sábado, 19 de novembro de 2011

OBRADOIRO DE LITERATURA E CREATIVIDADE EN TORNO Á FIGURA DE ÁLVARO CUNQUEIRO

Estimados/ as compañeiros/ as,

Poñémonos en contactos con vos nesta ocasión para ofertarvos unha nova actividade para o vindeiro sábado 26 de novembro de 2011 que esperamos sexa do voso agrado, o Obradoiro de literatura e creatividade en torno á figura de Álvaro Cunqueiro está especialmente pensado para docentes interesados en traballar coa obra de Cunqueiro nas aulas e actividades.

A través de temas básicos da literatura galega de Álvaro Cunqueiro, proponse este obradoiro enfocado á creación de contacontos que permitirán achegar a figura do escritor mindoniense dun xeito lúdico e creativo. Utilizaranse  metáforas narrativas que se desprenden do acervo cultural europeo e que se plasman no texto máxico realista no seu libro "Un home que se parecía a Orestes".
No obradoiro farase unha análise dramatúrxica e creativa dos textos e concretaranse estas propostas en improvisacións teatrais que permitirán aos asistentes ni futuro transmitir mellor e facer máis comprensible os textos de Cunqueiro a través de propostas creativas e teatrais.

Nos documentos adxuntos, achegamos máis información asi como a folla de inscrición.
http://dl.dropbox.com/u/22728933/Inscrici%C3%83%C2%B3n%20Cunqueiro-1.jpg

http://dl.dropbox.com/u/22728933/Inscrici%C3%83%C2%B3n%20Cunqueiro-2.jpg

Esperamos a vosa participación e que a información dada sexa do voso agrado.

Saúdos,

Verbum - Casa das Palabras
Concellería de Cultura e Festas
Concello de Vigo

Ningún comentario:

Publicar un comentario