A Concellería de NL, a través do Servizo de
Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade
dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.
- Topo que?
Este obradoiro contén unha serie de actividades
coas que se pretende que o alumnado comprenda conceptos como topónimo e
toponimia, que saiban identificar un topónimo e que sexan capaces de
clasificalos segundo o seu significado.
Farase fincapé na importancia que teñen os
topónimos como localizadores e a súa dimensión como patrimonio inmaterial a
conservar.
Duración: 90
minutos
Dirixido a:
alumnado de primaria (5.º e 6.º)
Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino, na propia aula. Traballarase en grupos de
4 ou 5 alumnas/os, polo que se necesitará agrupar as mesas no caso de que sexan
individuais
Necesidades técnicas da actividade: farase uso do encerado. O alumnado deberá dispór de: lapis, gomas,
folios, pinturas, tesoiras e cinta adhesiva
Para calquera dúbida sobre o desenvolvemento
da actividade poden consultar con Marta
Álvarez 608 05 71 87 (c.marta.ap@gmail.com)
Para solicitar a actividade é necesario enviar
cuberta, a solicitude que se achega, o día 7 de maio ao correo electrónico
actividades.snl@vigo.org
As solicitudes, enviadas por correo electrónico,
atenderanse por estrita orde de chegada o día 7 de maio a partir das 09:30 e
até as 14:00
Marta Souto González
Técnica do SNL
mc/
Vigo, 16 de abril de
2014
Solicitude
de participación na actividade:
Topo que? para primaria (5.º e 6.º)
Cubrirase unha
ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese
remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 7 de
maio a partir das 09:30 e até as 14:00
Importante: non se
aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (obrigatorio
cubrir todos os campos).
DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro:
_________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto:
______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea
presente o/a titor/a do grupo que desenvolve a actividade-
Teléfono de contacto: __________________
Número máximo de
participantes nun grupo: 30
Hai que indicar a preferencia (de 1 a 12) para
a participación na actividade.
Non
marquen os días nos que non poidan recibir a actividade, porque de se lle
outorgar e non poder recibila, non se facilitará outra data.
_____ 22 maio
(xoves), ás 9:30 _____
27 maio (martes), ás 9:30
_____ 22 maio
(xoves), ás 12:00 _____
27 maio (martes), ás 12:00
_____ 23 maio
(venres), ás 9:30 _____
28 maio (mércores), ás 9:30
_____ 23 maio
(venres), ás 12:00 _____
28 maio (mércores), ás 12:00
_____ 26 maio (luns),
ás 9:30 _____
29 maio (xoves), ás 9:30
_____ 26 maio (luns),
ás 12:00 _____
29 maio (xoves), ás 12:00
Importante: a
Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a
cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora
adxudicado/s.
Ningún comentario:
Publicar un comentario