INFORMACIÓN DO EVENTO:
Datas: Venres 21 e sábado 22 de marzo.
Lugar de celebración: Palacio de Congresos (Santiago de Compostela)
Horas: 12 horas
FPROFE: https://www.edu.xunta.es/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=54578
Obxectivos
1.Impulsar e apoiar o compromiso do profesorado coa modernización educativa a través da aplicación das tecnoloxías da información e da comunicación aos procesos de ensino-aprendizaxe.
2.Promover o intercambio de experiencias de boas prácticas con tecnoloxías da información e da comunicación.
3.Reflexionar sobre as propostas metodolóxicas que contribuirán a unha mellor integración das tecnoloxías da información e da comunicación nos centros educativos.
Contidos
1.Experiencias educativas e recursos que facilitan unha práctica educativa innovadora coa utilización das tecnoloxías da información e da comunicación.
2.Propostas metodolóxicas para a integración das tecnoloxías da información e da comunicación nos centros educativos.
3.A competencia dixital do profesorado como factor clave para a mellora educativa.
IMPORTANTE: O prazo de inscrición en www.edu.xunta.es/fprofe finalizará o domingo 9 de marzo.
Máis información proximamente en http://www.edu.xunta.es/web/node/11732
Ningún comentario:
Publicar un comentario