Enviámosvos hoxe dous materiais pensados para poñer en valor o traballo dos equipos. Cremos que vos poden ser de utilidade neste momento no que algúns poñen en cuestión o noso traballo e a nosa existencia.
Por un lado a chegámosvos en arquivo anexo o decálogo "Que é un equipo?" , un documento para a reflexión que ofrece algunhas claves sobre a súa natureza e funcionamento e que pode servir como presentación do equipo ante a Comunidade Escolar.
Do mesmo xeito, para festexar o XX aniversario dos equipos , deseñamos un tarxetón para enviar ás familias co obxectivo de agradecerlles o seu apoio ao longo de todo este tempo e agora nun novo curso. Podedes tomalo como modelo e adaptalo á realidade do voso centro ou participar da súa edición conxunta con outros equipos a un prezo de 0'083€ (+ IVE) por unidade. O formulario de pedimento atópase na páxina que recolle os materiais editados para esta conmemoración: http://www.coordinadoraendl.org/vinteanos/pedimentos.php
Saúdos normalizadores
CGENDL
Ningún comentario:
Publicar un comentario