sábado, 27 de outubro de 2012

OBRADOIRO DE REGUEIFA PARA PRIMARIA

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.
- Obradoiro de regueifa para primaria

Achegamento á improvisación oral, ao ritmo, rima, aos xogos de palabras... a través da regueifa da man de Luís O Caruncho e Pinto de Herbón.
Duración:
1 hora e 30 minutos
Dirixido a:
alumnado de 5.º e 6.º de primaria
Lugar de realización da actividade:
no propio centro de ensino
Necesidades do profesorado do obradoiro:
un micrófono (preferiblemente sen cable), unha pizarra ou veleda.
Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 5 de novembro.
As solicitudes atenderanse por estrita orde de chegada o día 5 de novembro a partir das 9:00 h (a.m.) e até as 14:00 h
Importante: os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos centros de ensino nos que a actividade non foi impartida o pasado curso escolar.

Solicitude de participación na actividade:
Obradoiro de regueifa
para 5.º e 6.º de primaria
Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade.
Débese remitir a solicitude ao fax 986 22 06 78 o día 5 de novembro a partir das 9:00 h (a.m.) e até as 14:00 h
Importante: non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (é obrigatorio cubrir todos os campos).

DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro: _________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
Teléfono: ____________________________ Fax: ______________________________
Número máximo de participantes nun grupo: 50
Hai que indicar a preferencia (de 1 a 20) para a participación na actividade:
______ 13 novembro (martes), ás 9:30 h ______ 4 decembro (martes), ás 9:30 h
______ 13 novembro (martes), ás 12:00 h ______ 4 decembro (martes), ás 12:00 h
______ 14 novembro (mércores), ás 9:30 h ______ 5 decembro (mércores), ás 9:30 h
______ 14 novembro (mércores), ás 12:00 h ______ 5 decembro (mércores), ás 12:00
______ 16 novembro (venres), ás 9:30 h ______ 11 decembro (martes), ás 9:30 h
______ 16 novembro (venres), ás 12:00 h ______ 11 decembro (martes), ás 12:00 h
______ 27 novembro (martes), ás 9:30 h ______ 12 decembro (mércores), ás 9:30
______ 27 novembro (martes), ás 12:00 h ______ 12 decembro(mércores), ás 12:00
______ 28 novembro (mércores), ás 9:30 h
______ 28 novembro (mércores), ás 12:00 h
______ 30 novembro (venres), ás 9:30 h
______ 30 novembro (venres), ás 12:00 h
Importante: a Concellería de Normalización Lingüística confirmará
-por fax- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con
indicación do día e a hora adxudicado/s.
Nome e apelidos da persoa que envía o fax: ___________________________________

Ningún comentario:

Publicar un comentario