venres, 25 de xaneiro de 2013
XUNTANZA EENNLL DE VIGO, 30 DE XANEIRO
Benquerid@s compañeir@s:
Dende a CDEDLG de Vigo e Bisbarra e a instancias do SNL do Concello de Vigo e o seu concelleiro, convidámosvos a participar dunha xuntanza de coordinador@s de ENLG e profesorado de Lingua Galega, en xeral, que terá lugar o vindeiro MÉRCORES 30 DE XANEIRO, ÁS 18/30 NO IME ( INSTITUTO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN) , RÚA CAMIÑO DO CHOUZO Nº 2.
Desde o SNL propónsenos realizar, conxuntamente coa Concellería de Normalización, nos centros de ensino de Vigo, actividades entorno a Rosalía de Castro, xa que o día 24 de febreiro celébrase nesta cidade " O día de Rosalía", asi mesmo,ínstasenos a realizar " Encontros de Dinamización" co gallo do " Día das Letras Galegas" e 150 aniversario de " Cantares Galegos". É por esta razón que vos pregaría levarades suxestións a esta xuntanza, sabedes que non contamos cun orzamento de noso, polo que se as propostas son interesantes e factibeis, podemos contar cun pequeno orzamento da Concellería para levalas a cabo. Coido que está é unha oportunidade para facérmonos algo en conxunto os centros de Vigo que non debemos desbotar, sen esquencer que a meirande parte das experiencias normalizadoras que levamos a cabo nos centros parten das propostas do SNL do Concello, eu diría que o máis activo de todo o país, e que está é unha situación que pode trocar se non participamos e respondemos positivamente ás propostas que se nos fan, de sobra sabemos que os cartos fan falta para outras cousas, e a defensa e promoción da lingua de noso non está entre as prioridades políticas dos distintos gobernos municipais, que decir xa do goberno da Xunta.
Desde a CDEDLG propoñévosvos realizar no mes de febreiro actividades en torno a figura e obra de Rosalía, iremos colgando no blogue informacións, actividades e as propostas de actividade que gostedes de enviar, así coma traballos que teñades realizado e queirades partillar, asi mesmo convidámosvos a que o día 24 de febreiro ás 12/00 fagamos unha lectura conxunta nas aulas dalgúns poemas rosalianos, podemos cantalos, convertelos á estructura de regueifas, cantigas de amor..., reconvertelos en rap, hip hop, todo aquilo que acerque a obra da escritora aos tempos e gustos do noso alumnado.
No tocante ás outras datas poderase avanzar e concretar na xuntanza do vindeiro mércores.
A continuación preséntovos a Orde do día:
1.- Actividades desenvolvidas polo SNL de Vigo o pasado trimestre.
2.- Proposta de actividades do SNL para o seguinte trimestre.
3.- Criterios para a adxudicación das actividades aos centros.
4.- Suxestións á CDEDLG e aos EEDDLL dos centros de ensino.
5.- Suxestións desde os Equipos. ( Pregamos que sexan moitas ( :-)
Dada a importancia desta xuntanza gostaríanos contar coa vosa presenza e participación. Coma sempre estou á vosa disposición para o que procuredes e eu poida arranxar, se non podedes asistir e tendes algunha suxestión que queirades partillar, facédemo saber a través do correo e eu, encantada, transmiterei as vosas suxestións, inquedanzas e propostas.
Máis nada meus e miñas, unha forte aperta.
Mabel
CDEDLG de Vigo e Bisbarra
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario