A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.
- Obradoiro ciencias:
Os nosos bosques
A través dos froitos de outono, toros, follas, liques, aromáticas ou bugallos aprenderán a distinguir e coñecer as árbores propias e alóctonas galegas. O obxectivo é comprender os bosques que crean no territorio galego. A toponimia, a antroponimia e a sinonimia terán un espazo salientable no obradoiro.
Duración:
1 hora
Dirixido a:
alumnado de 1.º de ESO
Lugar de realización da actividade:
no propio centro de ensino
Para solicitar a actividade é necesario enviar (por fax) cuberta, a
solicitude que se achega, o día 13 de novembro.
As solicitudes atenderanse por estrita orde de chegada o día 13 de
novembro a partir das 9:00 h (a.m.) e até as 14:00 h
Solicitude de participación na actividade:
Obradoiro Os nosos bosques
para 1.º ESO
Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade.
Débese remitir a solicitude ao fax 986 22 06 78 o día 13 de novembro a partir das 9:00 h (a.m.) e até as 14:00 h
Importante: non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (é obrigatorio cubrir todos os campos).
DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro: _________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
Teléfono: ____________________________ Fax: ______________________________
Número máximo de participantes nun grupo: 30
Hai que indicar a preferencia (de 1 a 6) para a participación na actividade:
______ 21 novembro (mércores), ás 9:30 h
______ 21 novembro (mércores), ás 12:00 h
______ 22 novembro (xoves), ás 9:30 h
______ 22 novembro (xoves), ás 12:00 h
______ 23 novembro (venres), ás 9:30 h
______ 23 novembro (venres), ás 12:00 h
Importante: a Concellería de Normalización Lingüística confirmará
-por fax- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con
indicación do día e a hora adxudicado/s.
Nome e apelidos da persoa que envía o fax: ___________________________________
Ningún comentario:
Publicar un comentario