xoves, 17 de xaneiro de 2013
CURSO DE AUGA DOCE
O curso da auga é unha oferta para achegar/descubrir á sociedade viguesa, a lingua galega que temos ben preto de nós, os oficios relacionados coa auga, o bosque de ribeira, os muíños, a hidrotoponimia...
Ten unha duración de 20 horas e unha visita aos muíños de Zamáns. O curso é gratuíto
Impartirase os días: 19 e 26 de febreiro: 5, 12, 19 e 26 de marzo; 2, 9, 16 e 23 de abril
Horario: de 16:30 a 18:30 h
Lugar: no local da AVCR San Mamede de Zamáns na estrada Zamáns, 251
(de balde)
IMPARTIDO POR BEATRIZ VARANDAS
Coñeces algunha palabra en galego que aprendiches de teus pais e que non a atopas nos dicionarios, nin nos libros, nin no Luar de Gayoso?
Seguro que lembras as tradicións relacionadas coa auga: o traballo das mulleres nos lavadouros; os muíños, a muiñada, a moenda, a maquía; as tandas da auga; os traballos nas traídas para dar servizo ás casas; os nomes dos paxaros e vexetación de Zamáns; os nomes de lugares como As Barxas (‘cheo de auga’), etc.
Que significa “lavarse por parroquias” ou “quedar en augas de bacallau”?
Seguro que coñeces estas expresións e outras, pero tamén sabes de refráns,cancións, adiviñas... que con agrado compartirías co resto dos asistentes ao curso.
Ou non?
Se tes entre 12 e 100 anos, anímate e inscríbete no curso!
Duración: 20 horas, e unha visita aos muíños de Zamáns
Horario: martes de 16:30 a 18:30 horas
Días: 19 e 26 de febreiro; 5, 12, 19 e 26 de marzo; 2, 9, 16 e 23 de abril
Lugar: no local da Asociación de Veciños de Zamáns (estrada Zamáns, 251)
Inscricións: no local da Asociación de Veciños de Zamáns, ou chamando ao 986 46 80 39
(Carmen) ou 986 46 83 77 (Bea)
ORGANIZAN:
Asociación Veciñal de Zamáns e Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Vigo
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario