domingo, 2 de marzo de 2014

AS MAIMIÑAS

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.

- As maimiñas

“Unha viaxe polo mundo” conta a historia de como As Maimiñas decidimos ir unha tarde de paseo. Sen nos decatar, chegamos a distintos países. En cada un deles amósanse cancións e danzas típicas (creadas por nós). Aproveitamos para nos vestir coa roupa ou complementos que caracterizan cada un dos países visitados.
O método de realización da actividade será a música, o xogo e o movemento. Tanto as e os nenos como as persoas maiores participan en todo momento de xeito activo.



Duración: 1 hora

Dirixido a: alumnado de infantil (3 e 4 anos)

Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino

Necesidades técnicas da actividade: tomas de corrente e espazo para bailar co alumnado

Para calquera dúbida sobre o desenvolvemento da actividade poden consultar con  Lucía (Mai) 670 21 62 94 ou Irene (Miña) 657 53 23 41

Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 11 de marzo ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org

As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día 11 de marzo a partir das 09:30 e até as 14:00


Solicitude de participación na actividade:
As maimiñas para infantil (3 e 4 anos)

Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 11 de marzo a partir das 09:30 e até as 14:00

Importante:         non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (obrigatorio cubrir todos os campos).

DATOS DO CENTRO DE ENSINO:

Nome do centro: _________________________________________________________

Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a titor/a do grupo que desenvolve a actividade-

Teléfono de contacto: __________________

Número máximo de participantes nun grupo: 50 (poderíase aumentar o número de participantes se o centro de ensino ten a infraestrutura apropiada, consultar isto con Lucía (Mai) 670 21 62 94 ou Irene (Miña) 657 53 23 41)

Hai que indicar a preferencia (de 1 a 10) para a participación na actividade.

Non marquen os días nos que non poidan recibir a actividade, porque de se lle outorgar e non poder recibila, non se facilitará outra data.


_____ 19 marzo (mércores), ás 09:30                _____ 24 marzo (luns), ás 09:30
_____ 19 marzo (mércores), ás 12:30                _____ 24 marzo (luns), ás 12:30
_____ 20 marzo (xoves), ás 09:30                      _____ 25 marzo (martes), ás 09:30
_____ 20 marzo (xoves), ás 12:30                      _____ 25 marzo (martes), ás 12:30
_____ 21 marzo (venres), ás 09:30
_____ 21 marzo (venres), ás 12:30

Importante:        a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.

Ningún comentario:

Publicar un comentario