venres, 11 de abril de 2014

CONCURSO DE VÍDEO-CREACIÓN PARA CENTROS DE ENSINO

Convoca: Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Santiago

Obxectivos: contribuír a que se creen e difundan traballos audiovisuais para impulsar a normalización da lingua.

Destinatarios: centros escolares de toda Galicia.

Características dos vídeos:
-       realizados durante este curso
-       en soporte dixital
-       cunha duración máxima de 10 minutos
-       en calquera formato
-       con calquera xénero, focaxe...
-       cunha temática en torno á promoción do uso da lingua galega

Procedemento para participar:
Presentar unha copia do audiovisual xunto coa ficha de inscrición no Rexistro do Concello de Santiago de Compostela e, paralelamente, envialas por correo electrónico ao Departamento de Lingua Galega (dlg@santiagodecompostela.org).

Prazo: ata o 2 de maio.

Categorías e premios:
- Infantil: 400 euros
- Primaria: 400 euros
- Secundaria obrigatoria: 400 euros
- Secundaria postobrigatoria: 400 euros
- Premio do público: 400 euros

Pode seguirse o día a día da convocatoria no evento creado na páxina de facebook da Concellería de Xuventude do Concello de Santiago www.facebook.com/events/676060832457099/


Departamento de Lingua Galega
Concello de Santiago de Compostela
Tfno.: 981 542 409


 FOLLA DE INSCRICIÓN

DATOS DO CENTRO PARTICIPANTE E DO/A SEU/SÚA REPRESENTANTE
Nome do centro


Enderezo completo (rúa, número, CP, Localidade) do centro

CIF

Enderezo electrónico

Teléfono

Nome do/a representante

Cargo


PROXECTO
Nome do grupo autor do traballo


Categoría na que participa
  □  Infantil                    
  □  Primaria
  □  Secundaria obrigatoria
  □  Secundaria postobrigatoria
Título do audiovisual



Duración

Descrición




Nomes, idades e curso dos participantes






SOLICITO a inscrición no I Concurso de vídeo-creacións para centros escolares e, como representante do equipo participante, DECLARO que coñezo e acepto as bases do concurso e que o traballo presentado conta coas autorizacións pertinentes en materia de protección dos menores e dos dereitos de autor. Asemade autorizo ao Concello de Santiago a utilizar este material cos obxectivos que prevé a convocatoria do concurso e dentro do ámbito da promoción da lingua galega, mantendo pola nosa parte a propiedade do audiovisual e todos os dereitos e deberes que isto implique.
_____________________, ____ de__________ de______





Asdo.: __________________

BASES
O Concello de Santiago convoca o I CONCURSO DE VÍDEO-CREACIÓN PARA CENTROS DE ENSINO co fin de promover o
uso do galego na comunidade educativa e na súa contorna procurando asemade unha maior difusión e valoración dos traballos
audiovisuais escolares que se encamiñan a este mesmo fin.
A convocatoria e a resolución deste concurso de concorrencia competitiva rexerase polas seguintes bases:
1. O obxectivo do concurso é contribuír á creación e difusión de traballos audiovisuais escolares no ámbito da normalización
lingüística.
2. Poderán concursar os traballos realizados no centros de ensino e que conten coa participación de alumnado das etapas
infantil, primaria, secundaria obrigatoria ou secundaria postobrigatoria.
A temática dos audiovisuais xirará en torno á promoción do uso da lingua galega en calquera ámbito e con calquera focaxe,
xénero, etc.
Os traballos estarán en soporte dixital, non poderán exceder de 10 minutos de duración e deberán ser realizados durante o
curso 2013-2014.
3. A participación no concurso formalizarase ao presentar no Rexistro Xeral do Concello unha copia do audiovisual xunto coa
ficha de inscrición segundo o modelo anexo a estas bases. Admitiranse tamén os traballos presentados noutros rexistros ou
enviados por correo postal sempre que se cumpran os requisitos esixidos pola lexislación de procedemento administrativo.
Ademais, de xeito paralelo, deberá enviarse unha copia da mesma ficha de inscrición e, de ser posible, do traballo presentado,
ao seguinte enderezo electrónico do Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago,
dlg@santiagodecompostela.org, co fin de facilitar a incorporación de todos os audiovisuais ao espazo de difusión que se cree
para a valoración do público.
A inscrición será formalizada polo representante legal do centro escolar en nome deste e do equipo que realizara o proxecto.
Non se establece límite ningún no número de traballos que pode presentar cada centro.
4. A propiedade dos traballos permanecerá nos seus autores, que deberán contar coas autorizacións que cumpran en materia
de protección da propiedade intelectual para o material que utilicen así como cos permisos legalmente esixibles para a
gravación e difusión das imaxes que empreguen, especialmente de persoas menores de idade.
A participación no concurso implica a cesión dos dereitos para difundir os traballos presentados no ámbito da normalización da
lingua e da promoción desta actividade por parte do Concello de Santiago.
5. O prazo para a entrega dos traballos remata o 2 de maio de 2014.
6. Establécense as seguintes categorías de participación:
- Infantil
- Primaria
- Secundaria obrigatoria
- Secundaria postobrigatoria
7. Na avaliación dos traballos teranse en conta os seguintes criterios, a xuízo do xurado: orixinalidade, creatividade, calidade
artística, calidade técnica e eficacia comunicativa en relación co obxectivo do traballo.
8. O xurado estará formado por persoas especializadas no ámbito do ensino, da normalización da lingua e do audiovisual.
9. O xurado deberá ditaminar cal é, ao seu xuízo, o mellor traballo en cada unha das catro categorías.
Ademais, habilitarase na rede un espazo no que se publicarán os traballos recibidos co fin de que sexan coñecidos e avaliados
polo público e no cal se estableza un mecanismo para contabilizar fidedignamente as valoracións que reciban durante un
período determinado de tempo.
10. O ditame do xurado será elevado á Xunta de Goberno Local, como órgano competente para resolver o concurso e
adxudicar os premios que se establecen para cada unha das categorías:
- Infantil: 400 euros.
- Primaria: 400 euros.
- Secundaria obrigatoria: 400 euros.
- Secundaria postobrigatoria: 400 euros.
- Premio do público: 400 euros.
10. A dotación destes premios aboarase con cargo á aplicación do orzamento xeral do Concello de Santiago para o exercicio
2014 número 021 33402 48901.
11. A participación neste concurso implica a aceptación destas bases en todo o seu contido


Ningún comentario:

Publicar un comentario