sábado, 6 de outubro de 2012

ACTIVIDADE " POLO CORREO DO VENTO"

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.

- Polo correo do vento
É un proxecto didáctico no que a palabra e a imaxe constitúen as ferramentas esenciais para activar a creatividade e imaxinación dos máis novos.
Desenvólvese un conto de xeito oral e no tempo do relato debúxase un mural
correspondente a unha escena clave da narración. Posteriormente, unha rolda de prensa participativa incrementará e completará os misterios e as curiosidades do conto e da ilustración. Nunha segunda parte, nun obradoiro, debúxase, paso a paso, un personaxe principal da historia, todos xuntos, guiados polo ilustrador. Por último, remátase cun xogo didáctico característico das páxinas finais dos álbumes da colección "Polo correo do vento".

Duración: 60 minutos

Dirixido a: alumnado de infantil (4 e 5 anos)

Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino

Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 15 de outubro.
As solicitudes atenderanse por estrita orde de chegada o 15 de
outubro a partir das 9:00 h (a.m.)
Importante: non poderán concorrer a esta actividade os centros de ensino que xa participaron nela.


Solicitude de participación na actividade:
Polo correo do vento para infantil (4 e 5 anos)
Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade.
Débese remitir a solicitude ao fax 986 22 06 78 o día 15 de outubro a partir das 9:00 h (a.m.)
Importante: non se aceptarán as solicitudes que non estean
correctamente cubertas (é obrigatorio cubrir todos os
campos).

 DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro: _________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
Teléfono: ___________________________ Fax: _______________________________
Número máximo de participantes nun grupo: 25
Hai que indicar a preferencia (de 1 a 12) para a participación na actividade:
______ 22 outubro (luns), ás 9:30 h
______ 22 outubro (luns), ás 12:30 h
______ 23 outubro (martes), ás 9:30 h
______ 23 outubro (martes), ás 12:30 h
______ 24 outubro (mércores), ás 9:30 h
______ 24 outubro (mércores), ás 12:30 h
______ 25 outubro (xoves), ás 9:30 h
______ 25 outubro (xoves), ás 12:30 h
______ 26 outubro (venres), ás 9:30 h
______ 26 outubro (venres), ás 12:30 h
______ 29 outubro (luns), ás 9:30 h
______ 29 outubro (luns), ás 12:30 h
Importante: a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por fax- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con
indicación do día e a hora adxudicado/s.
Nome e apelidos da persoa que envía o fax: ________________

Ningún comentario:

Publicar un comentario