martes, 22 de novembro de 2011

RECURSOS DIDÁCTICOS PARA TRABALLAR O NADAL NAS AULAS.

Prezados/as compañeiros/as,

Por segundo ano consecutivo, a CGENDL pon á disposición da comunidade educativa un  monografico para o Nadal . Deste modo, dende a Coordinadora ofrecémosvos a nosa páxina como unha plataforma web colaborativa que recolle recursos e materiais elaborados nos propios centros escolares. Os monográficos de Nadal, Entroido, Letras Galegas, etc. completan o espazo de recursos xeral (  http://ir.gl/8b9eb4  ), de acceso para os membros do colectivo, que na actualidade conta cunhas 200 entradas. No especial de Nadal podedes atopar:

1.- Recursos para traballar nas aulas:  escolma de recursos elaborados por docentes, institucións e asociacións. Inclúe unidades didácticas, actividades en liña, manualidades, vilancicos, contos, modelos de cartas para enviar aos Reis Magos e o Apalpador, o refraneiro, bases de concursos, etc. Agardamos completala coas vosas achegas a   correo@coordinadoraendl.org  .  

Enderezo:  http://www.coordinadoraendl.org/nadal2  0  11/recursos/index.php


2.-  Postais elaboradas polo alumnado:  espazo destinado a recoller as felicitacións feitas polo alumnado que, unha vez dixitalizadas, poden ser enviadas, a través da rede e de modo moi sinxelo, polo propio alumnado e as súas familias para felicitar as festas e o novo ano. O prazo de recepción de postais continuará aberto ata o 19 de decembro. Nos documentos anexos remitimos as instrucións e un modelo de autorización para podermos usar os traballos do alumnado. 

Enderezo:  http://www.coordinadoraendl.org/nadal2011/index11.php

Lembrade que a CGENDL é unha entidade formada por equipos e docentes que traballan de forma voluntarista e de forma construtiva, e que non ten subvencións nin outras vías de financiamento para ofrecer premios. O maior premio é poder compartir a ilusión posta no traballo polo noso alumnado e os seus profesores e profesoras e a satisfacción das familias ao ver os resultados deste labor.

Agardamos que este proxecto vos sexa de utilidade.

Saúdos normalizadores

Pinchando nos enlaces ou no título podedes acceder aos documentos de Cómo enviar as postais, e a Autorización.

http://dl.dropbox.com/u/22728933/como%20participar%20no%20env%C3%ADo%20de%20postais%20de%20nadal.pdf

http://dl.dropbox.com/u/22728933/modelo%20autorizaci%C3%B3n%20postais.doc

Ningún comentario:

Publicar un comentario