O concello de Cee abre o prazo do VII Concurso de poesía: "Mulleres do noso tempo 2014". Este concurso de poesía se organiza en colaboración co CIM para incentivar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e propiciar que todas as nenas e nenos de idades comprendidas entre 8 e 17 anos reflexionen sobre a igualdade e podan participar neste concurso.
Poderán concursar todo o alumnado dos centros escolares, segundo as seguintes categorías:
Categoría A: nenas e nenos de idades comprendidas entre 8 e 9 anos (ambos inclusive).
Categoría B: nenas e nenos de idades comprendidas entre 10 e 12 anos (ambos inclusive).
Categoría C: nenas e nenos de idades comprendidas entre 13 e 15 anos (ambos inclusive).
Categoría D: nenas e nenos de idades comprendidas entre 16 e 17 anos ( ambos inclusive).
Establecense catro premios:
- Categoría A : 60 €
- Categoría B: 70€.
- Categoría C: 80€
- Categoría D: 90€
Os premios serán vales para material didáctico e libros a canxear en calquera das librerías do Concello. Para recibir o premio as nenas e nenos estarán acompañados pola nai/pai ou titor legal.
As bases están expostas nos taboleiros do Concello e do CIM, así como podes acceder neste enlace.
Ningún comentario:
Publicar un comentario