23 e 24 de febreiro.· En Vigo, haberá unha Lectura pública da obra de Rosalía o sábado 23 de febreiro, ás 19.00 horas no Marco (r/ Príncipe, 54)
· Finalmente, o domingo 24, ás 12:00, no Panteón de Galegos Ilustres, terá lugar un acto nacional onde serán lidos poemas de Cantares gallegos, ademais da realización dunha ofrenda floral.
Ningún comentario:
Publicar un comentario