A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación e o Servizo de Normalización Lingüística organizan as III Xornadas "Educación e Linguas en Galicia. O imaxinario social sobre o galego". Desenvolveranse os días 25 e 26 de novembro de 2011 no Salón de Actos da Facultade de CC. da Educación (Campus Sur), cos seguintes obxectivos:
- Recoñecer a existencia de prexuízos lingüísticos na sociedade galega e no ensino e nos futuros ensinantes en particular.
- Axudar a reflexionar sobre os prexuízos lingüísticos aos futuros docentes.
- Aprender a identificar, previr e corrixir prexuízos lingüísticos dende unha óptica de igualdade das linguas.
- Coñecer experiencias positivas de traballo contra os prexuízos. lingüísticos tanto de Galicia como doutras comunidades.
Ningún comentario:
Publicar un comentario