A Concellería de NL,
a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta
unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.
- Percussões
É un obradoiro onde
se descobren os puntos en común entre dúas culturas irmás: a brasileira e a
galega. Música, fauna, tradicións, comidas típicas e outras curiosidades… fan
que se esperte de maneira lúdica e interactiva o interese polas diversidades e
a un tempo semellanzas de dous países que comparten a mesma lingua. Tamén imos
facer algunha actividade musical en grupo para gozarmos da esencia dos ritmos
afrobrasileiros.
O obxectivo é mostrar
como os alumnos e alumnas por medio do galego poden aproximarse, relacionarse e
entender perfectamente ese inmenso país que xa é a quinta economía do planeta e
un referente político e cultural a nivel mundial.
Isto vai transformar
a lingua galega nunha vantaxe e provocará un reforzo para o seu estatuto e o
dos seus falantes dentro da aula e co profesorado. O relator usará un formato
de lingua portuguesa próximo, en termos lexicais, ás falas galegas que os
alumnos coñecen pasiva ou activamente. A metodoloxía do obradoiro será
práctica, procurando unha alta implicación das rapazas e rapaces.
Quen os imparte?
Xurxo Troncoso ten
estudos de percusión brasileira así como tamén de instrumentos populares.
Traballou como percusionista no Brasil e como profesor de teatro e música en
Madrid durante 7 anos. Ten un extenso labor de pesquisa en sistemas pedagóxicos
alternativos e experiencias de aplicación destes en centros educativos,
conservatorios, etc. Foi profesor de diferentes obradoiros de Percusión
Brasileira e de música folque para nenos e nenas. Profesor e fundador do
”Laboratorio Infantil“ dedicado a aulas de fomación artística e musical que
desenvolven espectáculos na cidade de Pontevedra. Performances na rúa,
presentacións do “Salón do livro” e máis de 6 espectáculos propios.
Como
músico ten colaborado con Carlinhos Brown, Uxia Senlle, en grupos de percusión
de rúa en Madrid, Holanda, Alemaña, Francia e Galiza.
Duración: 50
minutos
Dirixido a:
alumnado de primaria (cursos: 1.º, 2.º)
Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino (espazo amplo e con boa acústica)
Para solicitar a actividade é necesario enviar
cuberta, a solicitude que se achega, o día 24 de abril ao correo electrónico
actividades.snl@vigo.org
As solicitudes, enviadas por correo electrónico,
atenderanse por estrita orde de chegada o día 24 de abril a partir das 09:30 e
até as 14:00
Importante: os obradoiros concederánselles, en
primeiro lugar, aos centros de ensino nos que a actividade non foi impartida o
pasado curso escolar.
Marta Souto González
Técnica do SNL
mc/
Vigo, 8 de abril de
2014
Solicitude
de participación na actividade:
Percussões para 1.º e 2.º de primaria
Cubrirase unha
ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese
remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 24
de abril a partir das 09:30 e até as 14:00
Importante: non se
aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (obrigatorio
cubrir todos os campos).
DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro:
_________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto:
______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea
presente o/a titor/a do grupo que desenvolve a actividade-
Teléfono de contacto: __________________
Número de participantes do seu centro:
________________________
Número máximo de
participantes nun grupo: 40
Indicar a preferencia (de 1 a 10) para a
participación na actividade.
Non
marquen os días nos que non poidan recibir a actividade, porque de se lle
outorgar e non poder recibila, non se facilitará outra data.
_____ 5 maio (luns),
ás 09:30 _____
8 maio (xoves), ás 09:30
_____ 5 maio (luns),
ás 12:30 _____
8 maio (xoves), ás 12:30
_____ 6 maio
(martes), ás 09:30 _____
12 maio (luns), ás 09:30
_____ 6 maio
(martes), ás 12:30 _____
12 maio (luns), ás 12:30
_____ 7 maio
(mércores), ás 09:30
_____ 7 maio (mércores),
ás 12:30
Importante: a
Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a
cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora
adxudicado/s.
Ningún comentario:
Publicar un comentario