A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.
- Cé orquestra pantasma
Benvidos ao marabilloso mundo do home orquestra das terras do Val do Fragoso, no lugar de Freixo, sitio real e imaxinario ao un tempo... Cé orquestra Pantasma achéganos as máis curiosas historias dos seus veciños e veciñas: a Vella e o Vello que mercan un queixo que pouco lles dura; o Pepiño, quen monta unha granxa cos animais que lle son regalados; o Sr. Galo e Sra. Galiña cos seus pitiños perdidos; a vaquiña Manuela, unha vaca moi pavera; o Xan de Outeiro e o seu can; a Señora Dona Anica no seu xardín musical ou as cousas que lle acontecen á nena Rosalía cada vez que vai ao seu sitio preferido, a beira do mar.
ESTRUTURA DO ESPECTÁCULO
A actuación comeza cunha introdución na que se fai a presentación da persoa que desenvolve a actividade, o seu oficio e os instrumentos que emprega para levar adiante o espectáculo. Logo dase a coñecer de onde ven e a relación dese lugar coas cancións.
Cada canción ten unha pequena introdución a xeito de conto que serve como elemento motivador. O espectáculo é de tipo participativo, procurando a máxima implicación dos nenos/as, con opción a que as súas propostas enriquezan a actuación e tratando de facer que as cantigas se convertan nun xogo para eles. As cancións son acumulativas, de xestos e de imitación, con moita improvisación e bailes sinxelos nos que os nenos darán renda solta a todo o seu corpo.
Duración da actividade:
Tempo de montaxe da actividade: 30 minutos
Tempo de desmontaxe da actividade: 30 minutos
Dirixido a:
Lugar de realización da actividade:
no propio centro de ensino (preferiblemente debería ser cos nenos/as á altura e preto da persoa que desenvolve a actividade, sen escenarios nin diferentes alturas e coa posibilidade de sentarse no chan)
para calquera dúbida sobre este tema poden consultar con César 653 025 708
Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 19 de febreiro.
As solicitudes atenderanse por estrita orde de chegada o día 19 de febreiro a partir das 9:00 h e ata as 14:00
Cé, orquestra Pantasma
para infantil (de 4 a 6 anos) e primaria (1.º e 2.º)
Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade.
Débese remitir a solicitude ao fax 986 22 06 78 o día 19 de febreiro a partir das 9:00 h e ata as 14:00
Importante: non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (é obrigatorio cubrir todos os campos).
DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro: _________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
Teléfono: ____________________________ Fax: ______________________________
Número máximo de participantes nun grupo: 50
Hai que indicar a preferencia (de 1 a 10) para a participación na actividade:
______ 25 febreiro (luns), ás 10:00 h
______ 25 febreiro (luns), ás 12:30 h
______ 26 febreiro (martes), ás 10:00 h
______ 26 febreiro (martes), ás 12:30 h
______ 27 febreiro (mércores), ás 10:00 h
______ 27 febreiro (mércores), ás 12:30 h
______ 28 febreiro (xoves), ás 10:00 h
______ 28 febreiro (xoves), ás 12:30 h
______ 1 marzo (venres), ás 10:00 h
______ 1 marzo (venres), ás 12:30 h
Importante: a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por fax- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.
Nome e apelidos da persoa que envía o fax: ___________________________________
Ningún comentario:
Publicar un comentario