BASES XERAIS
Ámbito
O concurso Gústame o galego realízase nas escolas infantís, escolas e centros de educación infantil e centros de todos os niveis do ensino obrigatorio, de bacharelato e de formación profesional do ámbito territorial do concello de Vigo; así como na Universidade de Vigo nos tres campus de Vigo, Pontevedra e Ourense.
Categorías
O concurso divídese nas seguintes categorías e disciplinas:
Infantil. Concurso de vídeos.
Primaria
• 1º ciclo: carteis
• 2º e 3º ciclo: banda deseñada e conto ilustrado
Educación Secundaria Obrigatoria. Banda deseñada, conto ilustrado e vídeo de rap ou regueifa.
Bacharelato e FP. Banda deseñada, microrrelato e vídeo de rap ou regueifa.
Universidade. Concurso de viñetas.
Normas comúns
En todas as categorías deben respectarse as seguintes normas, ademais daquelas regras especí cas que ditaremos máis adiante para cada categoría e disciplina en particular:
• As creacións deben aterse á finalidade xeral da campaña que é a visibilización do apoio ao fomento da
lingua galega, así como ao ton positivo e propositivo da mesma.
• Non deben incluír contidos que poidan resultar ofensivos para ninguén.
• Incluirán un dos lemas que se indican ao final destas normas, ben no título, ben no propio contido.
• Salvo para a universidade e as escolas infantís e centros de ensino infantil, haberá 2 fases de concurso:
Na 1ª fase cada centro debe elixir de entre todas as propostas creadas nese centro un máximo de 4 que enviarán para a fase final. O método de elección será o establecido polo propio centro.
A 2ª fase resolverase por parte da organización, ben mediante unha votación nas redes sociais, ben por medio dun xurado designado por esta.
• Todas as persoas participantes no concurso deben asinar, elas ou os seus titores legais, a aceptación do uso das súas creacións e, de ser o caso, das súas imaxes nas redes sociais ou en calquera acto promocional da campaña Gústame o galego.
• Calquera proposta recibida, independentemente de se resulta gañadora ou non, pode ser usada e difundida pola campaña Gústame o galego.
Prazos
As propostas seleccionadas por cada centro para competir na fase final deben ser enviadas entre o 17 de marzo e o 28 de abril.
"gustame o galego" realízase no ámbito territorial do concello de Vigo nos centros educativos de todos os niveis do ensino obrigatorio, de bacharelato, de formación profesional e nos centros de educación infantil e escolas infantís, así como na Universidade de Vigo nos campus de Vigo, Pontevedra e Ourense.
Ningún comentario:
Publicar un comentario