sábado, 19 de novembro de 2011

GUÍA: " MADE IN GALIZA" Séchu Sende.


Esta guía quere ofrecer ao profesorado, coa axuda da lectura de Made in Galiza, unha maneira complementaria de explicar parte do programa de sociolingüística de 2.º de Bacharelato. Nos apartados titulados Para pensarmos un pouquiño hai textos sobre outras realidades lingüísticas e o profesorado decidirásobre a conveniencia ou non do seu uso na clase. Evidentemente a guía pode ser utilizada con outros cursos da ESO ou de 1 .º de Bacharelato en caso de que se recomende a lectura do libro ou para facilitar a comprensión dos conceptos de sociolingüística incluídos no programa de cada curso. Xa que logo esta guía, ademais de servir como apoio á lectura de Made in Galiza, pretende ofrecer material didáctico para fomentar o debate sobre as actitudes e os comportamentos ante a lingua galega entre o alumnado. Así mesmo recomendamos a lectura de Made in Galiza en cursos sobre a lingua e cultura galegas porque as situacións exploradas por Séchu Sende son realidades cotiás na nosa sociedade e son ideais para provocar nos asistentes aos cursos unha fonda reflexión sobre a actitude de cadaquén ante a situación da lingua galega. Algo moi necesario para que cada cidadán libremente tome consciencia e decida a súa posición ante a responsabilidade que temos de conservar e transmitir un ben colectivo como é a lingua galega.
PODEDES ACCEDER A ELA TAMÉN EN " FERRAMENTAS".

Ningún comentario:

Publicar un comentario