martes, 29 de abril de 2014

PREMIO LEIXAPRÉN DE RECOÑECEMENTO Á DEFENSA E PROMOCIÓN DA LINGUA GALEGA

A CGENDL convoca un ano máis o Premio Leixaprén de recoñecemento á defensa e promoción da lingua galega, unha actividade aberta á participación de todos os Equipos de Normalización Lingüística dos centros de ensino adscritos á CGENDL.
Nas bases que podedes consultar na páxina web establécese que os destinatarios do premio serán persoas, entidades ou institucións que se caractericen por unha defensa activa da lingua galega en diferentes ámbitos de actuación. As candidaturas seleccionadas nesta edición son:
  • Fernando Vázquez
  • María Xosé Silvar “Sés”
  • María Mera
  • Esther García del Barrio
Na páxina referida e no documento anexo podedes acceder a un breve currículum das candidaturas.
Como participar?
O prazo de votación remata o 30 de maio e farase a través da páxina web e da persoa que coordine o Equipo do voso centro, que deberá utilizar o enderezo electrónico que deu para adscribirse á CGENDL. Para resolver calquera problema ou facer as vosas consultas podedes dirixirvos a correo@coordinadoraendl.org.
Difusión no centro escolar
Dende a CGENGL animámosvos a participar nesta iniciativa proactiva que procura apoiar publicamente a aposta decidida que polo idioma fan día a día persoas, institucións, colectivos e empresas no seo da sociedade.
Para que teña difusión entre o alumnado, pódese organizar unha actividade para dar a coñecer os/as candidatos/as por medio dun mural, panel ou taboleiro no que se penduren as súas imaxes, a biografía e novas relacionadas con eles, tanto da súa faceta profesional como de apoio á lingua. Tamén se poden proxectar a través dos sitios web dos equipos e centros (páxinas, blogues, redes sociais....), nos que ademais se pode recorrer a vídeos dos protagonistas.
Finalmente, pódese organizar unha votación entre o alumnado e o profesorado a través de urna ou de medios electrónicos premiando a participación con algún agasallo simbólico.
Saúdos normalizadores
CGENDL

www.coordinadoraendl.org

Neste enlace podedes ver a ficha d@s candidat@s para poder votar. Animádevos!

https://dl.dropboxusercontent.com/u/22728933/premio-leixapren-bn.pdf

Ningún comentario:

Publicar un comentario