Co gallo da celebración do II Día da Ciencia en Galego o pasado venres 4 de novembro, a Coordinadora Galega de ENDL convidou a todos os centros educativos non universitarios a participar en dúas videoconferencias vía web, na que destacados investigadores galegos da Universidade de Santiago de Compostela achegaron temáticas de interese curricular para o noso alumnado e os proxectos científicos que desenvolven na actualidade. Ademais de seguir a videoconferencia, os centros escolares que participaron tiveron a posibilidade de interaccionar con eles vía chat a través dunha sala virtual de fácil manexo.
Aquí vos deixo toda a información.
Ningún comentario:
Publicar un comentario