V edición do Certame OUFF Escola
- O Concello de Ourense e a Secretaría Xeral de Política Lingüística convocan a quinta edición deste certame de creación audiovisual en lingua galega, dirixido a escolares no marco do XIX Festival de Cine Internacional de Ourense (Ouff). O certame ten como obxectivo impulsar o uso do idioma galego entre a mocidade, coñecer a visión desta sobre a súa contorna sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo nunha linguaxe atractiva para o alumnado que contribúa a xerar un espírito crítico. Pretende, así mesmo, potenciar o uso das TIC nos centros de ensino e crear un espazo de referencia para a mostra do audiovisual feito nas aulas. A el poderá concorrer alumnado matriculado en centros públicos e privados de ensino non universitario de Galicia durante o curso 2013-2014, así como aquel de fóra de Galicia que teña no seu currículo materias de e en lingua galega. As bases establecen dúas categorías: Infantil e primaria e mais Outros niveis de ensino non universitario (agás, neste último caso, as escolas oficiais de imaxe e son). En cada unha delas ditaminaranse tres premios. Os traballos, que deben remitirse ao Concello de Ourense, deberán estar confeccionados en lingua galega e ser orixinais e inéditos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario