A Concellería de NL, a través do Servizo de
Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade
dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.
- Ríos que
falan
Creación plástica dun río típico galego
empregando materiais como plastilina, pinturas, cartolinas, etc. en combinación
con elementos naturais (follas, terra, area...).
O obxectivo da actividade é dar a coñecer o
léxico que intervén nos ríos galegos, tanto na súa vertente natural como
cultural. Para isto, sobre a maqueta colocaranse os nomes de todos os elementos
integrantes do ecosistema fluvial e as construcións humanas con el
relacionadas.
Antes de finalizar o obradoiro proporase ao
alumnado pescudar o nome ou nomes do curso de auga máis importante do seu
barrio (introducindo deste xeito o concepto de hidrónimo) e algunha lenda ou
historia con el relacionadas. Animamos a que estes traballos se envíen logo ao
SNL para colgar no seu blog.
Duración: 90
minutos
Dirixido a: alumnado
de primaria (3.º e 4.º)
Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino. Necesitarase un espazo amplo (pode ser a
propia aula) e con mesas que permitan o traballo en grupo (pódense agrupar as
mesas individuais). É probable que o chan e as mesas se manchen de terra
Necesidades técnicas da actividade: canón proxector
Material: os
materias empregados habitualmente nas actividades de plástica: lapis, gomas,
folios, pinturas, ceras, rotuladores, plastilina, témperas, tesoiras,
pegamento, cinta adhesiva, papeis de cores (se os houber), etc.
Para calquera dúbida sobre o desenvolvemento
da actividade poden consultar con Marta
Álvarez 608 05 71 87 (c.marta.ap@gmail.com)
Para solicitar a actividade é necesario enviar
cuberta, a solicitude que se achega, o día 5 de maio ao correo electrónico
actividades.snl@vigo.org
As solicitudes, enviadas por correo electrónico,
atenderanse por estrita orde de chegada o día 5 de maio a partir das 09:30 e
até as 14:00
Marta Souto González
Técnica do SNL
mc/
Vigo, 16 de abril de
2014
Solicitude
de participación na actividade:
Ríos que falan para primaria (3.º e 4.º)
Cubrirase unha
ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese
remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 5 de
maio a partir das 09:30 e até as 14:00
Importante: non se
aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (obrigatorio
cubrir todos os campos).
DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro:
_________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto:
______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea
presente o/a titor/a do grupo que desenvolve a actividade-
Teléfono de contacto: __________________
Número máximo de
participantes nun grupo: 30
Hai que indicar a preferencia (de 1 a 12) para
a participación na actividade.
Non
marquen os días nos que non poidan recibir a actividade, porque de se lle
outorgar e non poder recibila, non se facilitará outra data.
_____ 13 maio
(martes), ás 9:30 _____
19 maio (luns), ás 9:30
_____ 13 maio
(martes), ás 12:00 _____
19 maio (luns), ás 12:00
_____ 14 maio
(mércores), ás 9:30 _____
20 maio (martes), ás 9:30
_____ 14 maio
(mércores), ás 12:00 _____
20 maio (martes), ás 12:00
_____ 15 maio
(xoves), ás 9:30 _____
21 maio (mércores), ás 9:30
_____ 15 maio
(xoves), ás 12:00 _____
21 maio (mércores), ás 12:00
Importante: a
Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a
cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.
Ningún comentario:
Publicar un comentario